Odisea emigrante

O escritor e libreiro Manuel Lousa Rocha presenta mañá no Club Internacional de Prensa de Santiago o libro Relato dun emigrante. De Santiago a Montevideo, no que autor fala da súa infancia, das súas carencias e da súa felicidade, así como do desarraigamento e o sufrimento que experimentan os emigrantes.
Lousa Rocha comenta ao detalle os momentos previos á partida, a travesía no buque Juan Garay, os seus primeiros anos de adaptación e o seu primeiro emprego. Tamén se interna na vida dos centros galegos na capital uruguaia, e fala de personaxes, de emigrantes galegos relevantes e influíntes na sociedade uruguaia.
Ademais de Relato dun emigrante. De Santiago a Montevideo, o libreiro presentará outros dous volumes: un coa historia de Jesús Canabal Fuentes, fillo predilecto do Pino e O vendedor de libros, no que relata a súa propia historia como emigrante en Montevideo. No acto será presentado polo xornalista Manuel Suárez, e por Patricia Ferrol, filla do histórico fotógrafo galego Manuel Ferrol.
Nacido en Santiago en 1940, Manuel Lousa emigrou a Montevideo aos 13 anos. Alí fíxose libreiro, editor, fundador e integrante de Lousa Libros. Foi socio fundador do Padroado da Cultura Galega, e é ex- integrante do consello directivo do Centro Galego de Montevideo.
Foi tamén integrante do consello directivo da Asociación de Empresarios Galegos de Uruguai, e cofundador do grupo de folk galego Montegal. Actualmente, forma parte da Banda de Gaitas Irmandade, do Centro Val Miñor de Montevideo.
Tags: Emigración Uruguai
Chúzao |
del.icio.us

![Validate my RSS feed [Valid RSS]](http://revirate.nireblog.com/blogs/revirate/files/valid-rss.png)

Espero que axiña a Xunta abra a delegación na capital uruguaia para promocionar a nosa cultura naquel fermoso país que está cheo de galegos.
Si, a Xunta deberá abrir esta delegación...Pero xa se verá con que persoa a fronte...Xa veremos o perfil...Polo de agora desexar que a designación sexa dunha persoa coñecedora de ambalas duas culturas e sexa tamén un referente para ambos Paises...Por riba de que teña etiqueta partidaria...Estamos a falar do Uruguai, non de calquer pais de acollida...Cando falamos de Uruguai, sexamos conscentes de que estamos a falar do País máis galego, fora do chan Patrio...
Coido que unha representativa e nutrida delegación da Mariña luguesa que andivo pola banda oriental nestes dias, retornou a Galiza con esa visualización...
Así se sentiron todos...E comprobaron a fermosa sementeira dos nosos ancestros...E como hoxe seguimos a gardar e difundir o noso SER...
Sinceiramnte quixera que nesa designación tiveran un acerto...E nos aforrasen constructivas críticas posteriores...Que a fogueira de San Xoan os ilumine!!

Pois acho que eu xa sei o nome, e quen está na Xunta tamén, quizais haxa que facer unha campaña para que sexa o mesmo candidato. Deica ao lonxe!!