Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Politica racista e xenófaba

A nosa boa amiga Laura , muller comprometida sen horario de apertura , nin de peche mandanos este artículo que non ten desperdicio:

E unha vez máis resentimos o refugallo da lexislación do PP, do Sr. Aznar deseñada nese biénio negro que foron os seus dous últimos anos de lexislatura. E quen escrebe coñece o tecido que esta dereita españolista e carca fixo en matéria de estranxeiria naquel entón.

Tan só, e como prólogo a este breve artigo, lembremos que foi o PP, coa conivéncia do PSOE que non se alarmou en absoluto, quen eliminou catro direitos fundamentais ás persoas estranxeiras no Estado Español, a saber, o de asociación, o de folga, o de denúncia e o de sindicalización. Catro direitos fundamentais que tiveron que ser resgatados polo Tribunal Supremo,… en fin, non só unha aberración de corte fascista e xenófoba, senón que tamén unha semente de actuacións de abusos e doutras medidas que agora coñecemos.

Pois ben, nesa época do PP deseñou-se outra medida coñecida do Governo na que daban pautas de cómo debia actuar o Corpo Nacional da Policia diante dunha denúncia de malos tratos interposta por unha muller imigrante “sen regularizar” a sua situación administrativa. Pois ben, resumindo e sen faltar a verdade, é que no mesmo momento que esta muller violentada denúncie, recollerá-se a sua denúncia encamiñando-a ao Xulgado pertinente, ao tempo que se lle incoará un Procedimento Sancionador, cuxo resultado pode recaer nunha orde de expulsión, ou nunha sanción económica. Este resultado será certeiro sempre e cando, que despois das actuacións policiais e xudiciais recaia unha Sentenza ou Fallo absolutório do agresor.

discriminacion.jpgProvoca perplexidade, sobrecolle, que muller violentada vai denunciar ao seu agresor se, sabendo-se que non ten “papeis”, pode recaer nela unha Orde de Expulsión?

O PP puxo hai ben tempo a semente, Rajoy segue na mesma teima nesta Campaña Eleitoral, antes as persoas imigrantes eran, segundo esa direita fascista, quen nos roubaban o traballo, a imigración era igual a delincuéncia, agora rouban-nos os Servizos Sociais básicos, mentiras, mentiras e máis calúnias. Que auséncia de memória histórica.

Como di un amigo meu, a inoráncia que atrevida é!!

Somo, Galiza, por eséncia fillas e fillos da Imigración e Emigración. A imigración, hoxe, sustenta todo o que en Galiza temos, pois elas e eles son Galiza, son parte de nós, somos nós, somos todas e todos Clase Traballadora Galega.

O acontecido en Pontevedra onde unha muller colombiana é detida pola Policia Local de Pontevedra, e foi transladada á Policia Nacional quen a detivo e puxo a disposición xudicial provoca a quen lle escreba noxo, e pánico por un presunto abuso da autoridade.

O pasado luns, en Compostela, unha muller paraguaia recebeu unha citación para personar-se nas dependéncias policiais e, alí, recebeu unha Notificación de Inicio de Expediente de Expulsión por estar indocumentada. Até ai nada que salientar, se non for, por que o venres anterior estivera ela poñendo unha denúncia nesa mesma Comisaria por perda de obxetos, entre os que estaba o seu pasaporte. Isto provoca indefensión. A actuación da Policia semella nada axeitada ao direito. Se calquer de nós precisamos un novo documento temos que previamente denunciar a perda…

E xa por último, e sen ánimo de ser reiterativa, e menos negativa, isto son froitos dunha política racista e xenófoba, e senón que lle pregunten algunhas prostitutas latinoamericanas, que recebendo a visita dalgun cliente nos seus pisos particulares, unha vez dentro identica-se como axentes da seguridade e son detidas, e, por ende, expulsadas…

Quen escrebe, fica abraiada, alarmada e acha que a imigración non é fácil, non é algo desexábel, e que desde logo as mulleres imigrantes sen papeis resultan as máis indefensas.

Laura


Chúzao | del.icio.us

Comentarios(7) »

  1. senunpesoaloloco — 01-03-2008 - 23:15:13 GMT 2

    Din que estás coa sangue contaminada de indios e ese pecado e suficiente para que nun país da Europa peguenche patadas na cara. E suficiente para que O dono de ese odio o mimen os gobernantes e os psiquiatras, mentras tí sigues sendo a que sobra, a que mostra a merda do corazón human na extranxería.
    Non foi o teu pasaporte, nin os teus papeis de extraña, nin a tua fe nin a tua roupa, nin o teu acento, nin as tuas costumes. Todo iso e mentira. A verdade e que si tiveras cara de española, naide te teria castigado.

  2. Laura — 14-03-2008 - 19:04:14 GMT 2

    SOBRE A IMIGRACIÓN IRREGULAR, INSPECIÓN DE TRABALLO E POLICIA

    Nesta semana que rematar várias accións da Inspeción de Traballo aconteceron na cidade de Compostela.
    Quen escrebe sempre estivo e está a favor da vixianza dos direitos laborais recollidos no Estatuto das Traballadoras/es e nos Convénios laborais do Sector. Considera que é necesário e, mesmo é, urxente que as empresas entendan que non se pode deixar de cumprir estas normas legais ainda cando as persoas sexan imigrantes, e tampouco aínda que as persoas imigrantes non teñan a sua situación administrativa regularizada, ou sexa, carezan da preceptiva Autorización de Residéncia e Traballo.
    O mentado Estatuto e os Convénios Laborais son consecuéncia dunha loita sindical, dunha praxe negociadora que custou esforzos e mesmo mortes como as dos Compañeiros Amador e Daniel. Por eles comemoramos o Dia da Clase Traballadora Galega, en homenaxe e compromiso de fidelidade para coa sua e nosa loita.
    As persoas imigrantes “irregulares” están aqui, é obvio e a ninguén lle sobrecolle, pois é unha realidade clara na Hostelaria e no Servizo Doméstico, mais están a traballar, a procurar esa mellora de elas e eles mesmos, das suas famílias. Elas e eles entran nidiamente por seren, na meirande parte, exilados económicos. Exílio que agroma con cada vez máis forza co acabalgamento sen rendas do neoliberalismo, do capitalismo selvaxe, co colonialismo doutrora e actual, e co deseño dos seus futuros desde eses catro xinetes da economia mundial actual.
    Están, si, a traballar, esixen direitos laborais e son ninguneados pois receben uns salários de moi por baixo do pactado e conveniado, son enganadas e enganados coa promesa de que se lle van facer os papeis, e zas! Todo vai-se o lixo, a Inspeción de Traballo, tras detectar a sua presenza entrega-as/-os ao Corpo Nacional da Policia, quen moi áxil incoa un expediente sancionador. Ese expediente funadmentado no RD 2393/2004, Regulamento de Estranxeiria, tan só transcrebe orde de expulsión, deixando fóra das posibilidades as que se plantexan nese mesmo texto as sancións económicas.
    Aplaudo a Inspeción de Traballo polo seu contributo a manter a orde legal, mais amoso o meu desdén na entrega desas persoas ao Corpo Nacional da Polícia, sen préviamente analizar caso por caso –como si me consta que fai coas Empresas- das posibilidades reais de obter a Autorización de Residéncia e Traballo. As Empresas non as entregan a Policía nin aos Xulgados, e sei a que me refiro pois causas non faltan...
    Cónsta-me que hai algunhas persoas que ian entrar no Artigo 45.2.b do RD mentado, Arraigo social, cónsta-me que hai quen ia ter os desexados papeis por ser en dez dias pai de neno español, consta-me que tamén hai unha persoa que tiña aberto o Expediente de Casamento co seu compañeiro galego no Rexistro Civil,... en fin, si, Inspeción si, mais coa Policia non, mais así non.
    Debemos loitar contra as malas praxes empresarias, contra das máfias que non son unicamente estranxeiras, debemos seguir a CIG como referente na defensa da Clase Traballadora Galega, e confirmo unha vez máis que estas persoas ninguneadas son parte de nós.

  3. Laura — 18-03-2008 - 19:15:01 GMT 2

    Comento algo que ao mellor coñecedes algun caso,.... tráta-se das persoas estranxeiras, en xeral mulleres empregadas de fogar, que chegan polo CONTINXENTE MIGRATÓRIO a través de entidades colaboradoras do mesmo, ONGs, que someten a situacións de humillación, de trato vexatório, racista e xenófoba, en condicións alimentárias infrahumanas e con xornadas laborais de máis de 12 horas/dia. É de tal GRAVIDADE que creo conveniente pasar esta información alén do mar. Nelas percibo moito medo e amosan que soportan o inferno. Pola miña parte xa teño unha reunión en quince dias para recoller os datos.
    Tamén quero suliñar que cando unha destas mulleres non aturan máis o trato, e saen da casa, son "acusadas" á Estranxeiria para que se lles denegue a Autorización, baixo o pretexto de "baixa voluntária" (!!!!), faltaria plus!!

  4. Laura — 18-03-2008 - 19:15:25 GMT 2

    Comento algo que ao mellor coñecedes algun caso,.... tráta-se das persoas estranxeiras, en xeral mulleres empregadas de fogar, que chegan polo CONTINXENTE MIGRATÓRIO a través de entidades colaboradoras do mesmo, ONGs, que someten a situacións de humillación, de trato vexatório, racista e xenófoba, en condicións alimentárias infrahumanas e con xornadas laborais de máis de 12 horas/dia. É de tal GRAVIDADE que creo conveniente pasar esta información alén do mar. Nelas percibo moito medo e amosan que soportan o inferno. Pola miña parte xa teño unha reunión en quince dias para recoller os datos.
    Tamén quero suliñar que cando unha destas mulleres non aturan máis o trato, e saen da casa, son "acusadas" á Estranxeiria para que se lles denegue a Autorización, baixo o pretexto de "baixa voluntária" (!!!!), faltaria plus!!

  5. senunpesoaloloco — 18-03-2008 - 21:09:11 GMT 2

    De tan manida, resulta pouco contundente a máxima de que o que non aparece nos medios non existe, pero as mulleres inmigrantes existen, teñen ilusións, desesperanzas, alianzas... e non están nos medios de comunicación.

    Esa invisibilidad conforma a nosa percepción da realidade, parece que a inmigración sólo son homes en busca de un traballo para mellorar as suas condicions de vida, pero o dato nos revela que o 47% das persoas inmigrantes que viven en España son mulleres.
    E ainda así son invisibles. Coñecemos pouco da sua realidade, quénes son, por qué viñeron, cómo viven, qué esperan, qué temen, qué desexan, cómo convivir con elas, cómo favorecer a sua integración.
    As mulleres inmigrantes e as suas familias son unha realidade invisible nos medios de comunicación;a sua realidade e o invisible porque polo contrario existen unhas imáxenes asociadas a as mulleres inmigrantes que son as que pregonan unha falsa realidade.
    Aparece, como casi sempre ocurre nos grandes medios, unha parte sesgada e miserable da realidade da inmigración protagonizada por mulleres. Aparece unha imaxen das mulleres inmigrantes que pouco ten que ver coa realidade: e a imaxen da traxedia. A muller inmigrante nos medios e unha vítima, sumisa, inculta, delincuente... As mulleres inmigrantes protagonizan as novas relacionadas coa violencia de xénero (o que ademáis contribue a aumentar a criminalización dos homes inmigrantes), coa prostitución ou a inmigración ilegal.
    Pero ademáis de invisibles (ou deformadas despois de pasar por ese espello aberrante do noticiable) os medios fan a as mulleres inmigrantes mudas. Non teñen voz, hay unha ausencia permanente dos seus testimonios a hora de construir a información... outros e outras falan por elas
    Animo a aqueles e aquelas que sexan periodistas ou comunicadores, a que colaboren por facer un xornalismo onde conten as mulleres inmigrantes, a que esos atrancos caigan e as mulleres inmigrantes sexan, de unha vez por todas, visibles e escoitadas grazas a os medios de comunicación.

    Animo Lauriña , a ver cando nos vemos

  6. Laura — 17-04-2008 - 00:24:23 GMT 2

    Artigo de El País- Madrid
    14/04/2008
    España y la inmigración
    FAYEZ NSEIR - Madrid - 14/04/2008

    ¿Justifica el fenómeno de la inmigración un aumento en la sociedad española de actitudes reprobables? Para algunos parece que sí. En cambio, los que miran el lado positivo de las cosas ven este fenómeno como algo enriquecedor, aunque sólo sea por el aspecto económico. Incluso olvidando el drama humano que existe en los países de origen de los inmigrantes, el balance es siempre positivo para el país receptor: cuando un territorio, por las razones que sean, no es capaz de crecer demográficamente de modo autóctono, tiene que importar la mano de obra necesaria para poder mantener su desarrollo económico y poder pagar las pensiones de sus mayores.
    El hecho de que algunos partidos políticos intenten utilizar la inmigración como un fantasma para cosechar votos en las elecciones de turno no está justificado. Hasta en una sociedad desarrollada alguien tiene que realizar las tareas duras. Hoy en España, en Europa, en los países desarrollados, hay muchos sectores económicos que se paralizarían si no fuera por la mano de obra inmigrante; pensemos en la construcción, la hostelería o la agricultura. Además, en una sociedad tan exigente como la que vivimos, donde tienen que trabajar los dos cónyuges, es necesario que alguien cuide de los niños, atienda a los mayores y realice las tareas del hogar.
    La inmigración no sólo es positiva para el país de acogida, también contribuye mucho al desarrollo de los países de origen. Un ejemplo espectacular fue el caso español de los años sesenta y setenta del pasado siglo. ¿Inmigración irregular? No, claro. Pero esto no se combate lanzando soflamas, agitando fantasmas y extendiendo el miedo al que es diferente. España es la frontera sur de Europa y debe seguir reclamando la ayuda de sus socios de la UE en este asunto. Una política común, hablar con una sola voz, es lo que le falta a Europa en éste y muchos otros asuntos.

  7. Xoana a Beltranexa — 08-05-2008 - 00:30:43 GMT 2

    Temas › Laboral: construción, escravismo, Explotación laboral, Ferrol,Inmigrantes:
    A EMPRESA ESHOR RECIBE BONIFICACIÓNS DO MINISTERIO DE TRABALLO
    A construtora Eshor escraviza traballadores inmigrantes
    A construtora Eshor, empresa con sede en Cabanas especializada en estruturas de formigón, escraviza os traballadores inmigrantes. A sociedade, que se beneficia de bonificacións que concede o Ministerio de Traballo para a contratación de operarios no estranxeiro, obriga estes obreiros a asinar baixas voluntarias e despide aqueles que sufriron accidentes laborais ou se atopan de baixa por enfermidade común.

    O cadro de persoal da construtora conta con 400 operarios que prestan servizo por todo o Estado español. O 90% son traballadores inmigrantes procedentes de Ecuador, Alxeria, Marrocos, Perú, Colombia ou Romanía. Unha vez que rubrican o contrato, de carácter indefinido, Eshor os coacciona para que asinen a baixa voluntaria e renuncien a dereitos como a indemnización ou, no caso de que proceda, a prestación por desemprego.

    A Inspección de Traballo, que é coñecedora da situación polas denuncias que interpuxo a CIG, inhíbese pese a que o número de “baixas voluntarias” de traballadores inmigrantes en Eshor é escandaloso. A CIG de Ferrol pregúntase como a Inspección de Traballo non encontra sospeitoso o feito de que decenas de obreiros estranxeiros soliciten a “baixa voluntaria” en Eshor, cando son persoas sen recursos, que non teñen onde vivir, e que por riba renuncian a un contrato indefinido e as indemnizacións correspondentes pola rescisión da súa relación laboral coa empresa.

    “A situación dos traballadores é dramática. Varios deles mesmo tiveron que ir comer á cociña económica e tivemos que darlles cartos para que puidesen sobrevivir”, explica Xesús Anxo López Pintos, secretario comarcal da CIG-Ferrol.

    A construtora, ademais, promételles a estes traballadores aloxamento mais cando chegan a Galiza descóntalles 120 euros do seu salario en concepto de vivenda, que teñen que compartir con 5 compañeiros máis e que son forzados a abandonala no momento de asinaren a “baixa voluntaria”.

    Os empregados inmigrantes realizan xornadas diarias de entre once e doce horas, traballan de luns a sábado, as horas extraordinarias non lles son remuneradas e perciben menos cartos dos que figuran nas súas nóminas. Mentres, “UGT e CCOO (centrais maioritarias no comité) miran cara outro lado”, subliña López Pintos.

    Accidente laboral = despedimento
    Pablo, traballador ecuatoriano de Eshor, levaba 25 días na empresa até que foi despedido logo de sufrir un accidente laboral no que perdeu un dedo dunha man. A empresa obrigouno a abandonar o piso onde residía e coaccionouno para que asinase un documento conforme renunciaba a todos os seus dereitos. Mimoun, operario marroquino, foi despedido tras fracturarse un brazo noutro sinistro no traballo. Ambos operarios, xunto con outro alxeriano, demandaron a empresa nos Xulgados alegando que foron ameazados e forzados pola construtora a asinar os escritos nos que rexeitaban beneficiarse dos dereitos laborais que lles asisten por Lei.

    Empresa “modélica”
    Toda esta realidade de explotación extrema e de escravismo contrasta coa que amosou a construtora nunha reportaxe emitida hai tempo por TVE. Nesta información, a empresa pretendía trasladar a imaxe dunha compañía “modélica” e sensíbel cos traballadores estranxeiros. “Aplícaselles (aos obreiros) o convenio colectivo de cada provincia e, no noso caso, tamén lles facilitamos aloxamento”, expresaba fachendoso na reportaxe Juan José Espiñeira, responsábel de Eshor.
    Confederación Intersindical Galega

TrackBack URI

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>