Eleccións en Paraguay...
Un vello amigo do Vello Pancho, o candidato a Senador Belarmino Balbuena, envianos un recordatorio das eleccions en Paraguai, e a presentazon do seu blog...
Belarmino e un gran dirixente campesino, e a pesares da sua xuventude ten unha longa historia de loita, de cadea e de insobornabel traxectoria a prol dos máis necesitados da sociedade...
Mantivo o Vello Pancho moitas conversas con Belarmino e outros/as compañeiros de loita campesina, e mesmo era para sentirse avergoñado por non estar o día dos aconteceres deste povo, das suas situacións de inxustiza, marxinalidade e de violencia contra dos movementos populares...
Hoxe estableceuse unha formula electoral de converxencia de movementos sociais, sindicais e políticos que nos abrigan a esperanza que baixo a presentación do ex-Obispo Fernando Lugo a Presidencia as cousas muden e este cambio a paraguaia sexa para ben do povo ...
O dito, era para sentirse avergonzado por non estar informado da situación do Paraguai, do que sí sabiamos o pasado do vello dictador Stroessner, e dos bos futbolistas que onte e hoxe andan por Europa, precisamente o máis carismático e capitan da selección o gran Chilavert e un dos máximos apoios a Presidencia de Fernando Lugo...
Comprendan que neste blog, galego e universalista, internacionalista e solidario, non podia adiar a información deste povo e aproveitamos para rendirlle unha merecida homaxe a os loitadores campesinos paraguaios, na figura de Belarmino Balbuena, do que me gustaria contar unha anécdota destacable :
Como en tantas ocasions, prenderan a Belarmino e en plena cadea desátase unha durisima represión contra o movemento campesino...As noticias voan e Belarmino consigue fuxir...E non ten mellor pensamento que acodir o propio Senado a denunciar tanta violencia e represión...Penso que desta volta incluso asesinaran a campesinos indefensos... Cando se decatan da fuxida de Belarmino, empeza a búsqueda e as radios e medios lanzan a nova....Belarmino tiña que aparecer, pedianse pistas...E a cidadania dentro do tráxico do asunto mofavase de risa a o estar vendo pola tv, como o bravo lider campesino interviña no Senado denunciando tamaño ensañamento cos indefensos campesinos paraguaios...
VISITA E DEIXA OS TEUS COMENTARIOS NO BLOG DE BELARMINO SENADOR LISTA 33
Tags: eleccionsparaguay
Chúzao |
del.icio.us








![Validate my RSS feed [Valid RSS]](http://revirate.nireblog.com/blogs/revirate/files/valid-rss.png)













