Corenta aniversario da Nova Canción Galega
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, o apodado Ghandi galego, intelixente, irónico, artista universal. Exiliado na Arentina. No ano 1944 fundóu o consello de Galiza en Uruguay que ademáis foi onde se lle erixeu o seu primer monumento no ano 1975. Este e un poema de Celso Emilio Ferreiro adicado a todos aqueles que aldraxaron a sua imaxen. Este tema foi grabado por Miro Casabella no ano 1969 dentro do seu single “Cantigas de escarnho e Maldizer”.
Olla meu irmao honrado, o que acontece con Daniel
Os que o tiñan desterrado agora falan ben del
O palurdo de alma lerda
O tendeiro desertor
O vinculeiro da merda, disfrazado de señor
O lerdo carca refrito, o monifate de entroido
O aprendiz de señorito, marqués de quero e non poido
O badoco endomingado
O franquista pousafol
O forricas desleigado, o pequeño burgués mol
O devoto do onanismo
O feligrés de pesebre
O tolleito de cinismo, o que dá gato por lebre
O rateiro do peirao
O refugallo incivil
Válense de Castelao para esconder a caste vil
Escoita puto nefando
Criado na servidume
Non pasará o contrabando dese teu noxento estrume
Grotesco escriba sandez
Inxertado nun raposo
Castelao nunca foi teu, porque Castelao é noso
I anque a ti che importe un pito
Sabrás que é cousa sabida
Que estás incurso en delito de apropriación indebida.


Chúzao
del.icio.us







![Validate my RSS feed [Valid RSS]](http://revirate.nireblog.com/blogs/revirate/files/valid-rss.png)













