A Escola neutra " Sada y sus contornos" cumpre oitenta anos


Pois trátase diso xustamente, de todo o contrario do que decian os da Galicia bilingue...Ou mesmo Mariano...Manda güevos dixo Trillo ( Que pinta éste bárbaro que nada tivo que ver no Yacolet...Eles que sempre din estar cas vitimas...? ).
Trátase miñas donas e meus señores de ir normalizando o uso da nosa lingua en todo-los ordes da vida...Que menos que en Galiza en Galego!!
Argallar para decir que peligra o castelan e para rir e non parar deica o próximo Ano Santo...
Pero ode está esta xentiña que ve peligrar o idioma do galego Cervantes Saavedra...
E logo escandalizanse cando o Himno se use na Misa...
Pois moi ben : Saiban todas e todos que por mor do 25 de Xullo, pra uns Dia do Apostolo,para outros dia de Galicia, para outros Dia Nacional e para mín Día da Patria Galega, na Catedral montevideana da Plaza Matríz, vai anos que se misa integramente en galego e mesmo se entona o Himno que ben de celebrarse o seu Centenario...
Así o enzetaron os vellos galeguistas, asi ca mesma fidelidade segue o Patronato da Cultura Galega a mantelo, e o dia ? que na CatedralCompostela se cante o noso Himno o 25 de Xullo, mesmo podoir a misa logo de pasar pola Quintana...
E que naide se escandalice, como podideron facer os do xornal Diario Iberico... ...
Poderiamos falar dos atropellos que particulares e multinacionais fan en todo o planeta...Pero o de Endesa onte e o de Tinelli hoxe a respecto dos mapuches merece ser difundido e alguén, mesmo un movemento mundial e solidario tiña que parar estas inxustizas e este aniquilamento mesmo fisico que os indixenas mapuches están a sofrir...
Coñecin unha persoa mapuche, flor de solidaria, que dende o primeiro día que pisou Galiza deuse conta que estaba nun pobo con cultura propia, de seu e a súa integración e loita foi exemplar...Fundadora de Asmirefe, loitadora sindical, e frecuente, asidua ás citas nidiamente reivindicadoras da nosa cultura diferenciada...Katy Vilches...Mapuche, chilena-galego falante...Internacionalista e solidaria... Hoxe loitando coma sempre no seu Chile natal, fainos un chamado a solidariedade e non podo negarme...Estou seguro que vostedes tampouco, así pois actuemos xa!!
Esta mapuche deixou a súa pegada persoal en terras galegas...E xa forma parte dos bos e xenerosos/as , que no mundo falan dun País que quixeron, queren e non olvidan...Nos tampouco olvidamos que unha mapuche estivo entre nos...e con as nosas bandeiras ben outas...Teño que recordala porque os tesouros en cobre que ela tanto gardou, de mudanza en mudanza...Agasalloumos e asi e que todolos días vexo a Victor Jara, Neruda e o compañeiro Presidente Salvador Allende...E sei e alento a nosa Katy a que as alamedas sexan plenamente abertas para que máis cedo que tarde, pase o home libre para construir unha sociedade mellor...
Por certo o seu regreso a Chile, froito das alabanzas de desenvolvemento económico puxante do novo Chile, lamentablemente non foi tal...E a realidade e que deciame a Katy que desexaba voltar a Galiza...Pero prendeuse da loita díaria pola supervivencia...E probou os estragos das politicas neoliberais...Hoxe segue a loitar pola sindicación na UGT chilena, dos marxinais e excluidos do sistema, e non adia a loita pola colectividade chilena...Choraba a perda dun estudante mapuche recentemente asasinado...E coma sempre esta brava e rexa mapuche estivo en vangarda!!
Saude eTerra Irmas Mapuches!!
O Vello Pancho.
“O carallo 29″ e unha expresión que forma parte del da lingua galega.
Precisamente, a expresión “o carallo 29″ ten connotacions de duda, reparo, receo, incertidume ou desconfianza. E ten un orixen histórico que se remonta a os tempos da Restauración, momento no que o artígo 29 da Ley Electoral proclamaba automáticamente gañador das eleccions a un candidato cando era o único que se presentaba nun distrito electoral e sen necesidade de celebrar as votacions. Motivo polo cuál se facía todo o posible, legal o ilegalmente, por lograr o candidato único e a consecuente aplicación do artigo en cuestión. Razón pola que os galegos, que viviron en primera persoa o caciquismo da época, bautizaron o artígo con tal expresión.
Moitos son os que habrán escoitado esta expresión algunha vez. Poucos os que coñecen a sua orixen. Pero casi nadie sabe da sua existencia real. Porque sí, existe. O carallo 29 está no número 29 da Rúa Travesa, como non podía ser de outro modo, a 50 metros da Mexillonería Belgo. Realmente está no 9 da Rúa San Bieito, rua perpendicular a Rúa Travesa, que, ainda que acaba no número 27, si continuase nos encontraríamos no 29 con unha pedra coa forma dun carallo.
"Os argbinas, humáns andios e xidos que mariñaron arria xidavante deñándolle videmes, ormeando do deixo asives testemudo do muriar abatido de soi polos luceiros danglionos".
Non é francés, nen lingua romance de nengún xeito, é latín, o dos canteiros que tanto gharruaron polo País deixando a súa pegada anónima en cada pedra, en cada recuncho para deleite de propios e alleos.
E di o texto: "Os canteiros, homes bos e xenerosos que fixeron da pedra arte e vida, deixando así testemuña do seu labor calado ao longo dos séculos".
Se o labrego e quen labra a terra, o canteiro é quen labra a pedra para, un e outro, quitaren dos seus medios, os froitos para vivir. Froitos obtidos de sempre, dun nada agradecido e duro traballo feito día a día e a reo, desde a alba até o solpor. Iso si, coa sorna propia da profesión que lles serviu coma de escape para levar con tempero tan dura labor.
Se ben é certo que a pregunta é a de se hai algún traballo que se facía de vello que non fora duro... ?.
0 verbo ou latín dos canteiros apresenta as súas orixes na idade media co xurdir dos gremios e en diversas linguas de procedencia tales coma o latín, o galego, o vasco, catalán, francés, etc. Hoxe en día aínda quedan algúns canteiros maiores que intervan o verbo mercede ao que é posíbel a escolma de arredor dunhas catro mil palabras coas súas variantes en toda Galiza. Foi usado de forma oral polo que se conserva moi pouco na escrita motivo polo que o seu segredo se mantivo máis agochado e mellor que no caso doutras xergas.
Pero se isto resulta abraiante, non o é menos, é, a simboloxía deixada nas pedras desde o románico e o gótico ateigada de silencio e misterios aínda hoxe sen descifrar. Un código segredo, a sua sinatura; o seu sinal de participación, unha certa seña identitaria, ..., quen sabe?.
De calquera xeito, o maxín segue no seu dereito de ser libre e cada quen, pode crer e pensar o que estime máis oportuno.
Grazas a todos, por tanta labor silenciada no tempo!