Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Concello de Miño--O servicio pediatrico

No concello de Miño existe

un só centro de saúde. Iso
trae aparellado, ata o de
agora, que só se dispoña dun
pediatra para unha poboación
que puideramos estimar nuns
5.500 habitantes grosso
modo. Obviamente non se
trata de 5.500 potenciais
doentes pediátricos. Agora
ben, debemos ter moi en
conta dous factores certa-
mente destacables: estamos
a falar dun municipio (centro
urbano) cunha alta taxa de
natalidade, o que, como é
lóxico, aporta un número
importante de casos á referi-
da “bolsa” de pacentes pediá-
tricos. Por outra banda (e non
menos importante), non debe-
mos esquecer que Miño é un
importante núcleo de turismo
de vacacións en temporada
estival; consecuencia disto é
que a poboación real no
verán, sumando a poboación
censada e a poboación flotan-
te puidera estar moi por riba
do dobre dos estimados 5.500
habitantes en inverno. Como
é natural, turistas, veranean-
tes... non regresan aos seus
lugares de orixe no momento
no que se presenta un caso
que require de atención médi-
ca, sexa en pediatría ou en
calquera outro ámbito médico.
-A pediatra do centro de
saúde de Miño vese obrigada
a ausentarse dous días ásemana do seu habitual posto
de traballo (a partires das
doce do mediodía) para pres-
tar os seus servizos noutro(s)
centros de saúde alleos. Esas
horas de ausencia non son
cubertas por outro/a pediatra.
En canto a ausencias non
cubertas temos un exemplo
moi recente. En pasadas
datas, a pediatra causou
baixa médica durante case
dúas semanas. Dita baixa non
propiciou a súa substitución
por parte doutro profesional
de igual especialidade, senón
que foi asumida a súa consul-
ta por outros doutores de
medicina xeral do mesmo
centro de saúde; indo isto en
menoscabo do tempo e aten-
ción prestada por ditos douto-
res aos seus respectivos
pacentes.
-O actual alcalde do Conce-
llo de Miño, o señor Juan
Maceiras, era e é ademais
doutor no referido centro de
saúde; tendo ademais res-
ponsabilidades nun pasado
non moi lonxano nun impor-
tante cargo da administración
sanitaria da Xunta de Galicia.
Non sería de estrañar, polo
tanto, que o Sr. Maceiras sexa
perfecto coñecedor das cir-
cunstancias concretas que
afectan ao centro de saúde do
concello por el gobernado e,
como non, ao intríngulis da
Consellería de Sanidade e
aos resortes da mesma que
deben ser pulsados para con-
seguir determinados fins de
interese para o cidadán.
¿Está o Sr. Maceiras obrando
en consecuencia e polo tanto
estudando as solucións perti-
nentes para os problemas
prantexados?.
Queremos
pensar que así é.

Tags:
Chúzao | del.icio.us

Non hai Comentarios »

TrackBack URI

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>