Turismo rural
Trasladate ao rural e sinte nas tuas orellas eses sons que levas moito tempo sen escoitar , pero que tes gravados no teu disco duro.
!
Tags: ARQUIVO SONORO
Chúzao |
del.icio.us
Trasladate ao rural e sinte nas tuas orellas eses sons que levas moito tempo sen escoitar , pero que tes gravados no teu disco duro.
Tags: ARQUIVO SONORO
Chúzao |
del.icio.us
PARABENS e felicitacions, son o visitante 4000 !! Grato lembrar estes sons, e un que foi criado na aldea da aboa, pertiño dos montes que daban nome a familia,ten uns gratos recordos aínda e cando tiña que camiñar perto de tres kilómetros a pe deica a escola do querido mestre D. Andrés Varela Peteiro ( No andar do tempo, soupen da sua coherencia galeguista e republican , e que mesmo os fascistas, perante a longa noite fixeranlle cavar a súa propia e derradeira morada...Alegrome que se salvara e poder acudir a súa escola...)
E saberedes que eu tamén fun cas vacas, botei auga o prado pra regar, seguei no trigo e esfollamos mainzo...Ainda que o dia máis feliz era cando cocias o pan na casa, a boliña con leite era un manxar...e mesmo da aldea a mariña mandabamolo polo recadeiro, Embeande coido que se chamaba e era leiteiro. Logo darredor do leiteiro andaba na mariña o vello Mendaña, maragato él e que tiña unhas cualificadas oledeiras, sempre probaba o pan fresco de aldea, e se ia carne de cocho, pedialle a miña vella o rabo, decia él que para ons cans...E a miña nai respondialle: "Mire D. José, e logo os ricos tamen gustan da carne de porco"...Sabiduria popular. Pobres sí, pero non parvos!! E lembrome do dia da tremenda turrada da vaca pinta, que me mandou o teito da morea de leña que no curral tiñámos pra cocer...
En fin, e boa cousa exercitar a memoria...
saiban todos vostedes que o vello pancho tamén foi un neno labrego...Un Balbino anónimo como centos de milleiros en todo o noso País...