Galiza na Feira do libro na Habana
Do 13 ao 24 de Febreiro, Galicia estará presente en Cuba para divulgar e difundir a nosa actividade cultural en Latinoamérica.A Feira do Libro da Habana (FILH), consolidada a nivel internacional como unha das grandes referencias da industria editorial e como a actividade cultural máis relevante do país cubano durante o ano, alcanza este ano a súa XVII edición. Avalada polas cifras dos últimos anos, a organización prevé un novo éxito de participación, difusión e vendas desta nova cita. A Feira da Habana convértese así para a cultura galega nunha privilexiada porta de entrada en Latinoamérica, plataforma de difusión e promoción da nosa produción cultural nun ámbito de especial interese para as nosas creacións culturais
.


Chúzao
del.icio.us





![Validate my RSS feed [Valid RSS]](http://revirate.nireblog.com/blogs/revirate/files/valid-rss.png)













