Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Non pares de agardar por nos....

1210274918_tmp_08-05-06_cadro_homenaxe_marga_055.jpgQuerida Marga Bellas

Velaí que hoxe compartimos unha ocasión de ser felices. Neste fulgor animoso da tarde por maio. Tecendo sentimentos. Recoñecendo. Neste espacio de andar primoroso que é Galiza. No pobo do galego. En respiro comunal. Nesa esperanza. Contigo.

¡ Velaí que hoxe compartimos unha ocasión de ser felices!

Afortecendo desexos para que se abran máis camiños. Con voz
enteira. A nosa voz. Afirmando fidelidade. Con acentos de intensidade compartida. A punto de caramelo. Sen tempos mortos. No significado do colectivo. Motivando convivencia. En canto de tripulación. De intuición en intuición. Neste día que celebrar. Contigo.
E así permíteme Marga agora ....... que me pare para pensar nesta pausa. Nesta pausa que nos escribe o posible dun desexo. Un desexo ao que se sobe sempre. Coa memoria. Coa que ten forzas para levarnos a calquera lugar que precisemos. Nesta pausa. Para o recordo.

¿ Velos contigo Marga ?

Velos aí.... a Nani, a Cris, a Miño....... Mira ben ......

Velos aí tamén entre nós...... a Mabel. a Graciela, a Laura, a Gustavo, a Juanjo, a Antón............. ¿ Velos?
E mira ti ben ..... ¿ E acaso non ves tamén entre todos nós a Castelao, a Benedetti ..... a Manuel María ? Pois estanche........
E tamén outros. Presentes. Marga. Non disculparon a asistencia. Están aquí. E coma sempre........ Pois así de aí..... entenderás esta pausa. A do posible. Ese desexo. Contigo. E tamén connosco. Marga.

¡ Velaí que hoxe compartimos unha ocasión de ser felices!

E facémolo Marga no magnetismo das nosas emocións que se propagan por todos os nosos corazóns. Nese albo de marabilla. Recoñecéndote. E nomeándote. Pois mal se ten conta da cabeza cando se perde o corazón e o cinismo poderíanos servir para nos protexer dos compromisos.

Pero...... ese non che é o noso caso. Xa que en nós - repito- priman os mandados dos nosos corazóns. As emocións que nos obrigan a sentimentos de ben. De aprezo. De respecto.

E segue...... Segue a escoitar as voces dos teus amigos. Segue tan mestre coma sempre. A dar lección continuada. Non pares de lle botar pulsos ao que non debe ser. Non deixes de valorar o aroma do vaso que se enche. Ese proxecto de contino. Sempre ao nacente.

E non pares de agardar por nós ...... pero andando (como dicía Alexandre Bóveda). . Por iso segue a militar na esperanza. E faino na madureza que deveñen os teu corenta e nove maios consolidados. Pois un ben de auga xa pasou polo río. Que un dos da " ferrocachina" pintou en ouros. E matou ao tres. E esa fuches ti. Por iso nós recoñecemos canto hai de marabilloso na túa existencia.

E gostamos plenamente de ti ....Marga Bellas. Pois asumiches fondamente a túa cidadanía no mundo. E así exerces con feitos e con plenitude a percepción pública deste mundo. Nunca fuches indiferente.

¡ Velaí que hoxe compartimos unha ocasión de ser felices!

Velaí pois Marga a nosa estima, a dos teus amigos, que velai tamén che vai :

con M...... DE MATERNIDADE
con A...... DE AMOR.....
con R...... DE REPOUSO......
con G..... DE GALIZA ....
con A..... DE AMISTADE

Por sempre te recoñecemos.......

Tags:
Chúzao | del.icio.us

Un Comentario »

  1. Xoana a Beltranexa — 08-05-2008 - 23:20:43 GMT 2

    Sen palabras

TrackBack URI

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>