Cuba, ¿ Feira do libro? !e moito mais!
Chile e Peru interesados en traducir autores galegos...Oscar Fernández dos Cempes, ou ex...toca a zanfona na Habana...E Galiza e máis internacional e coñecida aínda que lles foda os do PP...Dezaseis anos e nunca tal cousa fixeran ...E claro se eles non o fixeron ....era porque Galiza non esixtia...E un invento dos nacionalistas eso de Galiza Nazon...Co bos que eran . La verde región del noroeste español...Bueno eche o que hai...
A XIII Feira do Libro da Habana foi unha gran festa. Unha romería da cultura, un pasaruas das letras, unha festa extraordinaria onde libros, papeis, acentos, voces e palabras fundironse con xeados, tukolas, cervezas Bucanero ou Cristal.
Esta Feira do Libro cubana e un auténtico fenómeno social. Pola afluencia inmensa de visitantes , e sobre todo, polo nivel cultural da xente, do pobo en xeral. Noutras partes do mundo unha Feira e puro comercio, unha simple compra-venta de obxetos, contratos e servicios. Pero aquí non e só iso. Estos dez días foron, dende logo, moito máis. Foi un intercambio de ideas, onde novelistas, historiadores, analistas, políticos, poetas, científicos, economistas, arquitectos, filósofos, contistas e autores de tiras cómicas intercambiaban ideas e proxectos coa xente e acababan disolvéndose nunha marea human rebosante de pioneiros, avos, militares, noivos, chavalería e familias enteiras, nun traxín enorme e repleto de demandas e ofertas que apenas daba tempo a dixerir y asumir. (Por certo, tomen nota outras feiras do magnífico espacio que era o Pabellón Infantil -sí, os nenos aquí contan, e moito-). Nalgún aspecto esta Feira recorda a Feira do Libro Vasco de Durango , Onde tamén acuden centos de miles de persoas, familias enteiras que enchen o recinto durante apenas cinco días en defensa da sua cultura, que se sustenta, básicamente, nunha lingua de seu, a vasca. Quizáis sexa ésa a razón para que poida establecerse un paralelismo entre ambos eventos. Porque cando unha cultura está ameazada e un pobo está san e ulisquea o perigo (do tipo que sexa), se volca e acude a defender o seu.


Chúzao
del.icio.us




![Validate my RSS feed [Valid RSS]](http://revirate.nireblog.com/blogs/revirate/files/valid-rss.png)













