Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

OS CANTEIROS

"Os argbinas, humáns andios e xidos que mariñaron arria xidavante deñándolle videmes, ormeando do deixo asives testemudo do muriar abatido de soi polos luceiros danglionos".

Non é francés, nen lingua romance de nengún xeito, é latín, o dos canteiros que tanto gharruaron polo País deixando a súa pegada anónima en cada pedra, en cada recuncho para deleite de propios e alleos.

E di o texto: "Os canteiros, homes bos e xenerosos que fixeron da pedra arte e vida, deixando así testemuña do seu labor calado ao longo dos séculos".

Se o labrego e quen labra a terra, o canteiro é quen labra a pedra para, un e outro, quitaren dos seus medios, os froitos para vivir. Froitos obtidos de sempre, dun nada agradecido e duro traballo feito día a día e a reo, desde a alba até o solpor. Iso si, coa sorna propia da profesión que lles serviu coma de escape para levar con tempero tan dura labor.

Se ben é certo que a pregunta é a de se hai algún traballo que se facía de vello que non fora duro... ?.

0 verbo ou latín dos canteiros apresenta as súas orixes na idade media co xurdir dos gremios e en diversas linguas de procedencia tales coma o latín, o galego, o vasco, catalán, francés, etc. Hoxe en día aínda quedan algúns canteiros maiores que intervan o verbo mercede ao que é posíbel a escolma de arredor dunhas catro mil palabras coas súas variantes en toda Galiza. Foi usado de forma oral polo que se conserva moi pouco na escrita motivo polo que o seu segredo se mantivo máis agochado e mellor que no caso doutras xergas.

Pero se isto resulta abraiante, non o é menos, é, a simboloxía deixada nas pedras desde o románico e o gótico ateigada de silencio e misterios aínda hoxe sen descifrar. Un código segredo, a sua sinatura; o seu sinal de participación, unha certa seña identitaria, ..., quen sabe?.

De calquera xeito, o maxín segue no seu dereito de ser libre e cada quen, pode crer e pensar o que estime máis oportuno.

Grazas a todos, por tanta labor silenciada no tempo!
canteiro.JPG


Chúzao | del.icio.us

Non hai Comentarios »

TrackBack URI

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>