Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Os curas fusilados polos franquistas

os_curas_fusilados_polos_franquistas.jpg¿En qué Código Penal se castiga a un pai que protexe aos seus fillos?". Con esa pregunta xustificaba o crego párroco de Barallobre (Fene) D.Antonio Casas a súa actitude de protección das persoas de esquerdas perseguidas polas tropas sublevadas en 1936. Diante da Casa Reitoral de Barallobre, un pelotón formado por milicianos falanxistas e gardas civís, fusilaron sen xuizo previo ao crego párroco do Val de Xestoso (Monfero) D.Andrés Ares Diaz. Eran as 23 horas do 3 de outubro de 1936.
Don Andrés foi párroco do Val de Xestoso en Monfero, dende 1931 a 1936. Nacera no lugar de Fonte Miña en Corbelle (Vilalba) en 1891. Segundo fontes orais, alí levaba a organización das festas e tiña no seu poder a recadación das mesmas. Ao iniciarse a sublevación militar en xullo, quedan suspendidos os festexos dos Remedios -o primeiro domingo de setembro- e os falanxistas esíxenlle que aporte o diñeiro das festas para as forzas sublevadas contra a República. El négase e detéñenno acusado de colaborar co "Socorro Rojo". Levanno a Pontedeume, onde se atopa Pilar Franco, a irmán do dictador, e logo a Barallobre para amedrentar ao párroco Don Antonio Casas, sospeitoso de colaborar cos republicanos. Andrés Ares confésase co crego de Barallobre, e lle entrega 200 pesetas e 1 reloxo. Ao baixar da Casa Reitoral fusílanno contra o arribón situado fronte ao cemiterio parroquial.
O seu caso súmase ao de Jose Ariztimuño, sacerdote fusilado en Hernani en outubro de 1936, ou ao de outros 16 relixiosos vascos paseados tamén na mesma época. Tamén as forzas franquistas remataron coa vida do crego Jeroni Alomar Poquet fusilado en Palma de Mallorca en 1937. Todos eles morreron por practicar unha fe que non lles permitía sumarse a unha sublevación ilexítima contra o réxime establecido e refrendado nas urnas uns poucos meses antes. Todos foron excluidos pola xerarquia eclesiástica do proceso de beatificación dos cregos asesinados pola República.

Autor : Henrique Sanfiz Raposo

____________________________________________________________

Tags:
Chúzao | del.icio.us

Non hai Comentarios »

TrackBack URI

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>