Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Mercadiño de troco en Ferrol

logo_consumes_ou_devoras.jpgEste domingo día 16 de decembro Verdegaia Ferrol organiza un mercadiño de troco, tal e como se vén celebrando nos diferentes núcleos comarcais. O comezo deste mercadiño alternativo ao consumismo actual comezará ás 10.30 h no Edificio provisional do Mercado Central de Ferrol. Por iso, invitamos a todos/as aqueles cidadáns que desexen trocar calquera obxecto a que acudan á cita.

O troco é un sistema de mercado no que se ten en conta o valor das cousas, non o seu prezo en moeda. Conleva unha reflexión previa sobre o que valoramos e o que non valoramos do que xa posuímos, diminúe a produción de residuos, posto que aquilo que xa non é útil para unha persoa, si pode selo para outra; diminúe o impacto do transporte, posto que pasa dunhas mans a outras dentro da mesma cidade. Neste senso, tamén é un xeito de achegar ás persoas e poñer en cuestión o valor actual dos cartos, amosando un xeito para consumir á marxe do capitalismo.

A selección e avaliación dos obxectos establécese mediante un sistema de vales: cando se recibe un obxecto, a organización outórgalle un, dous ou tres vales, e son eses vales os que despois se trocan polos obxectos que, á súa vez, custan un, dous ou tres vales (ex.: 1 libro=1 vale). Non existe límite de idade para participar. Finalmente, aquelo que non é trocado débese levar novamente para casa.

Trocaránse todo tipo de obxectos como libros, menaxe de cociña, artesanía, audiovisuais, xogos e xoguetes, roupa, aquelas cousas que poidan ser de interese para outras persoas


Chúzao | del.icio.us

Non hai Comentarios »

TrackBack URI

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>