XÚA

XÚA! nace da experiencia previa dos seus compoñentes como arreglistas, músicos de sesión e banda de acompañamento doutros artistas ( Fía na roca, Pomba Suanzes, Anubía, etc?); e do desexo de traballar nun proxecto musical propio. O espírito deste proxecto musical reivindica a calidade artesá do oficio de músico e a dignidade do mesmo.
Deixovos a ligazon ao seu myspace, onde podedes coñescer mellor todo o referenta a eles.
Lauriña, eso e barrer para a casa, pero a nosa corresponsal en Santiago temoslle que dar todo por ben feito.
Tags: Musica galega folk
Chúzao |
del.icio.us







![Validate my RSS feed [Valid RSS]](http://revirate.nireblog.com/blogs/revirate/files/valid-rss.png)














Xúa son un quinteto novo de moita experiencia. Novo porque debutan discográficamente como grupo, pero individualmente os seus compoñentes teñen participado en diferentes experiencias musicais que van desde tocar con grupos de longa historia como Brath ou Fía na Roca hasta actuar con agrupacións máis novas como Anubía ou Driade. Estas moitas horas de escenario nótanse nunha banda que, aínda que basa a súa filosofía sonora na tradición do folk galego, non renuncia a incorporación de ritmos procedentes doutras disciplinas artísticas que cheiran a jazz ou a funk. Tampouco renuncia o combo a aproveitar sons doutras culturas, como é o caso dos ritmos eslavos que se poden escoitar e que, supoñemos, proceden de Vazdim Yukhnevich, que se encarga do acordeón de botóns....
Callobre, Tes razón meu, mais é unha que non cura nin pretende...bicos!!