John Balan foi moito máis ca un home orquestra.
Foi quen de xuntar nunha mesma fronteira o Miño e o Mississippi, de facer felices a varias xeracións de galegos, sobre todo aos seus veciños que o recordan dende pequeno facendo as súas propias películas de vaqueiros no Seixo (Marín). «Traballa o que non vale para outra cousa», dicía, e nós morremos de envexa e aínda nos atrevemos a chamarlle freak. Quen nos dese.


Chúzao
del.icio.us




![Validate my RSS feed [Valid RSS]](http://revirate.nireblog.com/blogs/revirate/files/valid-rss.png)














Estabamos nas praias do sur de Galiza, na praia de Apamán, ou noutras que a distancia coa infancia esborou onde ficaba, mais lembro aquel home orquestra, que silandeiramente se achegaba a unha das portas do bar, viraba ás suas costas a ela, e comezaba con aquela demostración de "home orquestra"!! sen máis instrumentos que as suas mans, a su voz e de cndo en vez os seus pés. Era este que Callobre nos relata. Era sinal de alegría nos efímeros veráns.