Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

RECURSO MAIS UNHA VEZ O VOTO EMIGRANTE

Un xa empeza a estar farto do tema voto dos residentes ausentes...Todos o queren facer trasparente, todos queren que sexa en hurna, e mesmo se anuncia a incorporación o CERA, dos netos ou fillos ( Que aínda os hai a moreas sen nacionalidade ) , cando conquiran a nacionalidade.

urna.gif

Anuncio que as cifras resultantes van ser de escándalo...E irremediablemente eso vai a levarnos a regular o dereito de voto. Ver en que eleccions este pode ser normal, i en cales pode resultar unha verdadeira pesadela, sobor de todo por o que pode supoñer, poño por caso, nos municipios de forte colectividade emigrada, sen coñecemento directo da vida municipal, e polo tanto % de residentes ausentes poden darlle un volco os resultados finais, votando mesmo para decidir en sentido contrario o votado polos que viven todo o ano e sofren ou se lles troca a posibilidade de mudar os destinos municipais...Con un voto descoñecedor da realidade.

Nesto temosche moita demagoxia e compre saber o que propon cada quén. E podemos ver : Polo actuado deica agora, os partidos maioritarios, os dous sempre querian mudar este voto e regularizalo...Para as vindeiras eleccións, e levo vendo isto dende vai xa varias lexislaturas... Promesas e máis promesas pero non vontade política de definir o asunto.

E neste senso, sempre foron a remolque das propostas feitas en Galiza i en Madrid polos nacionalistas...Esto e unha verdade irrefutable.

Agora unha cousa sen sentido, a promesa de conquerir a nacionalidade en base a Lei de Memoria Histórica, Estatuto dos Cidadans españois no Exterior e non sei que máis se lles pode ocorrer os iluminados de turno... Co fácil que seria abordar as pertinentes reformas de Constitución e Codigo Civil , aínda e cando compre ter a vontade política de encarar, e non adiar o asunto.

Outra cousa que me deixa perpléxo e que medre o censo e teñamos provincias que perden escanos...E así é...Ou minto eu?

E penso que tampouco minto cando digo que diputados/as galegos/as, nunca tiñeron a valentia de apoiar a o Bng, para que Galiza recibise do Estado en función desta población total emigrada, correspondentemente reflexada no censo de cada municipio; E cantos recursos non teríamos para asistir a población emigrada que realmente o necesita? ...Incluso nesto nin teñen visión de País, nin lles importa a colectividade...Soio o voto, aínda e cando poñen cariña de santos para chegar á fibra da xente, e logo perante as distintas lexislaturas, este voto utilizouse contra a propia emigración.

E direi sinceiramente que habilitar unha circunscripción para a diáspora, penso non recoñeceria a pluralidade social, a non ser que cambease a lei ou se implementaran medidas correctoras a o perverso sistema electoral a respecto das minorias...

E finalmente, coido se entende en que casos abogo polo dereito constitucional a termos voto; Eu aspiro a máis auto-goberno para Galiza, e a facultade de poder decidir en temas como emigración e inmigración; Lexislar por tanto, e non poden as nosas xentes da diáspora quedar a marxe... E se fose vontade deles os que residen no Estado español, deberian ter este dereito a decidir nas cuestións nacionais de Galiza, e os mariñeiros votar aproveitando as novas tecnoloxias...Resulta noxento que paises que chamamos do terceiro mundo, nesta materia nos fagan poñer a faciana de cores...O mao e que algúns nin con esas daprenden.

E para abundar no tema : Quen recolle o guante ou “ordago” como se reflicte na prensa do día : Galicia Hoxe.

Artigo enviado por “ O vello Pancho”.


Chúzao | del.icio.us

Comentarios(3) »

  1. senunpesoaloloco — 10-02-2008 - 03:19:21 GMT 2

    Este e un debate aprazado no tempo, unha e outra vez, no que están en xogo demasiados intereses para as forzas políticas estatais, que non se comprometen a abordalo con transparencia e claridade.

  2. o+vello+pancho... — 20-02-2008 - 01:55:50 GMT 2

    Vexan outro artigo sobor do tan preciado voto dos emigrantes...Como en botica ou no Corte Inglés : Para todos os gustos:

    VOTO EMIGRANTE
    ANTÓN BAAMONDE 19/02/2008
    Entre los emigrantes gallegos, como en el interior del país, ha habido de todo. Ha habido gente como don Manuel Puente, que se abrió camino en Buenos Aires y que usó su peso y su dinero para sostener a Castelao, al Consello de Galiza y a la causa republicana. O como Ramiro Isla, que hizo radio en gallego en Montevideo mientras en el interior Franco estaba ahí. Pero también han existido aquellos otros, como Chico Recarey, de vidas violentas y nada ejemplares, que manejaron el lado oscuro de Rio de Janeiro y otros lugares. La historia de nuestros gangs está por escribir, pero también ha existido.
    El derecho al voto de los emigrantes existe en 104 países y sólo 9 garantizan su representación política
    A la Galicia del exterior, como a la del interior, hay que hacer el esfuerzo de entenderla de un modo lacónico, evitando la demagogia y el sentimentalismo. Estando a la altura de sus logros y de sus miserias. Los gallegos han marcado la historia de Argentina, han construido hospitales benéfico-asistenciales en fechas tan tempranas como el del Centro Gallego de Buenos Aires, pero también se podrían narrar muchas historias acerca de lo que Celso Emilio Ferreiro dio en llamar con acritud "o país dos ananos".
    Desde luego, Galicia tiene una deuda con su emigración. El país está sembrado de escuelas pagadas por los indianos en las primeras décadas del siglo XX, y las remesas de los emigrantes en los años 60 y 70 han sido parte importante de la acumulación de capital sin la cual el progreso no es posible. Pero esa deuda no puede ser cobrada en cheques pagados por instituciones del país y entregadas por dirigentes de un partido, como ha hecho el señor Núñez Feijoo en su reciente visita al Centro Gallego de México.
    No puede ser que poco a poco vayamos erradicando entre nosotros el caciquismo y el clientelismo, y que al mismo tiempo lo reproduzcamos fuera, ahora que es allí dónde se encuentran los gallegos con derecho a voto en posición más débil. Lo que pasa con el voto emigrante es, para decirlo rápido, una infamia, una vergüenza que ningún país moderno y democrático se puede permitir. Las leyendas urbanas sobre sacas de votos fraudulentos o el voto de los muertos no pueden seguir subsistiendo. No pueden ser legítimos votos que no se realizan ante una urna y con la garantía de que quién lo hace es el que consta en el censo. Eso es lo mínimo que se puede exigir.
    En unas jornadas, organizadas por el Consello da Cultura Galega de la mano de Xosé Manuel Seixas y Anxo Lugilde, hemos podido constatar que lo que sucede con el voto emigrante en Galicia es una anomalía sin parangón en el mundo. Para empezar, es Galicia, sólo superada por Cabo Verde, el país del mundo con un peso más amplio del voto emigrante (6,3%). De los 192 países con presencia en la ONU, sólo 104 reconocen el derecho al voto exterior y, de ellos, sólo nueve garantizan la representación política de los residentes en el extranjero. Que el resultado penda del voto exterior es prácticamente imposible en la amplia mayoría de los casos, y a veces, como en el caso de Italia, se diseñan filtros para dificultar o impedir esa posibilidad.
    Resulta extremadamente difícil que suceda en parte alguna lo que pasó aquí con la victoria del bipartito: que pendió de un dudoso voto exterior durante unos días. Desde luego, si un día el Gobierno de la Xunta pasa a manos de tirios o troyanos con votos bajo sospecha ello sería devastador para su legitimidad y la de la autonomía. La responsabilidad de los tres grupos del Parlamento debería instarles a un pacto que evitase una perspectiva así. Es, por cierto, una posibilidad cada vez más probable, si se tiene en cuenta que desde 1996 el censo electoral, en muchos casos de manera inducida, no ha hecho más que crecer exponencialmente. El reconocimiento del derecho al voto a nuevas generaciones de descendientes no puede más que incrementarlo.
    Es una posibilidad, además, facilitada por la Ley electoral, sin equivalencia en nuestro entorno, muy generosa en el derecho al voto de los emigrantes -no lo es tanto, sin embargo, para los inmigrantes, para los nuevos gallegos o españoles. Pueden votar en todas las convocatorias, desde las municipales hasta las generales; gracias a los tratados de doble nacionalidad pueden hacerlo en los dos países, sin tener que optar; además, según algunas voces la continuidad intergeneracional del derecho al voto puede llegar a ser ilimitada. Pero lo peor es la falta de garantías del proceso electoral, que puede conducir al fraude masivo, en especial entre la emigración americana.
    Desde luego, es importante para Galicia mantener y fortalecer sus relaciones con la diáspora, que puede ayudar a su papel en el mundo de las redes y los flujos globales, y crear mecanismos de inclusión política favorece esa labor. Por supuesto, la ayuda a los gallegos que viven situaciones difíciles, especialmente en América Latina, no puede ponerse en cuestión. Pero el mercadeo de los votos al peor estilo del Tammany Hall del Nueva York del siglo XIX o de la España de la Restauración debe pasar a la historia.

  3. o+vello+pancho... — 20-02-2008 - 17:02:47 GMT 2

    Gostame facer aportes de xente que non fala en teoria, a nosa querida Ana é unha emigrante máis, persona que escribe con coñecemento de este mundo da inmigración-emigración, unha das persoas galegas que ten choerencia e autoridade nesta materia; Por iso a sua opinión merece ser difundida :

    Artigo de opinión de Ana Miranda sobre o voto da emigración
    A responsábel da Comisión da Emigración do BNG analiza nestas liñas a situación do voto na emigración

    Santiago de Compostela, 4-2 2008.- A responsábel da Comisión da Emigración do BNG, Ana Miranda, escrebe un artigo de opinión sobre a emigración e o seu voto que xa víu a luz en La Opinión.

    ALGO MÁIS QUE UN VOTO...

    D. Ramón Suárez Picallo, deputado galego nas Cortes de 1931, residente en Bos Aires e Chile Eleccións Xerais inminentes. Cuestión sobre o voto emigrante. Debate, reforma, manipulación, discriminación, falla de garantias... Hai anos que se manexan as mesmas críticas. Ningunha solución. Discurso repetitivo e pasividade. Imaxe distorsionada que confunde diáspora con voto. Diáspora galega, algo máis que un voto. Como consecuencia da emigración, un dos fenómenos que desgrazadamente marcou ao país durante os séculos XIX e XX, e aínda na actualidade, deu o resultado que Galiza sexa unha realidade diaspórica.

    A emigración é o feito, e a diáspora a consecuencia. Galiza, experta en globalización pola cara humana da emigración galega que forma parte da historia das migracións internacionais. A internacionalización de Galiza é unha necesidade en todos os eidos, e non ter en conta a nosa diáspora, tornaríase nunha Galiza mediocre que non olla cara a facilidade que súa emigración lle permite abrir portas internacionalmente en todos os campos. Unha realidade galega exterior aínda non artellada, non vertebrada, non organizada en torno a un gran proxecto en rede, aínda en construción pero con enormes potencialidades.

    Partindo dese marco amplo, asistimos á inminencia dun novo proceso eleitoral e ao debate recorrente que xurdiu sempre pola inxustiza e a posibilidade de vulneración do sistema, polas eivas democráticas e pola utilización que partidos de ámbito estatal usan deste, ben sexa co seu consentimento ou pola pasividade de non apostar pola reforma do sistema eleitoral vixente como as sucesivas e permanentes propostas que sempre fixo o BNG para reformar o sistema actual cara a un con garantías, igualdade e seguridade xurídica. Vólvese falar da diáspora, con avizosos ollos eleitorais, cunha visión estreita, limitada. Esta realidade exterior existe, e se a súa participación non funciona, hai que reformala, pero nunca retirando dereitos, senon establecendo cláusulas de participación reais, como podería ser unha reformulación do voto municipal.

    Por iso cómpre dignificar e sobre todo enfocar o discurso en materia migratoria, non dende esta perspectiva de arriba abaixo Galiza-Exterior, senón máis integral, que toque o tema do voto como un eixe máis desa relación bilateral, e tamén escoitar algo mais á diáspora, preguntar e coñecer o que pensan os nosos residentes no exterior e levariamos moitas sorpresas, moitos non queren votar nas eleccións municipais, pero si queren ter formas de participación e vese que moitas denuncias veñen do exterior que empeza a tomar concencia e non quere sen manipulado por ninguén, se cadra, son eles os que terían que dar unha lección democrática a políticos que os tratan como gando e non como persoas.

    É inxusto culpabilizar ao emigrante galego, que xa bastente tivo con ter que marchar por motivos sociopoliticos e económicos, de ser o culpable que o sistema funcione. Ninguén emigra por vocación ou turismo, e as consecuencias son moi duras. Esa trampa perversa de culpabilizar aos residentes no exterior das feblezas do sistema, das manipulacións que fan os aparellos de certos partidos, non do BNG que nunca tivo nin vai realizar ningunha destas prácticas indignas pois os votos non valen a calquera prezo, e é necesario denunciar esas prácticas corruptas, manipuladoras, indignas.

    Tampouco caer na técnica de cuestionar os dereitos ou querera, limitalos, ou incluso, anulalos. A culpabilidade das vulneracións e vicios está no sistema, na lei, non no individuo, e en quen baixo súas lagoas, se aproveita. Os dereitos só se anulan nas ditaduras, os dereitos refórmanse, costou moito traballo acadalos, como o dereito ao voto, como para atacar a dignidade dos emigrantes galegos, que dende logo, non son os culpables de que este sistema sen urnas e garantías exista. Curiosamente, unha boa parte da diáspora está en contra de votar nas eleccións municipais, non vota nunca nin votaría pero si vota nas xerais, europeas ou autonómicas, e demanda participación, sexa politica, social, cultural.

    Esa participación ben podería darse: a) reformando o sistema sen mais dilacións, b) propondo a circunscrición para a Diáspora Galega, con representantes a nivel estatal e galego, como o caso de Italia e a Circunscripzione Estero, dividida en catro áreas con capacidade de elixir 12 deputados- as e 6 senadores-as c) non subestimar as diáspora e mellorar a comunicación en ambos sentidos, porqeu unha boa parte, recibe información nesgada, non coñece ben a realidade pero outra si está ben informada grazas ás novas tecnoloxias, e até pagan por ver a TVG e non a prezos baratos por estar emitida en cadeas privadas.

    A diáspora galega, é algo mais que un voto, é unha realidade, goste ou non, ten un potencial remendo, e non hai que lembrarse dela só nas eleccións nin asociala só coa axuda sociosanitaria ou o retorno —xa imposible e abandonado para toda unha xeración— senon tamén a novas oportunidades nos eidos empresarial, cultural, turístico e no campo das tecnoloxías. Urxencia en democratizar o sistema, pero tamén a galeguidade na diáspora para facela facer partícipe do futuro da nosa identidade no mundo desa Galiza Global que representan ás persoas e os proxectos.

    GRACIÑAS ANA : Ana, O Vello Pancho sabe que máis cedo que tarde os esforzos xenerosos e a túa entrega terán o seu recoñecemento; Como o que xa che temos os que te coñecemos dende tantas loitas e algunhas veces incomprensións...
    Bicos a Xulia e a ti compañeira moita forza!!

TrackBack URI

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>