Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

TODO DENTRO DO PREVISTO...PERO POR QUEN?

Engado a este meu comentario, un analise de alguen con autoridade tal e o Senador Fernández Huidobro, queridisimo i entrañable Ñato, que nos abre o ollo a respecto do acontecido desde o primeiro do mes que andamos, nas fronteiras de Ecuador e Colombia...E manten o Ñato, que o igual que xa nalgunhas web de extrema dereita e dereita extremisima mesmo europea xa se sabia e denunciaban estes feitos que tristemente enlutaronnos e nadie cae una tramposa provocación...Aínda e cando todo-los actores e actrices tiñeron que “actuar” nun inesperado papel pero que dou os seus froitos.. Non foi o caso doutras das denuncias de esta extrema dereita, que sorprendentemente non traga a Bush nin os yanquis....De seguido, e respetando a orixinalidade do texto vai esta acertada analise :
huidobro.jpg
Pinchade aqui

A Maior festa do folklore en Uruguai

pepeguerra.jpgMontevideo, Uruguay- O Río Olimar estase preparando para recibir o maior evento folklórico do Uruguay, e como siempre cun merecido homaxe ao Maestro Ruben Lena. O tradicional Festival realizarase do 15 ao 19 de marzal en Treinta y Tres. A entrada os espectáculos será totalmente de balde.

Actuarán no esceario principal entre outros: Pepe Guerra, Larbanois - Carrero, Braulio López, Numa Moraes, Maciegas, Daniel Viglietti

, Nasser, Dino, Nambí, Solipalma, Wáshington Mateu, Oscar Massita, Cerno, Copla Alta, Julio Víctor González, e os mellores artistas locales.

No outro esceario, "Rubito Aldave", desarrollaranse catro tardes de actividades para todas as edades, previo as actuacions no esceario principal.

Axudas Individuais A Galegos Residentes No Exterior

Resolución do 4 de febreiro de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establece e se regula o programa de axudas económicas individuais a galegos residentes no exterior para o exercicio de 2008.
O obxecto desta resolución é establecer un programa de axudas económicas individuais a emigrantes galegos nos termos e nas condicións que seguen. Especificamente, regúlase a concesión de axudas económicas, directas, individuais e de carácter social, dirixidas aos emigrantes de nacionalidade española e de orixe galega, e a determinados familiares, residentes no estranxeiro, que se atopen en situación de precariedade económica. Están destinadas a cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención socio-sanitaria.
Nota de redacción: ver texto completo en el Boletín Oficial de Galicia del día 12 de Febrero de 2008 (www.xunta.es/es) o en www.galiciaaberta.com

Fonte:SICE Prensa y Comunicación

Mafia Gallega ..dende Suiza

Mafia Gallega son unha crew rapeira, con sede en Xenebra, comandada polo Al Capone da rima, internacionalmente coñecido coma Paco Gallego. Se queredes escoitar este tema, ao que titularon A Billarda, velaí vai:

E para tí, collea.

Este tema foi encargado pola LNB (Liga Nacional de Billarda).

Galiza medra...en Bos Aires

xeito-novo.jpgDe Bos Aires coñecimos a Xeito Novo, grupo de xa longa traxectoria, auténticos e pioneiros...con cd,s no mercado e que son merecentes de cruzar o charco e que a Terriña disfrute da música que ben saben facer e interpretar, mixtura do tradicional e dos innovadores sons celtas...Animo a que alguen se atreva e no veran galego os contrate...

Se a queres, collea.

E agora cheganos a nova destes clásicos da música galega en Arxentina ,Emigrantes Gallegos, alguns dos seus compoñentes, como Lareo xa amenizou algunha esmorgada feita ca colectividade galega...Da que temos bo recordo así como dos callos de Duro, recomendados polo grovense Lores...
emigrantes-gallegos.jpg

Para contactos :

Raúl Expósito Gándara

exposito@ciudad.com.ar

Tel/fax 054 11 4762 -1959

móvil 054 11 15 4444 6075

Presentación do novo traballo de Los Casal..

En pleno corazón da Cidade Vella, a dúas cuadras da Porta da Cidadela, no local habitual donde mellor musica folk en vivo se pode escoitar en Montevideo, hoxe venres envianme unha invitación para a presentación do novo traballo de Los Casal...
emigrantes.jpg
Mágoa, un compromiso ineludibel, contraido e axendado de moito antes impidemo...
Pero comprometome a subir musica de Los Casal e que todo o mundo desfrute destes sons de "fusión"...
Outro dia falareille dos asiduos do Iris Shannnon Pub...Os Trapalleiros...Son para adicarlles unha parolada exclusiva : Fernando prometocho...
Por hoxe vexan o antedito :

21:30Hrs. viernes 29

"Los Casal" Fusión Celta
casal.jpg

El viernes 29 de febrero en The Shannon Irish Pub (Ciudad Vieja) se realizara el lanzamiento de Emigrantes el nuevo material de la banda, para Medios y Prensa.

Se a queres tua é..

A Semente Aquecida da Palabra

asemente1.jpg

Politica racista e xenófaba

A nosa boa amiga Laura , muller comprometida sen horario de apertura , nin de peche mandanos este artículo que non ten desperdicio:

E unha vez máis resentimos o refugallo da lexislación do PP, do Sr. Aznar deseñada nese biénio negro que foron os seus dous últimos anos de lexislatura. E quen escrebe coñece o tecido que esta dereita españolista e carca fixo en matéria de estranxeiria naquel entón.

Tan só, e como prólogo a este breve artigo, lembremos que foi o PP, coa conivéncia do PSOE que non se alarmou en absoluto, quen eliminou catro direitos fundamentais ás persoas estranxeiras no Estado Español, a saber, o de asociación, o de folga, o de denúncia e o de sindicalización. Catro direitos fundamentais que tiveron que ser resgatados polo Tribunal Supremo,… en fin, non só unha aberración de corte fascista e xenófoba, senón que tamén unha semente de actuacións de abusos e doutras medidas que agora coñecemos.

Pois ben, nesa época do PP deseñou-se outra medida coñecida do Governo na que daban pautas de cómo debia actuar o Corpo Nacional da Policia diante dunha denúncia de malos tratos interposta por unha muller imigrante “sen regularizar” a sua situación administrativa. Pois ben, resumindo e sen faltar a verdade, é que no mesmo momento que esta muller violentada denúncie, recollerá-se a sua denúncia encamiñando-a ao Xulgado pertinente, ao tempo que se lle incoará un Procedimento Sancionador, cuxo resultado pode recaer nunha orde de expulsión, ou nunha sanción económica. Este resultado será certeiro sempre e cando, que despois das actuacións policiais e xudiciais recaia unha Sentenza ou Fallo absolutório do agresor.

discriminacion.jpgProvoca perplexidade, sobrecolle, que muller violentada vai denunciar ao seu agresor se, sabendo-se que non ten “papeis”, pode recaer nela unha Orde de Expulsión?

O PP puxo hai ben tempo a semente, Rajoy segue na mesma teima nesta Campaña Eleitoral, antes as persoas imigrantes eran, segundo esa direita fascista, quen nos roubaban o traballo, a imigración era igual a delincuéncia, agora rouban-nos os Servizos Sociais básicos, mentiras, mentiras e máis calúnias. Que auséncia de memória histórica.

Como di un amigo meu, a inoráncia que atrevida é!!

Somo, Galiza, por eséncia fillas e fillos da Imigración e Emigración. A imigración, hoxe, sustenta todo o que en Galiza temos, pois elas e eles son Galiza, son parte de nós, somos nós, somos todas e todos Clase Traballadora Galega.

O acontecido en Pontevedra onde unha muller colombiana é detida pola Policia Local de Pontevedra, e foi transladada á Policia Nacional quen a detivo e puxo a disposición xudicial provoca a quen lle escreba noxo, e pánico por un presunto abuso da autoridade.

O pasado luns, en Compostela, unha muller paraguaia recebeu unha citación para personar-se nas dependéncias policiais e, alí, recebeu unha Notificación de Inicio de Expediente de Expulsión por estar indocumentada. Até ai nada que salientar, se non for, por que o venres anterior estivera ela poñendo unha denúncia nesa mesma Comisaria por perda de obxetos, entre os que estaba o seu pasaporte. Isto provoca indefensión. A actuación da Policia semella nada axeitada ao direito. Se calquer de nós precisamos un novo documento temos que previamente denunciar a perda…

E xa por último, e sen ánimo de ser reiterativa, e menos negativa, isto son froitos dunha política racista e xenófoba, e senón que lle pregunten algunhas prostitutas latinoamericanas, que recebendo a visita dalgun cliente nos seus pisos particulares, unha vez dentro identica-se como axentes da seguridade e son detidas, e, por ende, expulsadas…

Quen escrebe, fica abraiada, alarmada e acha que a imigración non é fácil, non é algo desexábel, e que desde logo as mulleres imigrantes sen papeis resultan as máis indefensas.

Laura

Non o contrato de Rajoy.....Os touros que vaia el !!!

Amigas/os : Non sei se entre as costumes españolas que quer impoñer ( Soio no caso de gañar ? ) Marianico el Corto ...ou breve...estará a de obligar as inmigrantes a ir de mantilla "española" e peineta a os touros...E iso si que non o "bancamos", nos respetamos as culturas diferenciadas e faremos esforzos por ensinar as nosas propias...Nun enriquecedor intercambio...NON QUEREMOS IMPOÑER NADA : E DECIMOS QUE O ESPAÑOL, O IDIOMA NON PELIGRA NA GALIZA!! SON ELES O QUE NON RESPETAN NIN PULAN POLO GALEGO...NA PROPRIA GALIZA!!! Como dixo Trillo : MANDA¨Güevos!! rajoy-2.jpgSei do aberrante das corridas, pero aproveiten o adxunto para demandar acabar con as corridas de touros: Na Galiza temos Touriños...NON QUEREMOS TOROS PARA SACRIFICAR, QUE SE POÑA DIANTE RAJOY!!

HERBAS DE PRATA

herbas-de-prata.jpg

Recibo dunha amiga un mail que me deixa enganchado, comprometido ca súa difusión e de contado me poño mans a obra :

Hoxe toca difundir o” laburo”, o traballo dun colectivo de exemplares mulleres da diáspora, e que nacendo en Bos Aires xa está asentado da outra beira do Prata, en Uruguai, contando cunha activista como Elena Parajó. E con vontade de seguir universalizando e achegando galegas a causa...

Quero destacar a iniciativa destas mulleres, agradecer o seu interese por espallar a nosa cultura diferenciada, e ese abnegado traballo de recoñecer ás nosas mulleres da diáspora, merecentes todas elas de permanentes homaxes, pois foron elas as que co seu esforzo trasmitiron e deixaron esa pegada galega en durisimas condicions...Nunha terra extraña, outra cultura, durísimas xornadas de traballo e o pensamento na Terra...Por non decir os avatares personais que a vida lles foi deparando...Como non recoñecer o paseniño traballo da miña queridisima cedeiresa Dionisia López Amado, a súa teimosia e rexa bravura por Verdade e Xustiza ante a desaparición dos seus queridos seres...Galega , cedeiresa e boa cantora...Loitadora a prol da máis noble causa cal é a defensa dos Dereitons Humans... Tamén dun e outro lado do Rio da Prata, tiveron a súa longa noite de pedra...Anque afortunadamente non foron tantos anos como os sofridos na Terra...E non sei se en Avellaneda nalgunhas das miñas visitas a ese currunchiño tan galego donde José Creo se desvivía en atencións, estaría seguro que sí, a nosa incansable Isabel Varela, de seguro que se non andaba por alí, non deixaria de andar por Chacabuco na Federación...

E claro Maruxa Boga...maruxa-boga.jpg Que decir de esta galega, da “voz” galega en Arxentina... Mesmo gardo como un tesouro a foto da celebración do 80 aniversario da Federación de Asociacions Galegas de Arxentina , donde nun improvisado discurso tiven que lembrar o actuado noutrora pola Federación, que posibilitou a elección de Suárez Picallo e Antón Alonso Rios como diputados galegos nas Cortes da República...Manifestei o meu placer de encontrarme nun centro que seguia sendo fidel a súa republicana orixe e lembro que un comensal contiguo mostrara o seu enoxo...Logo entereime de que era D. Carlos Vinuesa Salto Cónsul español en Bos Aires...Pero o que iva : Gardo atesouradamente a foto desta data xa que Maruxa, agora que anda a recibir cumplidos homaxes ( A primeiros do mes que andamos recebeuno de Xeito Novo, coorganizado...) forma parte da Historia Contemporánea de Galiza, o igual que Antonio Iglesias...”Tacholas” inesquecible...E comprenderan que cando o meu neto me diga ...Abo quen e esa Señora...? Un pode contarlle verdadeiras historias e decir fachendoso, eu coñecina...

Como fachendosos se sentiran os irmans Fernández, de Xeito Novo...Cantos anos levo sen darlle unha aperta a Gustavo ?... De ter unha mai que tivo tempo para todo...E para exercer de galega...Parabens a todas estas mulleres, e as milleiras das anónimas, que moitas veces sofriron a incomprensión...E nin siquer hoxe se ven retribuidas cunha pensión digna...Pero quero fuxir do plano reivindicativo...E quero rematar para recoñecer públicamente tamén a quen pon todo o esforzo, para dignificar a muller galega da diáspora...Alguén tiña que facelo, pero a idea, a difusión o traballo e o bon facer e merito de esa equipa que traballan colectivamente a caron de este fermoso proxecto... ...

E non quero esquecerme de ninguén ...Pero por se visitan o blog...Mándolle unha fonda aperta a Rosa Mª Lojo, a Débora Campos, a galega máis universal destes días, que o mesmo interven no Parlamento Paraguayo, que na ONU, que zurze e artella en Bruselas o xeito de dar a coñecer a universalidade de Galiza, ou nos sorprende con Lula...Dame a impresión que o alento desta muller non lle falta a Herbas de Prata.. Xa deduciron que falo de.Ana Miranda...A todas, todas os meus parabéns...Para min xa di todo o mesmo nome do colectivo, e toda unha declaración...E con os obxetivos :

Concordo plenamente, soio me queda darbos as noraboas e Graciñas!! :

"A nosa idea é a de tecer unha rede de mulleres emigradas e os seus descendentes que permita a colaboración con elas nas problemáticas propias. Para iso, algúns dos nosos propósitos son promover a capacitación das mulleres, a atencións dos seus problemas, a posíbel vinculación coas institucións públicas e privadas pertinentes segundo os casos e todo canto vexamos que se pode medrar nesas direccións".

PD : Vostedes perdoen, pero as veces un ponse moi emotivo, e mesmo agroman as bágoas... cando se está a escribir de xente tan querida, de experiencias vitais tan sentidas, e que froito da amistade e o recoñecemento viveunas como en carne propia...Unha vez máis a todas vos mil gracias!!

O Vello Pancho.

Máis información: Herbas de Prata

Ler máis »