Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Contra o abuso infantil !!!

Dunkelziffer, unha asociación que loita por acabar cos abusos sexuais a nenos e ofrece asistencia a aqueles que os han sufrido,crearun esta peza publicitaria que, lexos de ser agradable, transmite unha grande angustia. . E todo muy sutil, pero efectivo. Pouco máis se pode dicir de este anuncio, que creo cala fondamente en calquera que o vexa.

Dunkelziffer - Tentacle
Cargado por tvspot

Zitarrosa

zitarrosa.jpg

O bo do conto é que Robert Rosssella e unha agradable e incondicional persoa de orixe italiana pero absolutamente integrada na colectividade galega e persoa referencial no seo do Patronato da Cultura Galega...Persoa sensible, calidade human excelente e fervoroso amante da nosa cultura...Home dinámico e animoso lider do Grupo de Viaxe do Patronato da Cultura Galega, que temos que decir que o seu traballo e meritorio : Estudian a historia de Galiza e mesmo os itinerarios e roteiros a visitar, coñecendo palmo a palmo cada comarca e a súa história, base económica, datos e anecdotas de toda indole. Robert e unha persoa tan querida que de ningún xeito lle pode este blog negar unha querencia...

E no tema Zitarrosa xa resultaba un deficit deste blog...E direi que un tema que me impactou hai moitisimo tempo foi Guitarra Negra...E axiña cumplimos cos desexos do Robert...Que o tempo son os meus desexos...

Así pois Robert...Os desexos teus son ordes, e saberemos cumplilas...

Apertas a esa gran Familia do Patronato !!

Bonus mp3 Alfredo Zitarrosa : Guitarra Negra

Collea. e para ti :Alfredo Zitarrosa : Guitarra Negra

Iris Chacón e o seu coolant

Unamiguiño portoriqueño que sempre anda con lerias mandoume un enlace a este famoso anuncio do coolant de Amalie que protagoniza Iris Chacón.

Sen mais rodeos presentolles a :

Iris Chacón en “Mi Coolant”

Para saber cumplir...

Recibimos mail, dunha amiga que sen dúbida algunha , debe estar nesa fase de lembranza da sua forzosa estadia en Paris...

Ela agora afortunadamente no seu Uruguai de orixe ( Ahínda que filla de galegos ), recordame que gustou de ver en vivo a Paco Ibáñez

, e sente una especie de culto a personalidade por George Moustaki...

A verdade e que eu tamén concordo no gusto musical de a nosa “urubial”... E direi que máis que gusto e unha identificación ca mensaxe que acertadamente deixava Paco nos temas escollidos : As Palabras para Xulia, de Goytisolo xenial...A Mala reputación de Brassens...Pois que decirvos , todos tivemos 20 anos e si que fomos medio ácratas-anarcos e comunistas primitivos...

E nadiña que obxetar a Moustaki : Le Méteque pareceme unha das máis belas cancions de todolos tempos... E tamén a un lle trae recordos...Fariame trampa o solitario se así non o recoñecese...

Pero o positivo de todo isto e que a nosa uruguaia, con raices en Vimianzo ( Por certo con v e non con b...Digo con ve corta , non con be longa...), pode volver a escoitar estas cancións no seu País de nacemento, e non no forzado-forzoso exilio francés a donde tivo que irse este galego bravo e rexo de Xoan Ferrón...

Non podo máis que facerlles un recoñecemento a súa traxectoria de loita e xenerosa entrega...Pola causa uruguaia..E pola galega tamén...

Mándolles unha aperta e que disfruten desta música, e da agasallada por mín, pois o traballo de Amancio Prada cantando a Rosalia e fermosisimo e moi ben rematado instrumentalmente, ca engadega da voz de Prada, a cousa vai de dez...

Longa vida pois a estes galegos de Shangrilá...( Desexo que Pai e filla superen a perda de Chichita...)

Saúde e Terra Irmans, xa os tempos son chegados...

Bonus mp3 Brassens : La mala reputación

Paco Ibañez : Palabras para Julia

George Moustaki: Le Méteque

Molotov: Frijolero

frijolero.jpg

Frijolero e unha traducción do ‘beaner’, término utilizado nos Estados Unidos para referirse en forma despectiva a os mexicanos. De este modo, a letra de este tema e unha crítica a o racismo que sufren os inmigrantes mexicanos neste país.

No video se fai referencia a alguns personaxes políticos e os músicos transformanse en espaldas molladas . A filmación realizouse durante dous días en Austin, Texas, ainda que o traballo de animación levou mais de un mes e para o que se utilizou a ténica do rotoscoping que consiste en animar cada cadro filmado, para crear un aspecto de caricatura. O videoclip obtuvo o galardón ao mellor videoclip dos Grammy Awards 2003.

Ver en ZappInternet MP3 Bonus: Frijolero

Limpa a pantalla da tua computadora

¿Lixo na pantalla?, ¿Marcas de dedos?, olvídate da tarea de limpar da forma tradicional a pantalla do teu PC, da man de www.linein.org chega este potente software que o fará por ti.
Simplemente fai clic aquí e o proceso iniciarase.

Buscador de descargas directas: ShareMiner

shareminer.jpg

Shareminer e un buscador especializado en localizar contenidos no
interior de sitios como Megaupload ou Rapidshare, e moitos más. Tan so introducimos unha palabra clave no buscador e seleccionamos os dominios nos que queremos facer esa búsqueda, logo so queda esperar e ver os resultados de las búsquedas, y con suerte comenzar a descargar todos los archivos atopados. Ideal para todos aqueles que viven descargando música, videos, etc. de varios sitios da rede.
Enlace shareminer

Na complexidade de saber

laura-bugallo.jpgLaura Bugallo

Na complexidade de saber-nos muller, mulleres, de existir nese abano plural, neste universo próprio no que nos recoñecemos como imigrantes no sistema patriarcal, no que de contínuo temos que amosar os nosos papeis, como se a nosa existéncia fose, aínda hoxe, porén permitida por uns cánones pautados polo medo á perda do poder duns, polo amedoñamento ao noso empoderar-nos, xurdidos e somos as mulleres trans, dentro da diversidade de ethos diferentes, a deconstrución do sistema binómio sexo/xénero, a reafirmación dun continuum muller-home, na que as nosas manifestacións, as nosas existéncias interrogan aqueles conceitos que outrora foron deseñados como sistemas castradores e aniquiladores de viver libremente a sexualidade.
As mulleres trans traemos un senfin de definicións e vivéncias singulares. Somos nós, as mulleres trans, dentro da diversidade de ethos, partícipes da deconstrución do binómio sexo/xénero, do establecemento do contínuum muller-home, no que as nosas mnaifestacións, as nosas existéncias interrogan aqueles conceitos que outroran forna deseñados e axiomizados, como intento de derrube deste marco castrante e aniquilador da autodefinición, de viver cadaquen con liberdade o desenvolvemento da própria identidade.libertad-sexual.jpg
As mulleres trans somos parte da sociedade na que estamos circunscritas. Os nosos procesos son verdadeiros instrumentos para avaliar a salubridade da nosa sociedade, deixo tan só unha nota que na amnanese inicial, a nosa sociedade ten sintomas claramente asociais. Unhas traen con elas modelose responden a paradigmas máis conservadores e repetitivos do status quo social, outras xurdimos con anceio e vocación de mudar, apostando por un outro mundo que con certeza ten que ser peiteado e entretecido no feminismo.
Somos parte desa revolución iniciadaxa antes, e que aínda fica pendente.
E non é unha pose, un ficar ben, sabemos en carne própria o tratamento diferenciado que nos recebemos durante e posteriormente ao proceso, onde se nos foi tentando ningunear, na aparéncia de home á existéncia como muller. Estivemos nun primeiro vagón no comboio da sociedade, “pasamos” ou foron-nos isolando, empurrando outras, a un segundo vagón, e, a segundo en que momentos achamos que estivemos ou estamos no da cola. Somos conscentes de ter camiñado.
Moitas veces lembro como experiencia significativa e significante pasar de ser condutor a ser condutora, como a percepción que o tratamento que recebia era como se perdese condicións e cualidades que antes posuia. Que dicer no mundo laboral, no quefacer político, onde os nosos traballos, as nosas praxes militantes teñen que para o mesmo valor que antes tiñamos supón dobre esforzo na actualidade.
O noso camiño de reconstrución do presente arrinca do deseo, dese desexo que antes foi amedoñado, calado, silenciado, agochado, e que agroma coa forza dunha seiva, de folgos necesários, para con forza precisa e constante, reconquistar e autodefinir a própria existéncia. É un camiño de autoqueréncia, de empoderamento, de benqueréncia capaz de pór en consoáncia o ser co existir muller. O enfrontamento social é froito do teste da vida real, e mercé ao guiño das persoas queidas e amadas do colchón afectivo.
E doe, doe chegar, respirar, remozar os pulmóns, logo de dondear os nosos corpos, de declarar a nosa soberania particular, de afirmar p paso no chan que camiñamos, logo de ter apreixado o que és e xa existes, para perceber e vivenciar que segue a estar vixente o que tempo atrás unha amiga me comentou, “as mulleres vivemos nun estado de sítio, e, ás veces, con toque de queda”.
Somos todas, cada unha de nós, as nosas entidades e colectivos, e os compañeiros que comprenden e comparten o noso empoderamento, e os Grupos LGBT no que algunhas estamos alineadas, e as mulleres imigrantes, as que levan sinais das duplas e triplas descriminacións, somos todas desde a consciéncia da nosa militáncia que urxe, e non hai tempo que perder, un outro mundo, que afirmo e perservero que si é posíbel.

Ferrol- Ortegal....As Portas do Atlántico

Hoxe quero compartir convosco estas imaxes...E non pensedes que estou con morriña...saudade ou estraño a miña Terra...E que quero loubar este bonito traballo promocional e de reclamo turistico...

O Vello Bob Recupera America

bob-dylan.jpgDylan e unha das poucas influencias vivas da música da década dos sesenta e setenta, pero ainda hoxe en o seu traballo impacta pola sua lírica extraordinariamente poética en contraste coa forza da sua composición musical.bob-dylan-ahora.JPG Pero o encanto de Dylan radica , máis que na sua música , en manter a mesma esencia que a mediados dos 60’s cando comenzaba a cobrar fama, si ben os temas das suas trovas varian notablemente desde aqueles anos mozos, en que compuxera polémicas pero delicadas cancions de protesta, hasta as composicions máis comerciais que fai na actualidade.bob-dylan-en-concierto.jpg
Foi Blowin´ In The Wind a canción que permiteu que Bob Dylan fose incluido entre os grandes da música norteamericana e posteriormente na música do mundo. Entonces, antes de cantala, solía facer o seguinte comentario: “Creo que entre el gran número de criminales que existe, se pueden contar los que vuelven la cara cuando ven el mal y saben que es el mal. Yo no tengo más que veintiún años y sé que se han hecho ya demasiadas guerras; vosotros, los que tenéis más, lo deberíais saber mejor aún. Ahora la mejor forma de responder a las preguntas de la canción, es exponerlas.” Despois, infinidade de cantantes a trataron de outras tantas formas diferentes, pero Blowin´ In The Wind ysobrevivirá por moio tempo porque “a resposta, meu amigo, está no vento. A resposta está flotando no vento”.