Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Tempos de Mulleres

tempo-de-mulleres.JPEGA Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta, integrada no equipo de Vicepresidencia que dirixe Anxo Quintana, visita Bos Aires co fin de presentar o marco xeral das politicas de igualdade de Galiza, e presentar o programa Tempos de Mulleres, que se vai coorganizar co colectivo de mulleres Herbas de Prata cun módulo orientado ás mulleres galegas de diáspora. Este colectivo de mulleres naceu en 2007, e foi a primeira experiencia de asociacionismo de mulleres galegas en América Latina. A Secretaria Xeral de Igualdade, Carme Adán, vai presentar o programa Tempos de Mulleres, que se vai desenvolver nos vindeiros meses.
Mais información en :
http://www.herbasdeprata.blogspot.com/
http://www.igualdadegaliza.org/

O Programa Tempos de Mulleres foi creado en 2007, con grande participacion ao longo do territorio galego e agora quere extenderse á diáspora, iniciándose esta experiencia piloto en Bos Aires co colectivo Herbas de Prata.

O programa ten como obxectivos estratéxicos o fomento das asociacións e federacións de mulleres galegas, fortalecendo organizativamente o seu funcionamento para potenciar a participación e a presenza das mulleres na vida política, económica, cultural e social galega; e, ao mesmo tempo, o fortalecemento deste asociacionismo como unha ferramenta fundamental do empoderamento feminino e do acrecentamento das súas capacidades e recursos. Trátase, en definitiva, dun programa co que promover cambios que favorezan a consecución de máis seguridade e que propicien un aumento na autoestima das mulleres galegas.

Por este motivo, o programa vai extenderse fora das fronteiras, para chegar ás mulleres galegas do exterior, como compromiso do Goberno galego para que poidan acceder á informacion sobre seus dereitos e para dinamizar a participación das mulleres no asociacionismo galego no exterior.

O acto tera lugar na Delegacion Exterior da Xunta en Bos Aires, na rúa 25 de Mayo 555, o luns 28 de abril ás 20.

Tags:
Chúzao | del.icio.us

Non hai Comentarios »

TrackBack URI

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>