O Tren que me leva

O AVE non reposta os problemas de mobilidade e transporte de Galiza en xeral, e da área da Coruña en concreto. Os problemas de mobilidade, os atascos e a saturación, que teñen os traballadores, os xóvenes, etc., veñen da non existencia dunha alternativa real ao coche particular. O transporte nos buses é un reino de taifas, as concesións fánse baixo os criterios de máis lucro empresarial, onde os horarios e as rutas non se fan tendo en conta as necesidades reais para que os traballadores cheguen a seus traballos, os xóvenes a universidade, etc. A Coruña, como as cidades de Galicia, funcionan como grandes áreas metropolitanas, onde a mobilidade entre elas é diaria e constante; e isto non se soluciona con máis AVEs, que só serven para chegar máis rapido a capital do reino.
O goberno central, para non pór un tren de proximidade, escudase na suposta baixa rendabilidade da liña Coruña-Ferrol. E iso é unha mentira máis. Se ista liña non é rentable debese a que a fan non rentable, cuns horarios non axustados as necesidades da sociedade, cunhas frecuencias insultantes, e prezos surrealistas. Unha liña que atravesa máis da metade dos barrios e pobos con máis poboación de área –uns 90 mil habitantes-, e din que non é rentable. Mais, para RENFE si o é.
Foi a Xunta de Fraga a que comenzou a pagar pola súa infrautilización, como unha maneira demagóxica de mantela. E para elo paga uns billetes, vaian ou non os pasaxeiros. Se queren que sexa rentable a Xunta ten que deixar de pagar a subvención, xa mesmo, e que Fomento e RENFE poñan unhas frecuencias horarias axeitadas, que acorden un billete único e combinado co resto dos medios de transporte. So teñen que pór os combois, as vías xa estan.
Pero a Xunta, a de Fraga e de agora, ten a súa cota de responsabilidade; o artigo 27 do Estatuto recoñece a competencia exclusiva da Xunta para os camiños de ferro que teñan todo o seu percorrido pola comunidade. E a liña Ferrol-Coruña-Vigo é unha delas. Que a Xunta aplique o Estatuto e constitúa unha compañía pública galega de Camiños de Ferro, establecendo un servizo axeitado as necesidades de poboación traballadora, e non dos constructores e executivos, como é o AVE.
A vertebracion das áreas metropolitanas como a da Coruña esixe a superacion dos reinos de taifas que son os municipalismos e as concesións a empresas privadas, que, por definición, só estan a procura do lucro privado. Ista vertebración pasa pola concepción dunha área urbana común, con organismos comúns como consorcios de transportes, etc., que planifiquen o desenvolvemento das infraestructuras –que non son máis estradas, é transporte colectivo- e os servizos.
A música pona Andres do Barro
Tags: Pais Ave
Chúzao |
del.icio.us

![Validate my RSS feed [Valid RSS]](http://revirate.nireblog.com/blogs/revirate/files/valid-rss.png)

A NOSA TERRA 07/07/2008
ECOLOXISTAS E SINDICATOS
Un milleiro de persoas na rúa a prol do tren rexional
M. V . Máis de mil de cidadáns se manifestaron á noitiña polo centro de Compostela en defensa do tren rexional. 'O tren é noso e non dos poderosos!' foi un dos berros máis coreados da manifestación na que tiveron especial protagonismo os veciños de Portas, preto de Vilagarcía. ,
Cabeceira da manifestación 'Salvemos o tren'. Manuel Vilas A construción da liña do AVE vai deixar sen conexión aos veciños deste lugar, segundo anunciou Renfe, antes do outono. Dende Portas acudiron a Santiago varios autobuses de veciños que se uniron á convocatoria da Plataforma "Salvemos ao tren".
Na manifestación berráronse consignas contra o AVE. Varias persoas portaban maletas, para mostrar que "coa chegada do tren de alta velocidade será máis doado emigrar". Os manifestantes reclaman un maior investimento nas liñas de proximidade en detrimento das grandes inversións do AVE.
Logo de continuas reivindicacións, con pagamento de billetes en céntimo nas principais estación de todo o país, a plataforma “Salvemos o tren” decidiuse a organizar a protesta de hoxe, na que se viron carteis do Sindicatos de Estudantes, Amigos da Terra e CNT, entre outros.
Os alicerces do movemento xurdiron pola posíbel erradicación dos rexionais que o Ministerio de Fomento tería previsto para cando comece a circular en Galiza o AVE. Asociacións ecoloxistas, sindicatos e usuarios e defensores do tren rexional consideran que a mellora da rede ferroviaria galega e o servizo de proximidade no país contribuirían á calidade de vida e a reducir os problemas de accidentes nas estradas e de contaminación.
07.05.2008 | 20:49