Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: NACIONALISMO

Sada lembra os irmáns Suárez Picallo

callobre 17/05/2008 @ 17:19

Un grupo de persoas de Sada formou unha comisión que pretende renderlles homenaxe aos irmáns Suárez Picallo, Ramón e Antón. Vai facer 43 anos da morte de Ramón, mentres que Antón fora paseado ao comezo da Guerra Civil, en 1936. Ademais de organizar diversas actividades, o fin último é conseguir traer á súa vila natal os restos de Ramón Suárez Picallo, enterrados en Arxentina, e cumprir así coa súa vontade de descansar na súa terra.

ramon-suarez-picallo2.jpg

Ramon Suarez Picallo 

Programa das I Xornadas Suárez Picallo - Sada 2008

Podes ver o programa completo premendo aqui. xornadas-suarez-picallo.jpg

Entrevista a Antón Moreda no Vieiros

callobre 12/05/2008 @ 22:37

"Se Galiza fose un Estado teriamos a dignidade de dicir 'na miña casa mando eu'"

anton-moreda.jpg

Vieiros entrevista o histórico galeguista Antón Moreda, confinado no hospital psiquiátrico de Ribeiras do Leia desde hai corenta anos. "Histórico galeguista" ainda que non gosta de ser condiderado como tal, isto apesar de ter fundado no seu Buenos Aires as Mocidades Galeguistas ou, xa na Galiza, o Consello da Mocidade.

Fonte: Vieiros

O BNG felicita a Fernando Lugo polo seu triunfo nas eleccións presidenciais de Paraguay

callobre 23/04/2008 @ 20:31

Ana Miranda, membro do Consello Nacional e vicepresidenta da ALE, representou aos nacionalistas galegos como observadora internacional.

Ana Miranda e Fernando Lugo

anamiranda-fernandolugo.jpg

Asunción, 21 Abril 08. A voceira do BNG en Bruxelas, Ana Miranda, desprazada a Asunción como Observadora Internacional, convidada pola Corte Eleitoral de Paraguay para as eleccións celebradas onte felicitou o novo Presidente de Paraguay, Fernando Lugo, polo seu triunfo. Un triunfo democrático sen precedentes na historia deste país pois todos os cambios gobernamentais en Paraguay sempre foron violentos. Despois de 61 anos de Goberno do oficialismo do Partido Colorado, o triunfo do bloque nacional paraguaio que representaba a Alianza Patriótica para el Cambio (APC), significa darlle voz á xente sen voz, dende unha perspectiva plural e nunha necesidade de cambio inminente. "Tivemos a ousadía de atrevernos en 8 meses, a gobernar este pais", afirman os seus portavoces. O BNG valora a madurez política do pobo paraguaio, que nunha xornada con numerosos incidentes previsíbeis e ameazas do partido no goberno, desenvolveuse finalmente de xeito tranquilo.

Ana Miranda pasou a xornada de observación na primeira hora da mañá en dous colexios electorais de Asunción, desprazándose posteriormente ao distrito de San Pedro, cidade de Capiiraby, a 300 kms da capital, onde ten asentamento o Movemento Campesiño Paraguaio, encabezado polo seu líder, Belarmino Balbuena, candidato a senador.

Fernando Lugo agradeceu a presenza da solidariedade internacional, que considerou fundamental para internacionalizar a situación do Paraguay e para que non sexa só recoñecido pola corrupción, o contrabando, a devastación forestal e fumigación, a discriminación lingüística e a emigración masiva, senón tamén por este feito democrático que hoxe inicia unha mudanza política na historia deste pais cunha tráxica historia de guerras, sometemento e vulneración dos dereitos humanos.

Fonte : BNG

Frente De Liberacion Do Grelo

callobre 23/03/2008 @ 05:30

Andrés Solo, o fenómeno multimedia de Mos,, atendendo ó chamamento dos medios, amplía a parafernalia relativa ó F.L.G.:

Vostede pode velo e escoitalo a través de Youtube. Alí recibirá consellos de como facer a “loita antiespanholista” ou como limpar a boca tras falar castelán

Aberri Eguna, 2008

callobre 23/03/2008 @ 03:37

aberri-eguna.jpg

En vísperas de unha semana que pode resultar decisiva para calibrar as posibilidades de un achegamento político entre José Luis Rodríguez Zapatero e o PNV, o Aberri Eguna do próximo domingo servirá a formación jeltzale como plataforma para volver a reivindicar que o «2008 sea o ano do acordo» político entre os Gobernos español e vasco.

Vivir, beber e misar en galego....

callobre 21/03/2008 @ 01:50

34-8237-a-galegoelogo3.jpgPois trátase diso xustamente, de todo o contrario do que decian os da Galicia bilingue...Ou mesmo Mariano...Manda güevos dixo Trillo ( Que pinta éste bárbaro que nada tivo que ver no Yacolet...Eles que sempre din estar cas vitimas...? ).

Trátase miñas donas e meus señores de ir normalizando o uso da nosa lingua en todo-los ordes da vida...Que menos que en Galiza en Galego!!

Argallar para decir que peligra o castelan e para rir e non parar deica o próximo Ano Santo...
Pero ode está esta xentiña que ve peligrar o idioma do galego Cervantes Saavedra...

E logo escandalizanse cando o Himno se use na Misa...

Pois moi ben : Saiban todas e todos que por mor do 25 de Xullo, pra uns Dia do Apostolo,para outros dia de Galicia, para outros Dia Nacional e para mín Día da Patria Galega, na Catedral montevideana da Plaza Matríz, vai anos que se misa integramente en galego e mesmo se entona o Himno que ben de celebrarse o seu Centenario...

Así o enzetaron os vellos galeguistas, asi ca mesma fidelidade segue o Patronato da Cultura Galega a mantelo, e o dia ? que na CatedralCompostela se cante o noso Himno o 25 de Xullo, mesmo podoir a misa logo de pasar pola Quintana...

E que naide se escandalice, como podideron facer os do xornal Diario Iberico... ...

Corenta aniversario da Nova Canción Galega

callobre 24/02/2008 @ 16:40

castelao-en-montevideo.JPG

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, o apodado Ghandi galego, intelixente, irónico, artista universal. Exiliado na Arentina. No ano 1944 fundóu o consello de Galiza en Uruguay que ademáis foi onde se lle erixeu o seu primer monumento no ano 1975. Este e un poema de Celso Emilio Ferreiro adicado a todos aqueles que aldraxaron a sua imaxen. Este tema foi grabado por Miro Casabella no ano 1969 dentro do seu single “Cantigas de escarnho e Maldizer”.

Olla meu irmao honrado, o que acontece con Daniel
Os que o tiñan desterrado agora falan ben del

O palurdo de alma lerda
O tendeiro desertor
O vinculeiro da merda, disfrazado de señor

O lerdo carca refrito, o monifate de entroido
O aprendiz de señorito, marqués de quero e non poido

O badoco endomingado
O franquista pousafol
O forricas desleigado, o pequeño burgués mol

O devoto do onanismo
O feligrés de pesebre
O tolleito de cinismo, o que dá gato por lebre

O rateiro do peirao
O refugallo incivil
Válense de Castelao para esconder a caste vil

Escoita puto nefando
Criado na servidume
Non pasará o contrabando dese teu noxento estrume

Grotesco escriba sandez
Inxertado nun raposo
Castelao nunca foi teu, porque Castelao é noso

I anque a ti che importe un pito
Sabrás que é cousa sabida
Que estás incurso en delito de apropriación indebida.

Eduardo Pondal "Os Pinos"

callobre 24/02/2008 @ 02:36

Pinchar no circulo gris para poder escoitalo.


Cuba, ¿ Feira do libro? !e moito mais!

callobre 23/02/2008 @ 20:07

Chile e Peru interesados en traducir autores galegos...Oscar Fernández dos Cempes, ou ex...toca a zanfona na Habana...E Galiza e máis internacional e coñecida aínda que lles foda os do PP...Dezaseis anos e nunca tal cousa fixeran ...E claro se eles non o fixeron ....era porque Galiza non esixtia...E un invento dos nacionalistas eso de Galiza Nazon...Co bos que eran . La verde región del noroeste español...Bueno eche o que hai...
A XIII Feira do Libro da Habana foi unha gran festa. Unha romería da cultura, un pasaruas das letras, unha festa extraordinaria onde libros, papeis, acentos, voces e palabras fundironse con xeados, tukolas, cervezas Bucanero ou Cristal.ferialibrohabana.jpg
Esta Feira do Libro cubana e un auténtico fenómeno social. Pola afluencia inmensa de visitantes , e sobre todo, polo nivel cultural da xente, do pobo en xeral. Noutras partes do mundo unha Feira e puro comercio, unha simple compra-venta de obxetos, contratos e servicios. Pero aquí non e só iso. Estos dez días foron, dende logo, moito máis. Foi un intercambio de ideas, onde novelistas, historiadores, analistas, políticos, poetas, científicos, economistas, arquitectos, filósofos, contistas e autores de tiras cómicas intercambiaban ideas e proxectos coa xente e acababan disolvéndose nunha marea human rebosante de pioneiros, avos, militares, noivos, chavalería e familias enteiras, nun traxín enorme e repleto de demandas e ofertas que apenas daba tempo a dixerir y asumir. (Por certo, tomen nota outras feiras do magnífico espacio que era o Pabellón Infantil -sí, os nenos aquí contan, e moito-). Nalgún aspecto esta Feira recorda a Feira do Libro Vasco de Durango , Onde tamén acuden centos de miles de persoas, familias enteiras que enchen o recinto durante apenas cinco días en defensa da sua cultura, que se sustenta, básicamente, nunha lingua de seu, a vasca. Quizáis sexa ésa a razón para que poida establecerse un paralelismo entre ambos eventos. Porque cando unha cultura está ameazada e un pobo está san e ulisquea o perigo (do tipo que sexa), se volca e acude a defender o seu.

O disputado voto dos emigrantes...

callobre 22/02/2008 @ 22:58

Onte empezou a campaña electoral cara o 9-M, un espera que agora que melloraron as comunicacions e as novas estan case que en segundos entre a Terra Nai e a diáspora, xa ninguén nos venderá espelliños de cores, como fixeran os "descobridores" e tamben reflicte a canción Maldición de Malinche...
Pero o feito real e que deica agora a uns e outros hospedes da Moncloa sirveulles falar e falar de mellorar as garantias do voto da diáspora, e tendo maiorias para lexislar i executar non o fixeron...E recoñecendo propostas acaidas e garantes dun proceso limpo e democrático, non fixeron nada por subsanar este mal que ataca o cerne mismo da nosa calidade democrática, e nembargantes non pon a faciana de cores a ningún destes encantadores de serpe que cada dous por tres nos veñen a decir que pa próxima...E o certo e que un xa non se pode fiar máis destes predicadores de cuarta...E menos dos "axentes" sexan de donde sexan...Eu manifesto públicamente que quero que Galiza conte no Estado, que teñamos unha voz propia que defenda os intereses do País, por riba dos partidarios,e que durante anos a miña voz representouna o compañeiro Paco Rodriguez...Dende Castelao deica agora nunca ninguén puxera a Galiza nas contas de Madrid...E vaia se foi un leal servidor o País...Ou minto nesta aseveración ? Lembro cando Fraga puxo a caer dun burro a os seus levantamans galegas e galegos que "ian" a estar sentados no Parlamento para levantar a man cando o sinal chegaba :
..." Tedes que traballar como os do Bloque, son tres e parecen trescentos"...
E así era, era a verdade máis rigorosa do octoxenario de Vilalba.
E dito isto reitero a miña vontade de dar o meu prezado voto a noble e leal causa de que Galiza decida en Madrid...E cambeo un ferrolan de nacemento por outro de orixen : O meu voto é para Paco Jorquera , sabedor de que máis que nunca precisamos da presenza do BNG en Madrid...
E queda dito O Vello Pancho vota BNG, e vostede vexa e compare : Quen pelexou denodadamente por poñer alternativas enriba da mesa a respecto dos nosos sectores productivos amenazados polas políticas de uns e outros, pero sen ter en conta a Galiza ? As infrastructuras e en primeira liña os camiños de ferro, non foron prioridade e teimosía nas iniciativas parlamenteres de Paco Rodriguez; O sector naval, o gandeiro, a seguridade das nosas costas... E Olaia non defendeu acertadamente todo o relacionado cas politicas migratorias en xaral...? Enton, a vista disto, pense e medite pero o 9-M por riba de todo delle forza a Galiza, delle nesta volta o voto o BNG...Non lle a pesar!!

Ou se prefire ós tratantes de turno recapacite cas noxentas prácticas que describe neste artigo Carlos Aymerich .

“Axente dobre en Soneira”, un artigo de Carlos Aymerich
Inspirada no caso Philby, a novela “O factor humano” de Graham Greene relata de xeito maxistral as razóns morais que levaron ao axente británico Maurice Castle a espiar ao servizo da URSS, e as regras, nada morais, que rexen o funcionamento dos servizos secretos. A principal delas, ben coñecida polos afeizoados ao xénero, a de que un axente vale tanto como a información que posúa.
A xulgar polas confesións de María Isabel Blanco, alén da espionaxe tal máxima é tamén extensíbel aos axentes electorais. Onte ao servizo do PSOE, a Sra. Blanco pasa a servir o PP empregando a información que posúe como salvoconducto. Información, por certo, ben interesante: emigrante retornada en situación económica precaria, María Isabel é contactada polo alcalde socialista de Vimianzo como gancho electoral na Arxentina. Na última campaña das municipais, contratada polo sindicato Unións Agrarias (UUAA) através da “Unión de Viticultores do Castro”, viaxou a Buenos Aires para facer campaña por Félix Porto – candidato en Muxía e dirixente de UUAA – e outros candidatos do PSOE cun billete pago pola Secretaría Xeral de Emigrazón facilitado pola deputada Marisol Soneira. As leas internas no PSOE soneirán, cun rexedor vimiancés botado nos brazos do PP como se de Orozco se tratase, explican a deserción muito mellor que as razóns de consciencia aducidas pola interesada. Miseria, fraude, diñeiro suxo … eis os elementos para unha boa novela negra. Que tal “A fraude de Soneira”?

Todo segue na mesma. Entre cheques e axentes electorais, PP e PSOE cruzan acusacións de fraude ao tempo que trafican co voto exterior e se negan a reformar a lexislación electoral. Até o seguinte escándalo.