Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: MUSICA

Dende Ordes , un derroche de universalismo

callobre 16/02/2008 @ 15:19

Dende Ordes toda esta forza imparable de esperanza con un dos grupos mais punteiros da zona, porque en Ordes nacen músicos comprometidos a esgalla, que xa iremos poñendo de vez en cando.


!

Un pouco de música ,para animar o domingo

callobre 10/02/2008 @ 13:03

homens1.jpgXa está nas tendas o primeiro disco longo de The Homens! Tres (Falcatruada, 2007) estará editado nun formato especial que inclúe vinilo, cd de audio, mp3 e póster con pasatempo incluído, ademáis da versión habitual con cd de audio e mp3. Tamén podes escoitar as cancións entrando na sección de descargas da web de The Homens.

APUNTES BIOGRAFICOS DE MANUEL CAPELLA “ El Galleguayo”

callobre 08/02/2008 @ 13:43

capella.jpgNon resulta doado escribir sobor do amigo Manuel ...E sen ser galego de orixe senteuse sempre fachendoso de que o alcumaran “galleguayo”, para mín como cantor e compositor , e auténtico...comprometido e combativo. Quero recoñecer públicamente a amizade que me brindaron esta parella que me abreu a porta da súa casa e que me fixeron sentir como na miña...Gilda e Manuel : Graciñas.

En primeiro lugar decir que cando falamos deste artista estamos a falar dun cantor que non canta para ...senon que canta dende o pobo, velahí unha diferencia, deste incansable e laborioso traballador da cultura con maiúsculas...

Ler máis »

Turismo rural

callobre 05/02/2008 @ 16:58

Trasladate ao rural e sinte nas tuas orellas eses sons que levas moito tempo sen escoitar , pero que tes gravados no teu disco duro.


!
rural.jpg

Mais Hip Hop dende Ginebra

callobre 23/01/2008 @ 21:39

Gale'n'Raven e outro grupo que dende Suiza fan unhas letras fermosas. Abramos a porta ao poder das palabras.


Get your own playlist at snapdrive.net!

Corenta anos da Nova Cancion Galega

callobre 22/01/2008 @ 21:36

nova-cancion.jpg

Hai corenta anos nacía a Nova Canción Galega.Data histórica. Abril de 1968, recital fundacional da Nova Canción Galega na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago a cargo de Benedicto, Xavier, Vicente Araguas e Xerardo Moscoso, o núleo primixenio do que sería Voces Ceibes. Un ano antes e na mesma universidade, o recital de Raimon fora posible pola consecución por parte dos estudiantes dun espacio propio para a discusión e o debate dentro do mesmo recinto. Anos máis tarde, coa ocupación policial das aulas, eses foros de liberdade quedaron pechados ata que coa morte do dictador comezou a brillar o raio de aurora que cantaran María e Xavier.

Naquela primavera do 68 se forma Voces Ceibes coa participación de Miro Casabella, ó que se incorporarían axiña Bibiano Morón e Suso Vaamonde. A maior parte deles publicaron cadanseus Ep’s en solitario na editora Edigsa/Xistral/Galaxia ata que en 1970 apareceron nun álbum colectivo editado en Francia titulado “Cerca del mañana” xuntos con representantes doutras nacionalidades, entre eles Imanol, Lluis Llach, Adolfo Celdrán, Elisa Serna e Pablo Guerrero.

O réxime dictatorial endurécese. Folgas, asembleas Un nome fundamentaluniversitarias e concentracións do movemento obreiro son violentamente reprimidas. Marzo de 1972. Amador Rey e Daniel Niebla, dous traballadores da factoría Bazán de Ferrol resultan feridos de morte nunha carga policial. A forte represión deses anos e a imposibilidade de actuar en directo provocou o desmembramento de Voces Ceibes. Xerardo Moscoso exíliase en suíza e Benedicto marcha a traballar a Portugal ó carón de José “Zeca” Afonso. A partires de 1974 comezan a sucederse os recitais multitudinarios, sendo moi aclamados os encabezados por unha parella inseparable: Bibiano e Benedicto.

Os cantantes que utilizan o idioma galego son procesados ou multados; Manoel Lombao chega a asegurar que ata Andrés Do Barro e Juan Pardo tiveron os seus 'procesos paralelos', anque hoxe voces máis comprometidas poñen en dúbida tal afirmación ó consideralos "cantantes lixeiros afectos ó rexime".
2 de marzo de 1975: faise público o manifesto do chamado “Movemento Popular da Canción Galega” asinado pola maioría dos músicos comprometidos: Emilio Cao, Rodrigo Romaní, Xosé Manoel, Antón Seoane, Jei Noguerol, Xosé Quintas, L.E. Batallán, Raíces da Terra, Miro Casabella, Xurxo Mares, Xerado Moscoso, Bibiano y Benedicto. Naquel recital de presentación actuaron os grupos Candieira, Folk Ceibe, Fuxan os Ventos, Os Xoglares e o cantante Manoel Hermida. Bernardo Xosé axiña engrosaría a lista de músicos que se expresaban na nosa lingua. Que mellor forma que describir o que era a “Nova Canción Galega” que con cancións.


Hip Hop en galego dende Suiza

callobre 16/01/2008 @ 15:09

Carlos Abad Garrido, coñecido tamén coma Gran Purismo, é un fillo de emigrantes en Suíza, que se fixo famoso gracias á música, e unha das súas cancións titúlase Pardeconde.portada.jpgE unha pasada de canción, a min me recorda a miña aldea cando era pequeno. Calquera que tivera unha aldea na que troulear de pequeno sentirase totalmente identificado co tema.


Get your own playlist at snapdrive.net!

Sacha na horta -- Biocultiivos

callobre 02/01/2008 @ 23:09

Musica galega en clave feminina.

pop-femenino.jpg

Os Tamara

callobre 25/12/2007 @ 12:50

free music

Andrés Do Barro "Pois eu" vs Iggy Pop "Lust for life"

callobre 08/12/2007 @ 00:39

Este machuco e gracias A Regueifa.


Get your own playlist at snapdrive.net!