ASMIREFE

A Asociacion migratoria residentes en Ferrolterra estrea blog e dende aqui desexamoslles moita sorte porque a merecen toda.
Asmirefe é un referente para a xente comprometida, loitadora e implicada nos asuntos da sociedade..

A Asociacion migratoria residentes en Ferrolterra estrea blog e dende aqui desexamoslles moita sorte porque a merecen toda.
Asmirefe é un referente para a xente comprometida, loitadora e implicada nos asuntos da sociedade..

Campaña de recollida de firmas para a solución do conflicto do Sáhara.
Colabora e firma o manifesto, non sexas insolidario.
Poderiamos falar dos atropellos que particulares e multinacionais fan en todo o planeta...Pero o de Endesa onte e o de Tinelli hoxe a respecto dos mapuches merece ser difundido e alguén, mesmo un movemento mundial e solidario tiña que parar estas inxustizas e este aniquilamento mesmo fisico que os indixenas mapuches están a sofrir...
Coñecin unha persoa mapuche, flor de solidaria, que dende o primeiro día que pisou Galiza deuse conta que estaba nun pobo con cultura propia, de seu e a súa integración e loita foi exemplar...Fundadora de Asmirefe, loitadora sindical, e frecuente, asidua ás citas nidiamente reivindicadoras da nosa cultura diferenciada...Katy Vilches...Mapuche, chilena-galego falante...Internacionalista e solidaria... Hoxe loitando coma sempre no seu Chile natal, fainos un chamado a solidariedade e non podo negarme...Estou seguro que vostedes tampouco, así pois actuemos xa!!
Esta mapuche deixou a súa pegada persoal en terras galegas...E xa forma parte dos bos e xenerosos/as , que no mundo falan dun País que quixeron, queren e non olvidan...Nos tampouco olvidamos que unha mapuche estivo entre nos...e con as nosas bandeiras ben outas...Teño que recordala porque os tesouros en cobre que ela tanto gardou, de mudanza en mudanza...Agasalloumos e asi e que todolos días vexo a Victor Jara, Neruda e o compañeiro Presidente Salvador Allende...E sei e alento a nosa Katy a que as alamedas sexan plenamente abertas para que máis cedo que tarde, pase o home libre para construir unha sociedade mellor...
Por certo o seu regreso a Chile, froito das alabanzas de desenvolvemento económico puxante do novo Chile, lamentablemente non foi tal...E a realidade e que deciame a Katy que desexaba voltar a Galiza...Pero prendeuse da loita díaria pola supervivencia...E probou os estragos das politicas neoliberais...Hoxe segue a loitar pola sindicación na UGT chilena, dos marxinais e excluidos do sistema, e non adia a loita pola colectividade chilena...Choraba a perda dun estudante mapuche recentemente asasinado...E coma sempre esta brava e rexa mapuche estivo en vangarda!!
Saude eTerra Irmas Mapuches!!
O Vello Pancho.