Categoría: PAIS
O Tren que me leva

O AVE non reposta os problemas de mobilidade e transporte de Galiza en xeral, e da área da Coruña en concreto. Os problemas de mobilidade, os atascos e a saturación, que teñen os traballadores, os xóvenes, etc., veñen da non existencia dunha alternativa real ao coche particular. O transporte nos buses é un reino de taifas, as concesións fánse baixo os criterios de máis lucro empresarial, onde os horarios e as rutas non se fan tendo en conta as necesidades reais para que os traballadores cheguen a seus traballos, os xóvenes a universidade, etc. A Coruña, como as cidades de Galicia, funcionan como grandes áreas metropolitanas, onde a mobilidade entre elas é diaria e constante; e isto non se soluciona con máis AVEs, que só serven para chegar máis rapido a capital do reino.
O goberno central, para non pór un tren de proximidade, escudase na suposta baixa rendabilidade da liña Coruña-Ferrol. E iso é unha mentira máis. Se ista liña non é rentable debese a que a fan non rentable, cuns horarios non axustados as necesidades da sociedade, cunhas frecuencias insultantes, e prezos surrealistas. Unha liña que atravesa máis da metade dos barrios e pobos con máis poboación de área –uns 90 mil habitantes-, e din que non é rentable. Mais, para RENFE si o é.
Foi a Xunta de Fraga a que comenzou a pagar pola súa infrautilización, como unha maneira demagóxica de mantela. E para elo paga uns billetes, vaian ou non os pasaxeiros. Se queren que sexa rentable a Xunta ten que deixar de pagar a subvención, xa mesmo, e que Fomento e RENFE poñan unhas frecuencias horarias axeitadas, que acorden un billete único e combinado co resto dos medios de transporte. So teñen que pór os combois, as vías xa estan.
Pero a Xunta, a de Fraga e de agora, ten a súa cota de responsabilidade; o artigo 27 do Estatuto recoñece a competencia exclusiva da Xunta para os camiños de ferro que teñan todo o seu percorrido pola comunidade. E a liña Ferrol-Coruña-Vigo é unha delas. Que a Xunta aplique o Estatuto e constitúa unha compañía pública galega de Camiños de Ferro, establecendo un servizo axeitado as necesidades de poboación traballadora, e non dos constructores e executivos, como é o AVE.
A vertebracion das áreas metropolitanas como a da Coruña esixe a superacion dos reinos de taifas que son os municipalismos e as concesións a empresas privadas, que, por definición, só estan a procura do lucro privado. Ista vertebración pasa pola concepción dunha área urbana común, con organismos comúns como consorcios de transportes, etc., que planifiquen o desenvolvemento das infraestructuras –que non son máis estradas, é transporte colectivo- e os servizos.
A música pona Andres do Barro
Primeiro torneo de futbolin Alejandro Finisterre en Londres

Para máis información de como entrar ((é simple!), manda un correo a footie@resonancefm.com Domingo 25 de Maio de 2008 ás 2pm. Planta baixa no Bar Kick, 126-127 Shoreditch High Street, Londres E1.
"Poesía contra a ignorancia"
DEITADO FRENTE Ó MAR...
Lingua proletaria do meu pobo
eu faloa porque si, porque me gusta
porque me peta e quero e dame a gana
porque me sae de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ó ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ó pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
fala-la fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.
Eu faloa porque si, porque me gusta
e quero estar cos meus, coa xente que sufren longo
unha historia contada noutra lingua.
Non falo prós soberbios,
non falo prós ruíns e poderosos,
non falo prós finchados,
non falo prós estupidos,
non falo prós valeiros,
que falo prós que aguantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
prós que súan e choran
un pranto cotián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas de
tódolos que sufren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ó mar, ise camiño...
Frente De Liberacion Do Grelo
Andrés Solo, o fenómeno multimedia de Mos,, atendendo ó chamamento dos medios, amplía a parafernalia relativa ó F.L.G.:
Vostede pode velo e escoitalo a través de Youtube. Alí recibirá consellos de como facer a “loita antiespanholista” ou como limpar a boca tras falar castelán
Aberri Eguna, 2008
En vísperas de unha semana que pode resultar decisiva para calibrar as posibilidades de un achegamento político entre José Luis Rodríguez Zapatero e o PNV, o Aberri Eguna do próximo domingo servirá a formación jeltzale como plataforma para volver a reivindicar que o «2008 sea o ano do acordo» político entre os Gobernos español e vasco.
Vivir, beber e misar en galego....
Pois trátase diso xustamente, de todo o contrario do que decian os da Galicia bilingue...Ou mesmo Mariano...Manda güevos dixo Trillo ( Que pinta éste bárbaro que nada tivo que ver no Yacolet...Eles que sempre din estar cas vitimas...? ).
Trátase miñas donas e meus señores de ir normalizando o uso da nosa lingua en todo-los ordes da vida...Que menos que en Galiza en Galego!!
Argallar para decir que peligra o castelan e para rir e non parar deica o próximo Ano Santo...
Pero ode está esta xentiña que ve peligrar o idioma do galego Cervantes Saavedra...
E logo escandalizanse cando o Himno se use na Misa...
Pois moi ben : Saiban todas e todos que por mor do 25 de Xullo, pra uns Dia do Apostolo,para outros dia de Galicia, para outros Dia Nacional e para mín Día da Patria Galega, na Catedral montevideana da Plaza Matríz, vai anos que se misa integramente en galego e mesmo se entona o Himno que ben de celebrarse o seu Centenario...
Así o enzetaron os vellos galeguistas, asi ca mesma fidelidade segue o Patronato da Cultura Galega a mantelo, e o dia ? que na CatedralCompostela se cante o noso Himno o 25 de Xullo, mesmo podoir a misa logo de pasar pola Quintana...
E que naide se escandalice, como podideron facer os do xornal Diario Iberico... ...
Mafia Gallega ..dende Suiza
Mafia Gallega son unha crew rapeira, con sede en Xenebra, comandada polo Al Capone da rima, internacionalmente coñecido coma Paco Gallego. Se queredes escoitar este tema, ao que titularon A Billarda, velaí vai:
Este tema foi encargado pola LNB (Liga Nacional de Billarda).
Corenta aniversario da Nova Canción Galega
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, o apodado Ghandi galego, intelixente, irónico, artista universal. Exiliado na Arentina. No ano 1944 fundóu o consello de Galiza en Uruguay que ademáis foi onde se lle erixeu o seu primer monumento no ano 1975. Este e un poema de Celso Emilio Ferreiro adicado a todos aqueles que aldraxaron a sua imaxen. Este tema foi grabado por Miro Casabella no ano 1969 dentro do seu single “Cantigas de escarnho e Maldizer”.
Olla meu irmao honrado, o que acontece con Daniel
Os que o tiñan desterrado agora falan ben del
O palurdo de alma lerda
O tendeiro desertor
O vinculeiro da merda, disfrazado de señor
O lerdo carca refrito, o monifate de entroido
O aprendiz de señorito, marqués de quero e non poido
O badoco endomingado
O franquista pousafol
O forricas desleigado, o pequeño burgués mol
O devoto do onanismo
O feligrés de pesebre
O tolleito de cinismo, o que dá gato por lebre
O rateiro do peirao
O refugallo incivil
Válense de Castelao para esconder a caste vil
Escoita puto nefando
Criado na servidume
Non pasará o contrabando dese teu noxento estrume
Grotesco escriba sandez
Inxertado nun raposo
Castelao nunca foi teu, porque Castelao é noso
I anque a ti che importe un pito
Sabrás que é cousa sabida
Que estás incurso en delito de apropriación indebida.


Chúzao
del.icio.us




![Validate my RSS feed [Valid RSS]](http://revirate.nireblog.com/blogs/revirate/files/valid-rss.png)













