Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

O disputado voto dos emigrantes...

Onte empezou a campaña electoral cara o 9-M, un espera que agora que melloraron as comunicacions e as novas estan case que en segundos entre a Terra Nai e a diáspora, xa ninguén nos venderá espelliños de cores, como fixeran os "descobridores" e tamben reflicte a canción Maldición de Malinche...
Pero o feito real e que deica agora a uns e outros hospedes da Moncloa sirveulles falar e falar de mellorar as garantias do voto da diáspora, e tendo maiorias para lexislar i executar non o fixeron...E recoñecendo propostas acaidas e garantes dun proceso limpo e democrático, non fixeron nada por subsanar este mal que ataca o cerne mismo da nosa calidade democrática, e nembargantes non pon a faciana de cores a ningún destes encantadores de serpe que cada dous por tres nos veñen a decir que pa próxima...E o certo e que un xa non se pode fiar máis destes predicadores de cuarta...E menos dos "axentes" sexan de donde sexan...Eu manifesto públicamente que quero que Galiza conte no Estado, que teñamos unha voz propia que defenda os intereses do País, por riba dos partidarios,e que durante anos a miña voz representouna o compañeiro Paco Rodriguez...Dende Castelao deica agora nunca ninguén puxera a Galiza nas contas de Madrid...E vaia se foi un leal servidor o País...Ou minto nesta aseveración ? Lembro cando Fraga puxo a caer dun burro a os seus levantamans galegas e galegos que "ian" a estar sentados no Parlamento para levantar a man cando o sinal chegaba :
..." Tedes que traballar como os do Bloque, son tres e parecen trescentos"...
E así era, era a verdade máis rigorosa do octoxenario de Vilalba.
E dito isto reitero a miña vontade de dar o meu prezado voto a noble e leal causa de que Galiza decida en Madrid...E cambeo un ferrolan de nacemento por outro de orixen : O meu voto é para Paco Jorquera , sabedor de que máis que nunca precisamos da presenza do BNG en Madrid...
E queda dito O Vello Pancho vota BNG, e vostede vexa e compare : Quen pelexou denodadamente por poñer alternativas enriba da mesa a respecto dos nosos sectores productivos amenazados polas políticas de uns e outros, pero sen ter en conta a Galiza ? As infrastructuras e en primeira liña os camiños de ferro, non foron prioridade e teimosía nas iniciativas parlamenteres de Paco Rodriguez; O sector naval, o gandeiro, a seguridade das nosas costas... E Olaia non defendeu acertadamente todo o relacionado cas politicas migratorias en xaral...? Enton, a vista disto, pense e medite pero o 9-M por riba de todo delle forza a Galiza, delle nesta volta o voto o BNG...Non lle a pesar!!

Ou se prefire ós tratantes de turno recapacite cas noxentas prácticas que describe neste artigo Carlos Aymerich .

“Axente dobre en Soneira”, un artigo de Carlos Aymerich
Inspirada no caso Philby, a novela “O factor humano” de Graham Greene relata de xeito maxistral as razóns morais que levaron ao axente británico Maurice Castle a espiar ao servizo da URSS, e as regras, nada morais, que rexen o funcionamento dos servizos secretos. A principal delas, ben coñecida polos afeizoados ao xénero, a de que un axente vale tanto como a información que posúa.
A xulgar polas confesións de María Isabel Blanco, alén da espionaxe tal máxima é tamén extensíbel aos axentes electorais. Onte ao servizo do PSOE, a Sra. Blanco pasa a servir o PP empregando a información que posúe como salvoconducto. Información, por certo, ben interesante: emigrante retornada en situación económica precaria, María Isabel é contactada polo alcalde socialista de Vimianzo como gancho electoral na Arxentina. Na última campaña das municipais, contratada polo sindicato Unións Agrarias (UUAA) através da “Unión de Viticultores do Castro”, viaxou a Buenos Aires para facer campaña por Félix Porto – candidato en Muxía e dirixente de UUAA – e outros candidatos do PSOE cun billete pago pola Secretaría Xeral de Emigrazón facilitado pola deputada Marisol Soneira. As leas internas no PSOE soneirán, cun rexedor vimiancés botado nos brazos do PP como se de Orozco se tratase, explican a deserción muito mellor que as razóns de consciencia aducidas pola interesada. Miseria, fraude, diñeiro suxo … eis os elementos para unha boa novela negra. Que tal “A fraude de Soneira”?

Todo segue na mesma. Entre cheques e axentes electorais, PP e PSOE cruzan acusacións de fraude ao tempo que trafican co voto exterior e se negan a reformar a lexislación electoral. Até o seguinte escándalo.


Chúzao | del.icio.us

Non hai Comentarios »

TrackBack URI

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>