Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: PAIS

Sobe a Renda agraria na Galiza

callobre 08/02/2008 @ 13:04

vacas1.jpgPor primeira vez en 20 anos a renda dos campesiños galegos sube. Neste artigo de El Pais, Unións Agrarias atribue á suba do prezo do leite a mellora dos últimos datos. E non terán nada que ver, digo eu, as novas politicas impulsadas por medio rural que dirixe Suarez Canal e ademais é do BNG?Se o conselleiro fora do PSOE o tirular sería: A Xunta de Touriño enriquece aos pobres.
Lee mais...

30 DE XANEIRO EN MONTEVIDEO : CASTELAO PRESENTE

callobre 01/02/2008 @ 21:14

busto-de-castelao-en-el-patronato-para-mino.jpg

Hoxe pétame facer público o traballo que a prol da identidade e da difusión da cultura e idioma galego fai o Patronato da Cultura Galega de Montevideo.

O busto que ven nesta reseña e idéntico o que vostedes poden contemplar no Paseo da Ribeira en Rianxo, e deben saber tamén que precisamente foi doado o pobo de Rianxo por este benemérito Patronato. E inaugurouse o 27 de setembro de 1975...Chuvioso día no que estivemos a caron de D.Ramón Otero Pedraio, de D.Antón Crestar Faraldo, de Avelino Pousa, de Xosé Mª Monterroso, Dorado Deira e outros centos de bos e xenerosos que desafiando a inclemencia do clima e outras trabas denantes insalvables...Souberon cumplir co desexo da colectividade galega de Montevideo que dinamizada por a insobornable figura de D.Antón Crestar, deron comprido obxetivo a deseñada operación “kilo” para esta estatua...Eran outros tempos e naquela banda do Prata ahínda vivían mecenas como o inesquecible Xesús Canabal.

Co tempo as politicas neo-liberais sumiron o Uruguai nunha profunda crise, a que a colectividade galega en maior ou menor medida non foi allea, crise da que afortunadamente e grazas o triunfo electoral do Frente Amplio, hoxe empeza a revertir... E destacar tamen o feito de que na Galiza, o cambeo de Goberno, nos acercase máis a unha e outra banda , e traballar pola cultura e identidade galega sexa máis doado...Pero volvamos o que eu queria trasmitirlles.

A dirixencia actual do Patronato manten con unha grande dignidade os principios fundacionais do Patronato, e seguen a lembrar e homenaxear , e celebrar as datas que na nosa historia son salientables.

Así manteñen esa homaxe permanente que recorda a morte do Guieiro Castelao, ca audición máis vella do mundo, falada enteiramente en galego dende vai para 58 anos...Audición hoxe recoñecida mundialmente , de guinness a Sempre en Galicia, e que por certo tambén relata nun libro a xornalista Mónica Rebolo...

E decia eu que manteñense e difundense estas datas, con un amor e fidelidade a Terra que é meritorio e digno de destacar. Velahí as actividades deste Patronato : Lengua e Literatura Galega, primeiro e segundo nível, Acuarela, Cerámica, Danza Galega e Crioula ( Fermosa integración e calidade human emotiva ) Obradoiro de Teatro, Declamación, Fotografia e Historia de Galicia...Cursos gratuitos e colaboración desinteresada de tódoloa/as profesores.

E neste senso quixera destacar a fermosa xornada do 30 de Xaneiro para celebrar o aniversario do nacemento de Alfonso D. Rodríguez CASTELAO.

Cunha montaxe audiovisual magnifica, neste ano difundiuse a faceta artistica do Guieiro , e abofé que a xente agradeceu este traballo ben feito polo grupo de teatro e declamación...

Teño mantido, no aquén e alén mar o traballo do Patronato, e a fachenda que un pode sentir de atoparse nesa súa sede, como na casa...E que pouco poden envexar do que se fai na Galiza, por as asociacions culturais que na Terra fan a súa laboura...Xa me gostaria que fixeran o 50 % do que fan no Patronato a 12000 Kms do chan Patrio...Sinceiramente!!

En definitiva, coma cada 30 de xaneiro, invariablemente, Felicitacións a esa equipa human encabezado pola Doctora Ana Lorenzo. "PARABENS O PATRONATO!!

Saber máis : PATRONATO DA CULTURA GALEGA, Rúa Río Branco, 1443 CP 11100 MONTEVIDEO- URUGUAI ; www.patronatomontevideo.galiciaaberta.com

pcgalega@adinet,com.uy

Ver/Escribir ComentariosChúzao | del.icio.us

A potencia sen control non sirve de nada.

callobre 26/01/2008 @ 13:34

En Galicia xa se está preto de alcanzar os 3.000 MW de potencia en enerxía eólica. Se consideramos Galicia por si mesma, estaríamos a falar da sexta potencia eólica mundial -e a cuarta de Europa- despois de Alemaña, Estados Unidos, o resto de España, Dinamarca e a India. Dentro de España, Galicia representa o 25% da potencia eólica instalada. Pero os bos datos non quedan aí, pois a eficiencia dos parques na nosa terra e moi superior ó do resto do estado, chegando así a producir algo máis do 29% do total de España.

Aínda con todo isto seguemos a padecer cortes de luz e caídas de tensións debido ás vetustas redes eléctricas que en moitos dos nosos pobos todavía temos. ¿Isto é de xustiza? NON!!!. Eses 3.000 MW potencias darían para moitas persoas. Imos facer un cálculo.Podedes leelo neste blog.
Aqui tedes un claro exemplo.

O tamaño si importa

callobre 09/12/2007 @ 15:50

Unidades de medida galegas.

Unidades de capacidade: Cuartillo: Un cuarto de litro, nas Rías Baixas e en zonas como Mesía (concello da provincia da Coruña) parece ser que vale por medio litro. Neto: Equivalente a medio litro; 2 cuartillos Azumbre: Equivalente a dous litros Cuartilla: Equivalente a catro litros; 2 azumbres Canada: De oito litros, nalgúns lugares cinco ou seis litros Cántaro ou ola: Medida de capacidade usada nos líquidos (viño, aceite,..)Equivale a 16 litros = 2 canadas, 1 ola = 1 cabazo = 1 cántara = 1 arroa = 16 litros Cabazo: varía segundo os concellos, podendo ser 14, 16 ou 20 litros coma en Redondela. Cañado: Equivalente a 40 litros; 2 cabazos Moio: Equivalente a 16 cántaros Sella: Que podía variar entre 5, 6 e ata 15 litros Cunca: Dezaseisava parte dun ferrado Cuarto: Cuarta parte dun ferrado= 4 cuncas Esca: Medio ferrado= 2 cuartos Ferrado: Medida de capacidade empregada para medir áridos (gran) = 2 escas.Varía entre os 12 Kg e os 20 kg segundo a clase de gran. A coincidencia no nome co ferrado de superficie parece deberse á equivalencia entre gran e terro plantado. Un ferrado de centeo era a semente necesaria para plantar un ferrado de terra. Fanega: En millo equivale a 5 ferrados. Probablemente ten igual explicación có ferrado.

ferrado.jpg

GALICIADENTROEFORA

callobre 01/12/2007 @ 00:47


Get your own playlist at snapdrive.net!

40 anos da Agrupacion Cultural Auriense

callobre 24/11/2007 @ 22:15

A chama da Agrupacion Cultural Auriense continua acessa, unha chama prendida en 1967, tempos difíciles mas nos cuales foron surgindo pola Galiza toda pequenos «fachos» que comenzaron a iluminar a escuridade. Ferro Couselo, Taboada Chivite, Xocas... e muitos mais foron algunhas desas personaxes que prenderan esa chama.

Oferta floral foi colocada perante da estátua do ilustre Outeiro Pedraio

auriense_18.jpg

Vídeo da Intervencion
de Xosé Lois «O Carrabouxo»

Homenaxe ós Mártires de Sobredo o vindeiro domingo 25

callobre 24/11/2007 @ 02:31

Organizado pola Confederación Galega de Asociacións Veciñais 'Rosalía de Castro' e máis a Organización Galega concentración na Carballeira de San Xosé (Sobredo), para logo subir a pé ata o monumento conmemorativo. de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, o vindeiro domingo conmemórase, un ano máis, o 85 cabodano dos Martires de Sobredo na parroquia de Guillarei (Tui). O Acto comezará ás 11:00 h. coma tódolos anos .tui_sobredo.jpg

As hipotecas e o teu banco amigo

callobre 20/11/2007 @ 21:56

banco.jpg

A PRAIA NON SE LIMPA SOA

callobre 16/11/2007 @ 22:09

a-praia-non-se-limpa-soa.jpg

! GRAZAS POR TODO !

En castelán entenden igual

callobre 03/11/2007 @ 21:41

(Para Sabela e todos os nenos e nenas da Galiza que teñen dereito a soñar en galego)

Cóntame unha compañeira que anda cos preparativos da Comuñón da súa filla, de Sabela, o que lle aconteceu cando quixo facer os convites. No Corte Inglés da Coruña simplemente non fan as invitacións en galego; en Porvén, tamén da Coruña, si as fan, só que en castelán custan 10€ e en galego 30€!!!! " porque cobran igual que o inglés”

Para que logo digan que o galego non é rendíbel!