Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

HERBAS DE PRATA

herbas-de-prata.jpg

Recibo dunha amiga un mail que me deixa enganchado, comprometido ca súa difusión e de contado me poño mans a obra :

Hoxe toca difundir o” laburo”, o traballo dun colectivo de exemplares mulleres da diáspora, e que nacendo en Bos Aires xa está asentado da outra beira do Prata, en Uruguai, contando cunha activista como Elena Parajó. E con vontade de seguir universalizando e achegando galegas a causa...

Quero destacar a iniciativa destas mulleres, agradecer o seu interese por espallar a nosa cultura diferenciada, e ese abnegado traballo de recoñecer ás nosas mulleres da diáspora, merecentes todas elas de permanentes homaxes, pois foron elas as que co seu esforzo trasmitiron e deixaron esa pegada galega en durisimas condicions...Nunha terra extraña, outra cultura, durísimas xornadas de traballo e o pensamento na Terra...Por non decir os avatares personais que a vida lles foi deparando...Como non recoñecer o paseniño traballo da miña queridisima cedeiresa Dionisia López Amado, a súa teimosia e rexa bravura por Verdade e Xustiza ante a desaparición dos seus queridos seres...Galega , cedeiresa e boa cantora...Loitadora a prol da máis noble causa cal é a defensa dos Dereitons Humans... Tamén dun e outro lado do Rio da Prata, tiveron a súa longa noite de pedra...Anque afortunadamente non foron tantos anos como os sofridos na Terra...E non sei se en Avellaneda nalgunhas das miñas visitas a ese currunchiño tan galego donde José Creo se desvivía en atencións, estaría seguro que sí, a nosa incansable Isabel Varela, de seguro que se non andaba por alí, non deixaria de andar por Chacabuco na Federación...

E claro Maruxa Boga...maruxa-boga.jpg Que decir de esta galega, da “voz” galega en Arxentina... Mesmo gardo como un tesouro a foto da celebración do 80 aniversario da Federación de Asociacions Galegas de Arxentina , donde nun improvisado discurso tiven que lembrar o actuado noutrora pola Federación, que posibilitou a elección de Suárez Picallo e Antón Alonso Rios como diputados galegos nas Cortes da República...Manifestei o meu placer de encontrarme nun centro que seguia sendo fidel a súa republicana orixe e lembro que un comensal contiguo mostrara o seu enoxo...Logo entereime de que era D. Carlos Vinuesa Salto Cónsul español en Bos Aires...Pero o que iva : Gardo atesouradamente a foto desta data xa que Maruxa, agora que anda a recibir cumplidos homaxes ( A primeiros do mes que andamos recebeuno de Xeito Novo, coorganizado...) forma parte da Historia Contemporánea de Galiza, o igual que Antonio Iglesias...”Tacholas” inesquecible...E comprenderan que cando o meu neto me diga ...Abo quen e esa Señora...? Un pode contarlle verdadeiras historias e decir fachendoso, eu coñecina...

Como fachendosos se sentiran os irmans Fernández, de Xeito Novo...Cantos anos levo sen darlle unha aperta a Gustavo ?... De ter unha mai que tivo tempo para todo...E para exercer de galega...Parabens a todas estas mulleres, e as milleiras das anónimas, que moitas veces sofriron a incomprensión...E nin siquer hoxe se ven retribuidas cunha pensión digna...Pero quero fuxir do plano reivindicativo...E quero rematar para recoñecer públicamente tamén a quen pon todo o esforzo, para dignificar a muller galega da diáspora...Alguén tiña que facelo, pero a idea, a difusión o traballo e o bon facer e merito de esa equipa que traballan colectivamente a caron de este fermoso proxecto... ...

E non quero esquecerme de ninguén ...Pero por se visitan o blog...Mándolle unha fonda aperta a Rosa Mª Lojo, a Débora Campos, a galega máis universal destes días, que o mesmo interven no Parlamento Paraguayo, que na ONU, que zurze e artella en Bruselas o xeito de dar a coñecer a universalidade de Galiza, ou nos sorprende con Lula...Dame a impresión que o alento desta muller non lle falta a Herbas de Prata.. Xa deduciron que falo de.Ana Miranda...A todas, todas os meus parabéns...Para min xa di todo o mesmo nome do colectivo, e toda unha declaración...E con os obxetivos :

Concordo plenamente, soio me queda darbos as noraboas e Graciñas!! :

"A nosa idea é a de tecer unha rede de mulleres emigradas e os seus descendentes que permita a colaboración con elas nas problemáticas propias. Para iso, algúns dos nosos propósitos son promover a capacitación das mulleres, a atencións dos seus problemas, a posíbel vinculación coas institucións públicas e privadas pertinentes segundo os casos e todo canto vexamos que se pode medrar nesas direccións".

PD : Vostedes perdoen, pero as veces un ponse moi emotivo, e mesmo agroman as bágoas... cando se está a escribir de xente tan querida, de experiencias vitais tan sentidas, e que froito da amistade e o recoñecemento viveunas como en carne propia...Unha vez máis a todas vos mil gracias!!

O Vello Pancho.

Máis información: Herbas de Prata

O COLECTIVO DE GALEGAS NA DIASPORA HERBAS DE PRATA CONVIDA A ESCOLLER A DUAS MULLERES PARA DISTINGUILAS NO DIA DA MULLER 2008

XA ESTAN AS SEIS CANDIDATAS E AGARDAN POLO VOSO VOTO

(Bos Aires, 19 de febreiro) – As suxestións chegadas pola xente ao enderezo electrónico do colectivo de galegas na emigración Herbas de Prata determinaron seis mulleres entre as que se atopan os dous nomes que levarán este mes de marzo -por segundo ano consecutivo- a distinción Virxinia Pereira e a distinción Rosalía durante o acto polo Día Internacional da Muller que o colectivo vai realizar na Asociación de Residentes de Vigo o 8 de marzo ás 19,30.

Para quedar coa distinción Rosalía (que simbolizan cunha roseira para a homenaxeada) que agradece a esas mulleres que levan unha vida de loita pública nalgunha causa nobre foron postuladas a sobranceira actriz Maruxa Boga, que ao longo de 45 anos conduciu a audición "Recordando a Galicia" que escoitaban milleiros de emigrados da Arxentina. Tamén quedou na lista a cantante e profesora Graciela Pereira, fundadora da asociación Os Gromos que sementa amor pola cultura galega en nenos arxentinos. E dende Galiza chegou a proposta de homenaxear a memoria de María Miramontes, dona e sostén económico e político de Ánxel Casal, que se exiliou na Arxentina, e morreu en Bos Aires no ano 1964.

O ano 2007 esa roseira quedou nas mans -por votación aberta- da nai da Praza de Maio Dionisia López Amado á que todos alcuman "la gallega de la zona norte".

Por outra banda, Herbas de Prata entregará o recoñecemento bautizado Virxinia Pereira (representado por unha cameleira para a muller que o leve) para facer público o traballo anónimo desas galegas que co seu labor privado, contribuíron ao desenvolvemento dos seus e souberon sementar neles o amor e o respecto pola súa orixe galega. Nesta categoría, as candidatas son a señora Lola Fernández, que quedou viuva moi nova e soubo sair adiante cos seus fillos con moito compromiso coas tradicións galegas o que explica que os seus sexan os fundadores dunha das asociacións mais activas da colectividade galega en Bos Aires, a Fundación Xeito Novo.

Tamén nominada nesta categoría foi a escritora Josefa Emilia "Pepita" Sabor, que ten 91 anos e é unha referente no ámbito da Bibliotecoloxía no país. Neste momento, está sendo tratada dunhas doenzas propias da idade nun xeriátrico e ainda que ten o recoñecemento dos bibliotecarios arxentinos, non foi visibilizado o seu compromiso coa terra na que naceu. Por último, foi proposta nesta categoría a señora Isabel Varela, que ten unha historia de emigración e de loita pero tamén de traballo xeneroso en dúas institucións da colectividade: a Federación de Sociedades Galegas e na Sociedade Fillos do Axuntamento de Boiro na Arxentina. Mesmo sen ter un recoñecemento en proporción ao seu traballo, como si teñen os seus compañeiros homes, Varela é coñecida por moitísimos emigrantes aos que axuda asesorándoos sobre os seus dereitos.

O ano 2007 a cameleira que representa esta distinción foi para María Rosa Iglesias, una compostelá chegada a Bos Aires con 5 anos que é nai do historiador Ruy Farías Iglesias.

Os recoñecementos xurdirán da votación aberta e pública no blog de Herbas de Prata http://www.herbasdeprata.blogspot.com/ dende o luns 25 de febreiro e serán entregados durante o acto polo Día Internacional da Muller 2008 que se vai realizar na Asociación de Residentes de Mos o sábado día 8 de marzo ás 19.30.

Herbas de Prata instaurou o ano pasado a entrega de estes recoñecementos como xeito de botar luz sobre esas mulleres que na súa labor visible ou privada colaboraron e garantiron a pervivenza da cultura galega na Arxentina.

A asociación civil Herbas de Prata xurdiu no ano 2007 en Bos Aires coa intención de achegarse ás galegas da diáspora para pensar e traballar por e para elas. O colectivo está integrado por persoas de todas as idades e de todas as profesións que, de xeito transversal ás institucións e asociacións da colectividade galega na Arxentina e tamén fora dela, buscan abrir posibilidades de debate e proxectos colectivos enfocados nas galegas.

Máis información: herbasdeprata@gmail.com
http://www.herbasdeprata.blogspot.com


Chúzao | del.icio.us

Un Comentario »

  1. o+vello+pancho... — 27-02-2008 - 18:57:10 GMT 2

    ONTE FOMOS O BLOG DO DIA EN A NOSA TERRA DIXITAL :

    Martes, 26 de febreiro de 2008

    PORTADA GALIZA DEPORTES SOCIEDADE CULTURA ECONOMÍA TECNOLOXÍA SAÚDE EDUCACIÓN ESPAÑA MUNDO
    Portada | BLOG DO DIA
    http://revirate.nireblog.com/
    Cultura e música nas ondas galegas
    Redacción . O Vello Pancho, este é o pseudónimo que utiliza un bloqueiro galego para falar de música, cultura ou poesía.

    26.02.2008 | 11:03

    No seu último post, o Vello Pancho destaca a actividade do colectivo de mulleres emigrantes Hebas de Prata, do que destaca o seu esforzo por espallar a cultura galega en todo o mundo.

    O Vello Pancho mestura a cultura tradicional cos novos movementos musicais e na súa páxina conviven dende Benedetti ata Castelao, pasando por Eduardo Pondal ou Laura Canoura.

TrackBack URI

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>