
Hoxe pétame facer público o traballo que a prol da identidade e da difusión da cultura e idioma galego fai o Patronato da Cultura Galega de Montevideo.
O busto que ven nesta reseña e idéntico o que vostedes poden contemplar no Paseo da Ribeira en Rianxo, e deben saber tamén que precisamente foi doado o pobo de Rianxo por este benemérito Patronato. E inaugurouse o 27 de setembro de 1975...Chuvioso día no que estivemos a caron de D.Ramón Otero Pedraio, de D.Antón Crestar Faraldo, de Avelino Pousa, de Xosé Mª Monterroso, Dorado Deira e outros centos de bos e xenerosos que desafiando a inclemencia do clima e outras trabas denantes insalvables...Souberon cumplir co desexo da colectividade galega de Montevideo que dinamizada por a insobornable figura de D.Antón Crestar, deron comprido obxetivo a deseñada operación “kilo” para esta estatua...Eran outros tempos e naquela banda do Prata ahínda vivían mecenas como o inesquecible Xesús Canabal.
Co tempo as politicas neo-liberais sumiron o Uruguai nunha profunda crise, a que a colectividade galega en maior ou menor medida non foi allea, crise da que afortunadamente e grazas o triunfo electoral do Frente Amplio, hoxe empeza a revertir... E destacar tamen o feito de que na Galiza, o cambeo de Goberno, nos acercase máis a unha e outra banda , e traballar pola cultura e identidade galega sexa máis doado...Pero volvamos o que eu queria trasmitirlles.
A dirixencia actual do Patronato manten con unha grande dignidade os principios fundacionais do Patronato, e seguen a lembrar e homenaxear , e celebrar as datas que na nosa historia son salientables.
Así manteñen esa homaxe permanente que recorda a morte do Guieiro Castelao, ca audición máis vella do mundo, falada enteiramente en galego dende vai para 58 anos...Audición hoxe recoñecida mundialmente , de guinness a Sempre en Galicia, e que por certo tambén relata nun libro a xornalista Mónica Rebolo...
E decia eu que manteñense e difundense estas datas, con un amor e fidelidade a Terra que é meritorio e digno de destacar. Velahí as actividades deste Patronato : Lengua e Literatura Galega, primeiro e segundo nível, Acuarela, Cerámica, Danza Galega e Crioula ( Fermosa integración e calidade human emotiva ) Obradoiro de Teatro, Declamación, Fotografia e Historia de Galicia...Cursos gratuitos e colaboración desinteresada de tódoloa/as profesores.
E neste senso quixera destacar a fermosa xornada do 30 de Xaneiro para celebrar o aniversario do nacemento de Alfonso D. Rodríguez CASTELAO.
Cunha montaxe audiovisual magnifica, neste ano difundiuse a faceta artistica do Guieiro , e abofé que a xente agradeceu este traballo ben feito polo grupo de teatro e declamación...
Teño mantido, no aquén e alén mar o traballo do Patronato, e a fachenda que un pode sentir de atoparse nesa súa sede, como na casa...E que pouco poden envexar do que se fai na Galiza, por as asociacions culturais que na Terra fan a súa laboura...Xa me gostaria que fixeran o 50 % do que fan no Patronato a 12000 Kms do chan Patrio...Sinceiramente!!
En definitiva, coma cada 30 de xaneiro, invariablemente, Felicitacións a esa equipa human encabezado pola Doctora Ana Lorenzo. "PARABENS O PATRONATO!!
Saber máis : PATRONATO DA CULTURA GALEGA, Rúa Río Branco, 1443 CP 11100 MONTEVIDEO- URUGUAI ; www.patronatomontevideo.galiciaaberta.com
pcgalega@adinet,com.uy
Ver/Escribir Comentarios
Chúzao |
del.icio.us