Un xa empeza a estar farto do tema voto dos residentes ausentes...Todos o queren facer trasparente, todos queren que sexa en hurna, e mesmo se anuncia a incorporación o CERA, dos netos ou fillos ( Que aínda os hai a moreas sen nacionalidade ) , cando conquiran a nacionalidade.

Anuncio que as cifras resultantes van ser de escándalo...E irremediablemente eso vai a levarnos a regular o dereito de voto. Ver en que eleccions este pode ser normal, i en cales pode resultar unha verdadeira pesadela, sobor de todo por o que pode supoñer, poño por caso, nos municipios de forte colectividade emigrada, sen coñecemento directo da vida municipal, e polo tanto % de residentes ausentes poden darlle un volco os resultados finais, votando mesmo para decidir en sentido contrario o votado polos que viven todo o ano e sofren ou se lles troca a posibilidade de mudar os destinos municipais...Con un voto descoñecedor da realidade.
Nesto temosche moita demagoxia e compre saber o que propon cada quén. E podemos ver : Polo actuado deica agora, os partidos maioritarios, os dous sempre querian mudar este voto e regularizalo...Para as vindeiras eleccións, e levo vendo isto dende vai xa varias lexislaturas... Promesas e máis promesas pero non vontade política de definir o asunto.
E neste senso, sempre foron a remolque das propostas feitas en Galiza i en Madrid polos nacionalistas...Esto e unha verdade irrefutable.
Agora unha cousa sen sentido, a promesa de conquerir a nacionalidade en base a Lei de Memoria Histórica, Estatuto dos Cidadans españois no Exterior e non sei que máis se lles pode ocorrer os iluminados de turno... Co fácil que seria abordar as pertinentes reformas de Constitución e Codigo Civil , aínda e cando compre ter a vontade política de encarar, e non adiar o asunto.
Outra cousa que me deixa perpléxo e que medre o censo e teñamos provincias que perden escanos...E así é...Ou minto eu?
E penso que tampouco minto cando digo que diputados/as galegos/as, nunca tiñeron a valentia de apoiar a o Bng, para que Galiza recibise do Estado en función desta población total emigrada, correspondentemente reflexada no censo de cada municipio; E cantos recursos non teríamos para asistir a población emigrada que realmente o necesita? ...Incluso nesto nin teñen visión de País, nin lles importa a colectividade...Soio o voto, aínda e cando poñen cariña de santos para chegar á fibra da xente, e logo perante as distintas lexislaturas, este voto utilizouse contra a propia emigración.
E direi sinceiramente que habilitar unha circunscripción para a diáspora, penso non recoñeceria a pluralidade social, a non ser que cambease a lei ou se implementaran medidas correctoras a o perverso sistema electoral a respecto das minorias...
E finalmente, coido se entende en que casos abogo polo dereito constitucional a termos voto; Eu aspiro a máis auto-goberno para Galiza, e a facultade de poder decidir en temas como emigración e inmigración; Lexislar por tanto, e non poden as nosas xentes da diáspora quedar a marxe... E se fose vontade deles os que residen no Estado español, deberian ter este dereito a decidir nas cuestións nacionais de Galiza, e os mariñeiros votar aproveitando as novas tecnoloxias...Resulta noxento que paises que chamamos do terceiro mundo, nesta materia nos fagan poñer a faciana de cores...O mao e que algúns nin con esas daprenden.
E para abundar no tema : Quen recolle o guante ou “ordago” como se reflicte na prensa do día : Galicia Hoxe.
Artigo enviado por “ O vello Pancho”.