Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Quintana en estado puro

quntana.jpgQuintana condiciona o apoio ao Goberno a que respalde o sector naval galego.Así o asegurou o líder nacionalista durante a súa visita aos estaleiros Freire da cidade olívica, na que indicou que este apoio dos nacionalistas "pasa porque o goberno apoie ao sector naval e retire todos os condicionantes que ata agora tivo para que o sector naval galego non se puido expandir". "Non precisamos subvencións, o que pedimos é que se nos deixe traballar e producir".
Leer máis.....Galicia Hoxe
Outro titular...A Galega

Un pouco de música ,para animar o domingo

homens1.jpgXa está nas tendas o primeiro disco longo de The Homens! Tres (Falcatruada, 2007) estará editado nun formato especial que inclúe vinilo, cd de audio, mp3 e póster con pasatempo incluído, ademáis da versión habitual con cd de audio e mp3. Tamén podes escoitar as cancións entrando na sección de descargas da web de The Homens.

Viñetas

O amigo Robert Rossella, home de orixe italiano, pero que fala un galego primoroso, e que coñece perfectamente Galiza e a sua cultura, envianos unha serie de chistes en galego que nos obriga a unha seccion de humor.

RECURSO MAIS UNHA VEZ O VOTO EMIGRANTE

Un xa empeza a estar farto do tema voto dos residentes ausentes...Todos o queren facer trasparente, todos queren que sexa en hurna, e mesmo se anuncia a incorporación o CERA, dos netos ou fillos ( Que aínda os hai a moreas sen nacionalidade ) , cando conquiran a nacionalidade.

urna.gif

Anuncio que as cifras resultantes van ser de escándalo...E irremediablemente eso vai a levarnos a regular o dereito de voto. Ver en que eleccions este pode ser normal, i en cales pode resultar unha verdadeira pesadela, sobor de todo por o que pode supoñer, poño por caso, nos municipios de forte colectividade emigrada, sen coñecemento directo da vida municipal, e polo tanto % de residentes ausentes poden darlle un volco os resultados finais, votando mesmo para decidir en sentido contrario o votado polos que viven todo o ano e sofren ou se lles troca a posibilidade de mudar os destinos municipais...Con un voto descoñecedor da realidade.

Nesto temosche moita demagoxia e compre saber o que propon cada quén. E podemos ver : Polo actuado deica agora, os partidos maioritarios, os dous sempre querian mudar este voto e regularizalo...Para as vindeiras eleccións, e levo vendo isto dende vai xa varias lexislaturas... Promesas e máis promesas pero non vontade política de definir o asunto.

E neste senso, sempre foron a remolque das propostas feitas en Galiza i en Madrid polos nacionalistas...Esto e unha verdade irrefutable.

Agora unha cousa sen sentido, a promesa de conquerir a nacionalidade en base a Lei de Memoria Histórica, Estatuto dos Cidadans españois no Exterior e non sei que máis se lles pode ocorrer os iluminados de turno... Co fácil que seria abordar as pertinentes reformas de Constitución e Codigo Civil , aínda e cando compre ter a vontade política de encarar, e non adiar o asunto.

Outra cousa que me deixa perpléxo e que medre o censo e teñamos provincias que perden escanos...E así é...Ou minto eu?

E penso que tampouco minto cando digo que diputados/as galegos/as, nunca tiñeron a valentia de apoiar a o Bng, para que Galiza recibise do Estado en función desta población total emigrada, correspondentemente reflexada no censo de cada municipio; E cantos recursos non teríamos para asistir a población emigrada que realmente o necesita? ...Incluso nesto nin teñen visión de País, nin lles importa a colectividade...Soio o voto, aínda e cando poñen cariña de santos para chegar á fibra da xente, e logo perante as distintas lexislaturas, este voto utilizouse contra a propia emigración.

E direi sinceiramente que habilitar unha circunscripción para a diáspora, penso non recoñeceria a pluralidade social, a non ser que cambease a lei ou se implementaran medidas correctoras a o perverso sistema electoral a respecto das minorias...

E finalmente, coido se entende en que casos abogo polo dereito constitucional a termos voto; Eu aspiro a máis auto-goberno para Galiza, e a facultade de poder decidir en temas como emigración e inmigración; Lexislar por tanto, e non poden as nosas xentes da diáspora quedar a marxe... E se fose vontade deles os que residen no Estado español, deberian ter este dereito a decidir nas cuestións nacionais de Galiza, e os mariñeiros votar aproveitando as novas tecnoloxias...Resulta noxento que paises que chamamos do terceiro mundo, nesta materia nos fagan poñer a faciana de cores...O mao e que algúns nin con esas daprenden.

E para abundar no tema : Quen recolle o guante ou “ordago” como se reflicte na prensa do día : Galicia Hoxe.

Artigo enviado por “ O vello Pancho”.

NOVA SELECCIÓN GALEGA DEBUTA FRONTE URUGUAI

a-galega-2-jpg.jpgDecia o Guieiro Alfonso Daniel Rodríguez CASTELAO, cando visitaba a os galegos de Montevideo...”Sodes mellores que moitos dos daló na Terra...A verdade e que entre vos atópome na Capital da Galiza Ideal ...”, e así segueron a recoñecer a hospitalaria cidade de Montevideo, donde nacera o Consello de Galiza, e donde o mes de xullo era un mes enteiro adicado a espallar todo tipo de manifestacions culturais galegas.

Sempre e unha ledicia que unha selección do Pais, debute no eido internacional, e se é contra un pobo irman, mellor que mellor; Se onte foi a de fútbol de campo, a de fútbol once , maña vai ser a de fútbol de salón, como adoptan chamar os uruguaios, o futbol sala...

E nin que decir se o debut, a estrea e nunha comarca donde tantos dias de gloria tivemos con esta especialidade deportiva, Quén non vibrou con as terdes que nos bridaron O Parrulo ou o mesmo Boandanza...?

Facer a estrea na Malata, cun seleccionador como Bruno, e cunha selección como Uruguai resúltame emotivo, e desexo que as expectativas e aposta da Secretaria Xeral para o Deporte, colmen os nosos anceios...E no eido deportivo, que gane o mellor...

Desexar que a delegación do pobo uruguaio irman, sinta o calor da sua barra, e unha estadia proveitosa e de felicidade plena en terras galegas...

O vello pancho
Leer máis...

Hedwig - O Orixen do amor

Este e un dos regalos mais bonitos que teño recibido.

VELAHÍ :

guerra.gif

BERRAMOS E MR.DANGER AZNAR NON NOS ESCOITOU...non a guerra.

MEDICAMENTO BASEADO NA EVIDENCIA

1. En Xapón, onde se consomen moi poucas graxas, o índice de ataques ao corazón é menor que en Inglaterra e Estados Unidos.

2. Doutra banda en Francia, onde se consome moita graxa, tamén o índice de ataques ao corazón é menor que en Inglaterra e Estados Unidos.

3. Na India, onde apenas beben viño tinto, o índice de ataques ao corazón é menor que en Inglaterra e Estados Unidos.

4. Na Galiza, onde bebemos bo viño tinto e comemos chourizo, cachucha e lacón, o índice de ataques ao corazón é menor que en Inglaterra e Estados Unidos.

5. En Alxeria, onde apenas se fai o amor, o índice de ataques ao corazón é menor que en Inglaterra e Estados Unidos.

6. En Brasil, onde se fai moito o amor, o índice de ataques ao corazón é menor que en Inglaterra e Estados Unidos.

CONCLUSIÓN:

Beba, coma e faga o amor todo o que poida,

porque o que mata é falar en ÍNGLÉS¡¡¡¡¡¡¡

COMO DECIAMOS ONTE , FAI O AMOR E NON A GUERRA!!

APUNTES BIOGRAFICOS DE MANUEL CAPELLA “ El Galleguayo”

capella.jpgNon resulta doado escribir sobor do amigo Manuel ...E sen ser galego de orixe senteuse sempre fachendoso de que o alcumaran “galleguayo”, para mín como cantor e compositor , e auténtico...comprometido e combativo. Quero recoñecer públicamente a amizade que me brindaron esta parella que me abreu a porta da súa casa e que me fixeron sentir como na miña...Gilda e Manuel : Graciñas.

En primeiro lugar decir que cando falamos deste artista estamos a falar dun cantor que non canta para ...senon que canta dende o pobo, velahí unha diferencia, deste incansable e laborioso traballador da cultura con maiúsculas...

Ler máis »

A Igrexa católica pede o voto

Eva Lema e unha gran rapaza de Fisterra, hai anos coñecina no Parlamento elevo uns cantos sen vela, hoxe reencontreina nesta fiestra dos seus artigos, e claro nin que dicer da identificación con a súa pluma.

Máis no que escribe sobor do Deputado Paco Rodriguez, concordo con ela, e vexo que fala honestamente como galega, xornalista,notaria do que acontece e ve o seu redor, e lonxe da relación xefe-subordinado ou empleador i empregado...

Aventurei xa vai anos que era unha excelente xornalista, e unha boa e xenerosa...Mágoa que emigrada e lonxe do seu mar costeiro...Máis un sintese fachendoso cando un profesinal tan cualificado, e por riba compatriota, deixa tan outo o noso pavellon...
Parabens para Eva Lema, dende o além mar...

Leer a novaeva-lema.jpg

Colocan un artefacto explosivo na caseta dunha urbanización de Miño

fadesa.jpg

Unha bomba de escasa potencia estoupou na madrugada deste venres nunha caseta comercial dunha urbanización que se está a construír en Perbes (Miño). Segundo informaron fontes da Garda Civil a Europa Press, o atentado só causou pequenos danos materiais. O atentado tivo lugar na urbanización 'Costa de Miño', que está promovida pola empresa Fadesa.

Un veciño, que escoitou a deflagración, avisou aos axentes pouco antes das cinco da mañá. Até o lugar dos feitos desprazáronse especialistas en explosivos para tratar de averiguar a composición da bomba. Segundo a axencia Europa Press, os axentes coidan que esta última explosión garda relación con outras que nos últimos meses se lle atribuíron á Resistencia Galega.O que non saben os de Europa Press é o descontento no que viven os donos dos terreos expropiados.