Colocan un artefacto explosivo na caseta dunha urbanización de Miño
Unha bomba de escasa potencia estoupou na madrugada deste venres nunha caseta comercial dunha urbanización que se está a construír en Perbes (Miño). Segundo informaron fontes da Garda Civil a Europa Press, o atentado só causou pequenos danos materiais. O atentado tivo lugar na urbanización 'Costa de Miño', que está promovida pola empresa Fadesa.
Un veciño, que escoitou a deflagración, avisou aos axentes pouco antes das cinco da mañá. Até o lugar dos feitos desprazáronse especialistas en explosivos para tratar de averiguar a composición da bomba. Segundo a axencia Europa Press, os axentes coidan que esta última explosión garda relación con outras que nos últimos meses se lle atribuíron á Resistencia Galega.O que non saben os de Europa Press é o descontento no que viven os donos dos terreos expropiados.


Chúzao
del.icio.us




![Validate my RSS feed [Valid RSS]](http://revirate.nireblog.com/blogs/revirate/files/valid-rss.png)













