NOVA SELECCIÓN GALEGA DEBUTA FRONTE URUGUAI
Decia o Guieiro Alfonso Daniel Rodríguez CASTELAO, cando visitaba a os galegos de Montevideo...”Sodes mellores que moitos dos daló na Terra...A verdade e que entre vos atópome na Capital da Galiza Ideal ...”, e así segueron a recoñecer a hospitalaria cidade de Montevideo, donde nacera o Consello de Galiza, e donde o mes de xullo era un mes enteiro adicado a espallar todo tipo de manifestacions culturais galegas.
Sempre e unha ledicia que unha selección do Pais, debute no eido internacional, e se é contra un pobo irman, mellor que mellor; Se onte foi a de fútbol de campo, a de fútbol once , maña vai ser a de fútbol de salón, como adoptan chamar os uruguaios, o futbol sala...
E nin que decir se o debut, a estrea e nunha comarca donde tantos dias de gloria tivemos con esta especialidade deportiva, Quén non vibrou con as terdes que nos bridaron O Parrulo ou o mesmo Boandanza...?
Facer a estrea na Malata, cun seleccionador como Bruno, e cunha selección como Uruguai resúltame emotivo, e desexo que as expectativas e aposta da Secretaria Xeral para o Deporte, colmen os nosos anceios...E no eido deportivo, que gane o mellor...
Desexar que a delegación do pobo uruguaio irman, sinta o calor da sua barra, e unha estadia proveitosa e de felicidade plena en terras galegas...
O vello pancho
Leer máis...


Chúzao
del.icio.us




![Validate my RSS feed [Valid RSS]](http://revirate.nireblog.com/blogs/revirate/files/valid-rss.png)














ACHEGASE O DIA DO DEBUT
VEXAN A PRENSA:
Seleccións Galegas
A selección concéntrase un día antes
Redacción . Os xogadores do combinado galego de fútbol sala adestrarán o xoves no recinto da súa estrea ante Uruguai, que xa está en Ferrol.
27.02.2008 | 16:12
Presentación do debut da selección
Os xogadores da selección galega de fútbol sala concentraranse este xoves as dez e media da mañá para preparar o histórico debut de Galiza ante Uruguai no Ferrol (venres 29 ás 21.00 na Malata de Ferrol). Os dous seleccionadores, Bruno García e Javier Pardeiro, programaron o penúltimo adestramento da selección para ás cinco da tarde no escenario do encontro. Trala sesión, os dous seleccionadores comparecerán ante os medios de comunicación na sala anexa á pista e posteriormente os xogadores asinarán autógrafos e sacar fotos cos nenos e nenas asistentes ao adestramento.
A selección de Uruguai chegou este xoves a Ferrol e adestrará pola mañán no recinto do encontro