Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

OS GALEGOS POR FIN TEÑEN RETRANCA!!!

A RETRANCA CHEGA AOS QUIOSCOS !!!

Preséntase Retranca, unha revista que aposta por recuperar o humor galego co lema "lerasnos de morto se non nos les de vivo". O acto desenvolverase no Café Moderno da Fundación Caixa Galicia (Pza de San Xosé, Pontevedra) o vindeiro 31 de outubro ás 20h.

A partir deste mes de novembro os galegos teremos unha cita mensual co sorriso nos nosos quioscos. O feísmo é o tema principal do primeiro número desta publicación, que agasalla os lectores cunha foto do rei "que espertará as paixóns máis ardentes", advirte o envoltorio. A proposta chegará a primeira semana de novembro ao público a través dos quioscos de todo o país, cunha distribución de 8.000 exemplares que se venderán a un prezo de 2,20 euros cada un.

retranca.jpg

A iniciativa parte do humorista gráfico e ilustrador Kiko da Silva, e quere ocupar un espazo ata agora descoidado nas bancadas. "Hoxe en día non hai ningunha publicación dedicada a nos facer rir de nós mesmos en Galicia", explica, "e coa tradición de humor que temos, con nomes coma Castelao, Fernández Flórez, Julio Camba, Siro ou Pepe Carreiro non é de crer que non haxa público". Da Silva xa leva anos a traballar no campo da edición co proxecto BD Banda revista de cómic que verá en breve o seu segundo número e que xa foi galardoada en diferentes eventos dedicados á novena arte.

Non faltedes a presentación o vindeiro 31 de outubro ás 20 h. no Café Moderno da Fundación Caixa Galicia (Pza de San Xosé, Pontevedra)... Haberá humor, música e pinchiños!!!

Agardámovos... a todos/as porque xa sabedes... LERASNOS DE MORTO SE NON NON LES DE VIVO!!!


Chúzao | del.icio.us

Non hai Comentarios »

TrackBack URI

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>