Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A TVG xa funciona através de Zattoo

zattoo_cuatro-420x264.jpgA plataforma de retransmisión televisiva a través de tecnoloxía P2P, Zattoo, está a ser moi ben acollida en España como unha solución para ver a televisión no ordenador sen precisar dunha tarxeta sintonizadora, contando só con conexión á Rede; e para celebrar as festas incrementan a súa oferta de canles con Aragón Televisión, TVC Internacional, Popular TV, Canal Parlamento e The Poker Channel e, durante o mes de xaneiro tamén incluirá Bloomberg TV e TVG Europa.
Na actualidade Zattoo xa permitía ver dende ordenadores españois as canles ABC News Now, Antena 3, Cuatro, Deutsche Welle, Extremadura TV, France 24 English, La 1, La 2, laSexta, SF info, Telecinco e TVP Polonia.
Por desgrazas para os usuarios desta plataforma, a incorporación de 7 novas canles vén acompañada co cese de 2 canles de RTVE, Teledeporte e Canal 24 Horas, que abandonan o servizo a petición do ente público estatal.
Enlace: Zattoo

Tags:
Chúzao | del.icio.us

Non hai Comentarios »

TrackBack URI

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>