Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Centenario da morte de Curros Enriquez

A CORUÑA LEMBRA A CURROShomaxe-a-curros-enriquez-na-coruna.jpg

A Coruña rendeu onte homenaxe a Manuel Curros Enríquez cen anos despois de que a cidade enteira saíse á rúa para despedir os restos do poeta "dos que sofren", como dixo onte a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo. En abril de 1908 o vínculo que uniu ó poeta de Celanova coa cidade herculina, coa que compartía a súa ideoloxía liberal e democrática, quedou selado para sempre co xesto espontáneo da cidadanía.

curros.jpg

Un século despois, o vínculo reforzouse cun cortexo de honra que se prolongou durante máis de tres horas por diversos puntos claves da cidade e que concluíu cunha ofrenda floral e o canto do himno fronte á escultura do poeta, realizada por Francisco Asorey en 1934, nos Xardíns de Méndez Núñez.

A homenaxe comezou no cemiterio de San Amaro como unha "conmemoración patriótica", dixo a edil de Cultura María Xosé Bravo, quen colocou unha coroa na tumba do poeta en compañía do alcalde de Celanova, Antonio Mouriño. Partir do cemiterio pretendía lanzar unha mensaxe metafórica para rescatar da morte un poeta, xornalista e político convertido nun dos tres pais de Galicia, xunto a Rosalía de Castro e Eduardo Pondal. A homenaxe converteuse nunha viaxe pola memoria da cidade e o legado de Curros na Coruña a través do instituto que leva o seu nome en Montealto, a sede da Real Academia Galega que impulsou ferventemente e do concello en María Pita, e finalmente fronte á monumental estatua que preside o pulmón verde coruñés. "É a estatua máis grande adicada a un poeta", destacou Ánxela Bugallo

Fonte: Galicia Hoxe

Tags:
Chúzao | del.icio.us

Non hai Comentarios »

TrackBack URI

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>