Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

FoxTorrent unha extensión para o Firefox

fox-torrent.png

Hoxe descubrín o FoxTorrent unha extensión para o Firefox que permite a descarga de ficheiros torrent. O bo e que así non teño que instalar aplicación ningunha, esta extensión e listo! a descargar ficheiros torrent. Xusto o que quería, algo simple e efectivo.

Despois de descargar o primeiro ficheiro mp3 descubrín que permite a súa repodución desde a propia extensión, a verdade é que cando menos é interesante.

Máis información aquí.

" R" Doará Móbiles de ultima xeración entre os seus clientes

telefono.jpg

Díaz Pardo, de volta ao `cole´

diazpardo.jpgO instituto Isaac Díaz Pardo rendeu onte un homaxe ao fundador da fábrica Sargadelos e Cerámicas do Castro, en recoñecemento a sua traxectoria artística e profesional.
Música, cuadros, poesía, cantigas e esculturas. Nada parecía suficiente aos alumnos do instituto de enseñanza secundaria de Sada Isaac Díaz Pardo para render homaxe a Isaac. . Onte reunieronse na escola, xunto cos membros do consistorio sadense e antigos alumnos para conmemorar o decimoquinto aniversario do bautizo da escola, que dende entón leva o nome do fundador de Sargadelos e Cerámicas do Castro.

A vicedirectora do instituto, Sonia Fernández, explicóu que a idea do tributo parteu dos alumnos, xa que moitosos coñecían a Díaz Pardo porque seus familiares traballaron na fábrica de Sargadelos o Cerámicas do Castro, e os que o descoñecían, finalmente tamén se implicaron nos preparativos do acto. Prepararon unhos cadros que expuxeron no centro, basados na obra de Isaac, así como recitais e música tradicional. Tamén lle fixeron entrega dunha escultura feita por eles mesmos , para o recordo.

Todo foron halagos hacia o polifacético artista: por parte dos xoves; do alcalde, Abel López Soto; da dirección do centro escolar e tamén dos antigos alumnos que non quixeron perderse o homaxe. O fundador de Sargadelos mostrouse agradecido e emocionado e, incluso, un pouco avergonzado ante o clamor popular, e chegou a dicir que lle gostaría meterse "debaixo da mesa".

O disputado voto dos emigrantes...

Onte empezou a campaña electoral cara o 9-M, un espera que agora que melloraron as comunicacions e as novas estan case que en segundos entre a Terra Nai e a diáspora, xa ninguén nos venderá espelliños de cores, como fixeran os "descobridores" e tamben reflicte a canción Maldición de Malinche...
Pero o feito real e que deica agora a uns e outros hospedes da Moncloa sirveulles falar e falar de mellorar as garantias do voto da diáspora, e tendo maiorias para lexislar i executar non o fixeron...E recoñecendo propostas acaidas e garantes dun proceso limpo e democrático, non fixeron nada por subsanar este mal que ataca o cerne mismo da nosa calidade democrática, e nembargantes non pon a faciana de cores a ningún destes encantadores de serpe que cada dous por tres nos veñen a decir que pa próxima...E o certo e que un xa non se pode fiar máis destes predicadores de cuarta...E menos dos "axentes" sexan de donde sexan...Eu manifesto públicamente que quero que Galiza conte no Estado, que teñamos unha voz propia que defenda os intereses do País, por riba dos partidarios,e que durante anos a miña voz representouna o compañeiro Paco Rodriguez...Dende Castelao deica agora nunca ninguén puxera a Galiza nas contas de Madrid...E vaia se foi un leal servidor o País...Ou minto nesta aseveración ? Lembro cando Fraga puxo a caer dun burro a os seus levantamans galegas e galegos que "ian" a estar sentados no Parlamento para levantar a man cando o sinal chegaba :
..." Tedes que traballar como os do Bloque, son tres e parecen trescentos"...
E así era, era a verdade máis rigorosa do octoxenario de Vilalba.
E dito isto reitero a miña vontade de dar o meu prezado voto a noble e leal causa de que Galiza decida en Madrid...E cambeo un ferrolan de nacemento por outro de orixen : O meu voto é para Paco Jorquera , sabedor de que máis que nunca precisamos da presenza do BNG en Madrid...
E queda dito O Vello Pancho vota BNG, e vostede vexa e compare : Quen pelexou denodadamente por poñer alternativas enriba da mesa a respecto dos nosos sectores productivos amenazados polas políticas de uns e outros, pero sen ter en conta a Galiza ? As infrastructuras e en primeira liña os camiños de ferro, non foron prioridade e teimosía nas iniciativas parlamenteres de Paco Rodriguez; O sector naval, o gandeiro, a seguridade das nosas costas... E Olaia non defendeu acertadamente todo o relacionado cas politicas migratorias en xaral...? Enton, a vista disto, pense e medite pero o 9-M por riba de todo delle forza a Galiza, delle nesta volta o voto o BNG...Non lle a pesar!!

Ou se prefire ós tratantes de turno recapacite cas noxentas prácticas que describe neste artigo Carlos Aymerich .

“Axente dobre en Soneira”, un artigo de Carlos Aymerich
Inspirada no caso Philby, a novela “O factor humano” de Graham Greene relata de xeito maxistral as razóns morais que levaron ao axente británico Maurice Castle a espiar ao servizo da URSS, e as regras, nada morais, que rexen o funcionamento dos servizos secretos. A principal delas, ben coñecida polos afeizoados ao xénero, a de que un axente vale tanto como a información que posúa.
A xulgar polas confesións de María Isabel Blanco, alén da espionaxe tal máxima é tamén extensíbel aos axentes electorais. Onte ao servizo do PSOE, a Sra. Blanco pasa a servir o PP empregando a información que posúe como salvoconducto. Información, por certo, ben interesante: emigrante retornada en situación económica precaria, María Isabel é contactada polo alcalde socialista de Vimianzo como gancho electoral na Arxentina. Na última campaña das municipais, contratada polo sindicato Unións Agrarias (UUAA) através da “Unión de Viticultores do Castro”, viaxou a Buenos Aires para facer campaña por Félix Porto – candidato en Muxía e dirixente de UUAA – e outros candidatos do PSOE cun billete pago pola Secretaría Xeral de Emigrazón facilitado pola deputada Marisol Soneira. As leas internas no PSOE soneirán, cun rexedor vimiancés botado nos brazos do PP como se de Orozco se tratase, explican a deserción muito mellor que as razóns de consciencia aducidas pola interesada. Miseria, fraude, diñeiro suxo … eis os elementos para unha boa novela negra. Que tal “A fraude de Soneira”?

Todo segue na mesma. Entre cheques e axentes electorais, PP e PSOE cruzan acusacións de fraude ao tempo que trafican co voto exterior e se negan a reformar a lexislación electoral. Até o seguinte escándalo.

Finou o historiador Lois Obelleiro

Benquerido/a camarada:

Hoxe xoves 21, faleceu o noso compañeiro Luís Obelleiro Piñón, membro do Secretariado Político do Comité Central da UPG e do Consello Nacional do BNG.

O seu corpo permanecerá no Tanatorio de Soutomaior, na Estrada de Soutomaior (en dirección ao Castelo de Soutomaior, á beira do Campo de Futbol e do Cementerio de Salgueirón), até as 5.30 da tarde de mañán, venres.

A esa hora, puntualmente, realizarase un ACTO DE HOMENAXE na explanada que está diante do Tanatorio. Prevese que se desenvolva do seguinte xeito: Interpretarase a Marcha do Antigo Reino de Galiza e, de seguido, intervirán:

- Francisco Rodríguez Sánchez.
- Xesús Seixo Fernández.
- Bautista Álvarez.

Ao remate, interpretarase o Himno galego.
Posteriormente o cortexo partirá para incinerar os restos do noso camarada.

[Nota]
Para quen veña do norte de Galiza deberá tomar a saída 137 -cara a N-550- en dirección Redondela, (a caixa de peaxe da dereita "Todas Direccións"). Unha vez na estrada Nacional-550 en dirección Redondela a 4 Km., á altura de Arcade, virar á esquerda pola rúa Rosalía de Castro e despois á dereita pola Avda. de Xosé Solla (PO-244/PO-2909). Subindo por esta Avenida, a 300 metros, coller á esquerda pola "Escalinata de Soutomaior" (é a estrada de Soutomaior, que conduce ao Castelo). A 1,5 km aproximadamente xa atoparás ao pé da estrada o Tanatorio.

Se alguen ten dificuldades coas indicacións pode chamar ao teléfono permanente do Tanatorio (636 244 966).

Hoxe empeza a campaña

Queridas-aos compañeiras-os da diáspora:

Hoxe 21 de febreiro empeza a campaña electoral e queremos facervos participes deste momento, porque con vós, Galiza decide!.
Sodes parte do pais, e queremos que a vosa opinión conte e decida, porque o BNG ten defendido nas Cortes a plena equiparación
dos dereitos dos residentes no exterior, a dignificación do sistema electoral vixente cun modelo electoral baseado na transparencia, na igualdade e con garantias efectivas, que debe ser reformado urxentemente atendendo ás propias demandas da diáspora, como o voto en urna ou a creación dunha circunscripción para os/as representantes da emigración.

Queremos que Galiza teña recoñecidos aos seus residentes no exterior dun xeito digno, no reparto dos escanos e dos recursos existentes, máis non admitimos que se xogue coa dignidade colectiva como nación, dentro ou fóra, por eso non entramos nen entraremos no mercadeo electoral das outras forzas políticas no exterior.

Por un polvo

Por un polvo e unha comedia realizada en Venezuela .Interprètana Jessika Grau e Jean Paul Leroux acompañados de Rosario Prieto, Roberto Moll, Víctor Cuica, Guillermo Canache y Pedro Durán, entre outros. Esta película de Carlos Malaver mezcla acción, comedia e romance. Un longametraxe que promete ser unha excelente proposta para este ano 2008.

Fecha de estreno: 22 de Febreropor-un-polvo.jpg

Muiñeiras's ghueioflaif!

doispaisesumavoz.jpgAlá polo ano 97, unha maqueta gravada cunha minicadea e un micro no centro (pola reverb) dun salón de Vigo cunha guitarra acústica rescatada do lixo chegaba ás mans de alguén que chamou O Leo i os Endinados para tocar no II Félix Rock de Vigo, xunta bandas como Babes in Toyland ou Toy Dolls. Mentres viña a data do concerto, O Leo fíxose acompañar virtualmente (aínda nunca chegaron a tempo a un concerto) de Arremecághona!!!, dúo de tamboril e cunchas inspirado en Metallica e no seu Enter Sandman . Un ano despois, coa entrada para o concerto de Vigo xa mercada, O Leo i Arremecághona!!! foron requiridos para abrir os directos da Xira Galega do Veintegenarios de Albert Pla. Tiveron que lle revender a entrada a un colega. De aí saíu o xermolo deste disco, Suspiros de Kaña , gravado e mesturado por Pablo Iglesias no febreiro de 1998.

As mil copias dese disco nunca foron distribuídas máis ca en dúas tendas de Vigo e dúas de Santiago (polo propio autor). Tampouco se chegou a facer xira de presentación, aínda que o disco si foi posto en Satelitrés e en La Baía de Radio 3 e por aí saíron tres bolos no Festival de Teatro de Peto de Donosti. A partir de aí, o Leo i Arremecághona!!! tocaron no III Félix Rock e en todo canto minifestival e pub se prestase a acollelo, entre eles a Fiasta de Goián, no Baixo Miño, onde máis de 2.000 persoas corearon os seus temas na II edición do festival e onde máis de 400 se xuntaron no Entruido do ano seguinte para inaugurar, no furancho da Once (Asociación entruideira), o I Festival da Taíña, vixente inda hoxe. O Leo considera Goián como a súa patria musical. De feito O Leo arrenega musicalmente da súa patria verdadeira, Matamá, en Vigo, onde o vetaron expresamente –a el e ó festival enteiro– polo contido das súas letras.

Ao longo destes anos tamén fixo músicas e letras para espectáculos teatrais, en que participou asemade como actor: As Presidentas , d' A Factoría Teatro e Vendetta , de Berrobambán Teatro, espectáculo punk para pubs que aínda deixou de representarse no febreiro deste ano 2006. Agora prepara o disco Aghomita, campión! , en que vai colaborar con todo tipo de acompañamentos, dende dj ata bandas de música, e o directo Sigho (Vivo)!, recompilación audiovisual do seu espectáculo en vivo.

Dende logo

Soldados iraquies, colaborando co exército americano, intentan extraer unha mina enterrada antes do paso do convoy... con as mans sen protección!
O resultado e previsible ...

Uruguai segue sendo terra de acollida

bandera-uruguai.jpg

Pois sí, a acollida en Uruguai destes polizóns nixerianos, sigue confirmando que a República Oriental do Uruguai, segue en pleno século XXI sendo unha terra de acollida i elo en si mesmo e unha moi boa noticia.

Se algo caracterizou a este País sempre, foi precisamente a hospitalidade e o respecto a os elementais dereitos das persoas...Hoxe estes valores siguen primando e vexan o alcance desta nova que os xornáis recollian nestes días... Efectivamente contrasta con noticias de centros de internamento para inmigrantes ou con o recrudecemento de medidas de pronta aplicación para a inmigración...E estoume a referir a o que acontece no chamado primeiro mundo.... Preme aqui..