Na complexidade de saber
Na complexidade de saber-nos muller, mulleres, de existir nese abano plural, neste universo próprio no que nos recoñecemos como imigrantes no sistema patriarcal, no que de contínuo temos que amosar os nosos papeis, como se a nosa existéncia fose, aínda hoxe, porén permitida por uns cánones pautados polo medo á perda do poder duns, polo amedoñamento ao noso empoderar-nos, xurdidos e somos as mulleres trans, dentro da diversidade de ethos diferentes, a deconstrución do sistema binómio sexo/xénero, a reafirmación dun continuum muller-home, na que as nosas manifestacións, as nosas existéncias interrogan aqueles conceitos que outrora foron deseñados como sistemas castradores e aniquiladores de viver libremente a sexualidade.
As mulleres trans traemos un senfin de definicións e vivéncias singulares. Somos nós, as mulleres trans, dentro da diversidade de ethos, partícipes da deconstrución do binómio sexo/xénero, do establecemento do contínuum muller-home, no que as nosas mnaifestacións, as nosas existéncias interrogan aqueles conceitos que outroran forna deseñados e axiomizados, como intento de derrube deste marco castrante e aniquilador da autodefinición, de viver cadaquen con liberdade o desenvolvemento da própria identidade.
As mulleres trans somos parte da sociedade na que estamos circunscritas. Os nosos procesos son verdadeiros instrumentos para avaliar a salubridade da nosa sociedade, deixo tan só unha nota que na amnanese inicial, a nosa sociedade ten sintomas claramente asociais. Unhas traen con elas modelose responden a paradigmas máis conservadores e repetitivos do status quo social, outras xurdimos con anceio e vocación de mudar, apostando por un outro mundo que con certeza ten que ser peiteado e entretecido no feminismo.
Somos parte desa revolución iniciadaxa antes, e que aínda fica pendente.
E non é unha pose, un ficar ben, sabemos en carne própria o tratamento diferenciado que nos recebemos durante e posteriormente ao proceso, onde se nos foi tentando ningunear, na aparéncia de home á existéncia como muller. Estivemos nun primeiro vagón no comboio da sociedade, “pasamos” ou foron-nos isolando, empurrando outras, a un segundo vagón, e, a segundo en que momentos achamos que estivemos ou estamos no da cola. Somos conscentes de ter camiñado.
Moitas veces lembro como experiencia significativa e significante pasar de ser condutor a ser condutora, como a percepción que o tratamento que recebia era como se perdese condicións e cualidades que antes posuia. Que dicer no mundo laboral, no quefacer político, onde os nosos traballos, as nosas praxes militantes teñen que para o mesmo valor que antes tiñamos supón dobre esforzo na actualidade.
O noso camiño de reconstrución do presente arrinca do deseo, dese desexo que antes foi amedoñado, calado, silenciado, agochado, e que agroma coa forza dunha seiva, de folgos necesários, para con forza precisa e constante, reconquistar e autodefinir a própria existéncia. É un camiño de autoqueréncia, de empoderamento, de benqueréncia capaz de pór en consoáncia o ser co existir muller. O enfrontamento social é froito do teste da vida real, e mercé ao guiño das persoas queidas e amadas do colchón afectivo.
E doe, doe chegar, respirar, remozar os pulmóns, logo de dondear os nosos corpos, de declarar a nosa soberania particular, de afirmar p paso no chan que camiñamos, logo de ter apreixado o que és e xa existes, para perceber e vivenciar que segue a estar vixente o que tempo atrás unha amiga me comentou, “as mulleres vivemos nun estado de sítio, e, ás veces, con toque de queda”.
Somos todas, cada unha de nós, as nosas entidades e colectivos, e os compañeiros que comprenden e comparten o noso empoderamento, e os Grupos LGBT no que algunhas estamos alineadas, e as mulleres imigrantes, as que levan sinais das duplas e triplas descriminacións, somos todas desde a consciéncia da nosa militáncia que urxe, e non hai tempo que perder, un outro mundo, que afirmo e perservero que si é posíbel.
Tags: Mullereres trans Igualdade
Chúzao |
del.icio.us









![Validate my RSS feed [Valid RSS]](http://revirate.nireblog.com/blogs/revirate/files/valid-rss.png)














O dia menos pensado acabaremos todos crecendo en total liberdade sin discriminar a ninguén, nin polo seu xénero, nin polo seu corpo, nin pola sua sexualidade, nin polos seus ideais, nin pola sua relixón… etc en definitiva que podamos sentirnos ceibes de facer e de ser o que nos mande noso corpo ou os nosos sentimentos. ¿Qué más da si son home pero me sinto mais a gusto con un corpo de muller e ao mesmo tempo me atraen os homes?, espero que pouco a pouco poidamos acostumbrarnos a todo tipo de circunstancias e que respetemos as decisions dos demáis. Cada un busca o seu camiño a felicidade e a aceptación de si mesmo, senon molesta a nadie nin ofende a nadie ¿quenes somos nosoutros r nosoutras para xuzgar?. Un abrazo Lauriña.