Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Homaxe postumo de Asmirefe a Marga Bellas

A Asociación Migratoria de Residentes en Ferrolterra (Asmirefe) rendirá o próximo martes un homaxe póstumo a Margarita Bellas, fundadora da entidade finada fai un ano.rolda-de-prensa-asmirefe.jpg

A agrupación, presidida por Mabel Charquero, programou un acto na galería Sargadelos o martes dia 6 as ocho da tarde na que participarán diversas persoas relacionadas coa homenaxeada.

Fonte : Diario de Ferrol

Fonte: CIG

Fonte: Canal 31 Ferrol

Fonte : A voz de Galicia

Fonte : Chuza

Fonte : Con Razon y Corazon

Fonte : CAP-L Cerrolargo

Tags:
Chúzao | del.icio.us

Comentarios(14) »

  1. mabel — 04-05-2008 - 20:11:46 GMT 2

    es lo minimo que podemos hacer por una persona que dio tanto a los demas sin pedir nada a cambio. Ahora y siempre la necesitaremos, ahora es cuando mas la valoramos y cuando mas la queremos. Ella nos da fuerza para seguir adelante con la asociacion, pero necesitamos mas gente que se arrime a nosotros, desde aqui convoco a todo el que quiera acompañarnos en este proyecto, hay mucha gente valiosa que tiene tambien mucho cariño y conocimientos para dar.... ¿Isabel? ¿te animás?

  2. Una más del montón — 04-05-2008 - 23:41:06 GMT 2

    A Marga
    Canción con todos (as)

    Salgo a caminar por la cintura cósmica del sur,
    piso en la región, mas vegetal del viento y de la luz;
    siento al caminar toda la piel de América en mi piel
    y anda en mi sangre un río que libera en mi voz su caudal.

    Sol de Alto Perú, rostro, Bolivia, estaño y soledad,
    un verde Brasil, besa mi Chile, cobre y mineral;
    subo desde el sur hacia la entraña América y total,
    pura raíz de un grito destinado a crecer y a estallar.

    Todas las voces todas, todas las manos todas,
    toda la sangre puede ser canción en el viento;
    canta conmigo canta, hermano americano,
    libera tu esperanza con un grito en la voz.

    (Isella y Tejada Gómez)

  3. Laura — 05-05-2008 - 00:45:49 GMT 2

    Son unha, unha máis do montón das mulleres e homes que compartimos a vivéncia de Marga nas nosas vidas.
    Son unha, unha do montón, e singularmente un grao de area no Mar de Covas, das ondas salgadas deste noso Atlántico.
    Son unha, unha do montón, que sempre terei esa referéncia co sorriso agarimoso da Compañeira, Amiga, Sindicalista, Feminista, loitadora dese outro mundo que si é posíbel.
    Sínto-me, en fin,
    do montón humilde e necesário desta interminábel revolución, e deixei esa Canción que cando a escoito e canto, e mesmo berro teño-te, ati e por sempre Marga, nas miñas pálpebras en doce compañia.

  4. Xoana a Beltranexa — 05-05-2008 - 00:48:31 GMT 2

    EN CANAL 31 TELEVISIÓN de FERROL:
    La Asociación Migratoria de Ferrol rinde Homenaje a una de sus miembros y fallecida tras una enfermedad
    La Asociación Migratoria de Ferrol rinde Homenaje a una de sus miembros y fallecida tras una enfermedad Desde esta asociación piden al concello que le dediquen una fuente por la labor que realizó por los más desfavorecidos
    La Asociación Migratoria Residentes en Ferrolterra ASMIREFE, rinde homenaje a Marga Bellas, una de sus miembros más destacadas y que ha fallecido tras sufrir un infarto.

    Esta Asociación se dedica desde hace más de 8 años a ayudar a los emigrantes residentes en la ciudad, principalmente de nacionalidad sudamericana, tanto con los problemas de papeles como con las diferencias culturales.

    Ahora desde ASMIREFE solicitan al concello de Ferrol, que dedique una fuente a Marga Bellas por su labor de ayuda a los inmigrantes.

  5. Laura Bugallo — 05-05-2008 - 10:47:00 GMT 2

    HOMENAXE Á COMPAÑEIRA SINDICALISTA MARGA BELLAS

    Mañá, 6 de maio, ás 20.00 horas, na Sala Sargadelos de Ferrol fará-se a Homenaxe á Compañeira da CIG, Marga Bellas Miragaya.
    Está previsto que interveñan Mabel Charquero, pola asociación ASMIREFE, Laura Bugallo, pola CIG, Miguel Blanco, pola Asemblea Galega de Imigración, Beatriz Sestayo, polo Concello de Ferrol, e despois haberá pequenas intervencións de persoas que achegarán as suas voces a esta homenaxe como Compañeira sindicalista, Feminista e loitadora a prol dun outro mundo que si é posíbel. Entre estas cabe salientar ao poeta Monterroso Devesa. A apresentación do Acto fará-a Lois Rico.

  6. Xoana a Beltranexa — 05-05-2008 - 12:56:08 GMT 2

    La Voz de Galicia
    Los inmigrantes piden un lugar para homenajear a Marga Bellas
    La Asociación Migratoria Residentes en Ferrolterra reclaman al Concello la designación de un espacio para ubicar una fuente con la que honrar la memoria de Marga Bellas Miragaya, que falleció el pasado año. Esta ferrolana, miembro del Foro Galego de Inmigración, fue el alma mater de la asociación.

  7. o vello pancho — 05-05-2008 - 13:13:34 GMT 2

    Asmirefe rinde un homenaje póstumo el martes a su fundadora, Margarita Bellas

    Responsables de la asociación presentaron ayer el acto FOTÓGRAFO
    REDACCIÓN > FERROL
    La Asociación Migratoria de Residentes en Ferrolterra (Asmirefe) rendirá el próximo martes un homenaje póstumo a Margarita Bellas, fundadora de la entidad fallecida hace un año.
    La agrupación, presidida por Mabel Charquero, ha programado un acto en la galería Sargadelos que dará comienzo a las ocho de la tarde y en el que participarán diversas personas relacionadas con la homenajeada. Así, intervendrá un responsable del Foro de Emigración de Galicia; la edil de Benestar Social, Xuventude e Solidariedade del Concello de Ferrol, Beatriz Sestayo; la responsable de Emigración del sindicato CIG, Laura Bugallo; el cónsul de Uruguay en Galicia, Gonzalo Konke; y el poeta uruguayo-gallego -Monterroso- que leerá poesías en homenaje a Margarita Bellas. También está prevista la asistencia a este encuentro de Luz Darriba, artista uruguaya residente en la actualidad en Lugo y a quien Asmirefe ha encargado la realización de una fuente que pretende instalar en la ciudad de Ferrol en recuerdo de la homenajeada -la solicitud ya ha sido cursada al Ayuntamiento-.
    Mabel Charquero tuvo ayer palabras de agradecimiento hacia Margarita Bellas por la gran ayuda y el trabajo que llevó a cabo con el colectivo de inmigrantes. “Cuando falleció todo quedó truncado. Ella era una persona con muchas facetas, fue sindicalista, ayudó mucho a nuestro colectivo a conseguir trabajo, arreglar papeles y documentos, encontrar una vivienda, sin importarle de donde viniera la persona ni de si era hombre o mujer”, recuerda la presidenta de Asmirefe. “Queremos reconocer todo lo que hizo, que fue increíble”, añade.

  8. Laura — 05-05-2008 - 16:15:16 GMT 2

    Xa está na web da CIG...

    Martes 6 de maio, ás 20:00 h na Galería Sargadelos de Ferrol
    Homenaxe á compañeira sindicalista Marga Bellas Miragaya
    A sala da Galería Sargadelos de Ferrol acolle, ás 20:00 horas deste martes día 6 de maio, un acto en homenaxe á compañeira sindicalista da CIG Marga Bellas Miragaya. No decurso da homenaxe están previstas as intervencións de Mabel Charquero, pola asociación ASMIREFE; Laura Bugallo, pola CIG; Miguel Blanco, pola Asemblea Galega de Imigración; Beatriz Sestayo, polo Concello de Ferrol. Xunto a estas haberá tamén pequenas intervencións de persoas que achegarán as súas voces a esta compañeira sindicalista, feminista e loitadora a prol dun outro mundo que si é posíbel. Entre estas cabe salientar ao poeta Monterroso Devesa. A presentación do Acto correrá a cargo de Lois Rico.

  9. Katy Chile — 07-05-2008 - 13:52:16 GMT 2

    Unha carta de ASMIREFE para o ceo
    Díxome ela: de onde és? respondínlle: son chilena. Ah, exclamou, boa terra, berce de poestas e mártires, referíndose a Pablo Nerudam Víctor Jara e Salvador Allende.
    Así enfiamos unha conversa entre Miño, Marga e eu, falando un poco de Uruguay, tan querido para eles, de Chile e a súa economía e, por suposto, de Galiza, terra tan acolledora. de como latinoamérica recibiu aos inmigrantes galegos en tempos de guerra, en tempos moi duros como os da vella españa.
    Agora, setenta anos despois, ollamos con nostalxia e dende lonxe á nosa xoven e rica América Latina, abafada polo neoliberalismo e, por que non, imos á cafetaria de turno, puntos de encontro multirracionais e de intercambio cultural.
    Deste xeito nace a idea de fundar unha asociación cultural, informadora, solidaria, que nos indique os pasos a seguir na procura dun futuro mellor.
    Marga e Miño son os nosos pais fundadores e nace ASMIREFE.
    Marga sempre cun sorriso e cunha palabra de alento ao vernos cabizbaixos pola decepción dalgún trámite burocrático.
    Atenta, a mirada limpa e o corazón aberto para escoitar aos sen papeis, moitos deles sen teito, sen comida, tendendo a súa man cálida aos máis necesitados, preocupada por eles, porque tiveran para comer ao día seguinte.
    deixando de lado tantas veces a súa vida persoal, involucrándose ata onde ninguén o fai, descoidando o seu fogar e negándose horas de sono e tranquilidade co único obxectivo de ver un sorriso nas nosas caras.
    Fomentando sempre a língua galega entre nós, procurándonos formación para mellorar, aconsellándonos polo ben dos nosos intereses e nunca criticando nin dando as costas. Todo isto sen pedir nada a cambio, sen buscar o lucro persoal, nin aspoirar a unha cadeira con título. Moi pola contra, era ela, Marga, que nos apoiaba e axudaba cos nosos problemas.
    Por isto e por tantas cousas que fixeches por nós, pedímosche perdón, perdón por non deixarche vivir en paz, perdón por encherte das nosas miserias, perdón por reclamar a túa atención, perdón polo egoístas que fomos e por non nos decatar de que tamén tiñas os teus problemas e con te deixamos vivir en paz. perdón en nome dos que che deron as costas e te abandoaron.
    mais tamén querémosche dar infinitas grazas, querida Marga, querida amiga.
    Se esta noite podes escoitarnos e vernos, comprobarás que ao finas quedamos os que te queremos e admiramos. O recordo que sempre termos de ti sera o da muller loitadora, solidaria, amable, xenerosa e boa amiga que soubeches ser.
    Para ti, querida Marga Bellas, mandamos esta carta a esta homenaxe ao ceo, qye debe ser o lugar no que estás agora.

  10. Xoana a Beltranexa — 07-05-2008 - 17:56:11 GMT 2

    O dia 6 de maio ás 20.30 horas nos locais de Sargadelos da cidade de Ferrol a Asociación de Migrantes de Ferrolterra (ASMIREFE) fíxo-se a Homenaxe a Presidenta de Honra e fundadora da entidade.
    No acto, no que foi masivo en asisténcia, participaron persoas imigrantes e migrantes retronadas vencelladas coa Asociación, que se achegaron para agradecer e homenaxear a Marga polo seu labor a prol da sua inserción sociocultural, lingüística, e laboral, que Mabel Charquero, Presidenta da mesma, resumiu nun agradecer a asisténcia mentando alguns retazos da Compañeira marga, "Ela foi quen fixo posíbel a nosa estadia e integración en Galiza", ademais entreoutras achegas cheas de sentimentos e lembranzas estiveron as de persoas como a do Compañeiro Juanjo (Uruguai), a da Compañeira Katy (Chile), asi como da própria cuñada de Marga, Isabel Gómez, cun escrito emotivo aumando-se a todo o manifestado, tan comprometedor e comprometido cun outro mundo que si é posíbel.
    As palabras foron un continuo repaso da singladura desta muller, como feminista, nacionalista, e loitadora polos direitos das persoas imigrantes e emigrantes, cuestión que foi valorada polo coordenador e Voceito do Foro de Imigración e Asemblea Galega de Imigración, Miguel Blanco. Tamén cabe salientar a achega do poeta galeguaio Devesa Monterroso deu leitura a uns textos de Viglietti, Galeano e outros.
    Pola parte da CIG a asisténcia de cadros sindicais tamén foi significativa, e tras a leitura duns escritos de Laura Bugallo,sindicalista e amiga persoal da homenaxeada, foi Pintos, o Secretário Comarcal da CIG-Ferrol, quen puxo de manifesto o árduo traballo de Marga Bellas como sindicalista no Concello de Ferrol, e salientou o traballo por ela desenvolvido e cuxo froito son os resultados eleitoriais na Coroporación local ferrolá. Ademais manifestou o compromiso da CIG para os direitos das persoas traballadoras, sen distingos de orixe.
    Todo o acto contou co son do Compañeiro e Gaiteiro Antón Doval, comezando cunha peza tradicional e rematando a Homenaxe co Himno da Pátria Galega.

  11. Isabel Gomez — 07-05-2008 - 21:20:47 GMT 2

    A Marga

    Grazas por todo-los momentos
    Que temos compartido
    Momentos cheos de sentimento
    Grazas pola tua amistade ,
    Polas tuas verbas e consellos
    Sempre de alento
    Por facerme ver as miñas debilidades
    E erros a tempo .
    Grazas por dedicarme tempo
    Tempo para sorir e mostrarme o teu afecto
    Grazas polos soños e anhelos
    Secretos , risas e bagoas
    Que xuntas percorremos.
    En fin mil grazas
    A ti,que sen pedires nada a cambio
    Axudachesme a seguir crendo
    Que a amistade non é un concepto,
    Unha verba,senon que é a entrega
    Noble e desinteresada
    Dalguns nestes tempos

  12. Isabel Gomez — 07-05-2008 - 21:27:05 GMT 2

    O pasado domingo dia 4 de maio, no que a nosa querida Marga cumpliría corenta e nove anos, un grupo de amigos, todos compañeiros de loita solidaria, recordamos a Marga nas atlanticas augas da costa ferrolá da Covas, ó carón do Cabo Prior, onde fai un ano espallamos parte das suas cinzas.

  13. Laura — 09-05-2008 - 00:15:44 GMT 2

    Pon no enderezo o seguinte
    http://www.youtube.com/results?search_query=asmirefe&search_type=

  14. senunpesoaloloco — 09-05-2008 - 21:31:57 GMT 2

    Grazas Laura, este video carga mais rapido co anterior. O video e boisimo, Mabel e unha artista.

TrackBack URI

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>