Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: MUSICA

Manolo vira pra ca

callobre 17/03/2008 @ 20:39

Desta volta imos con Malvela "Pirimpimpin", coa colaboura de El Puto Coke. Isto penso que esta a dexenerar.

A Maior festa do folklore en Uruguai

callobre 06/03/2008 @ 00:44

pepeguerra.jpgMontevideo, Uruguay- O Río Olimar estase preparando para recibir o maior evento folklórico do Uruguay, e como siempre cun merecido homaxe ao Maestro Ruben Lena. O tradicional Festival realizarase do 15 ao 19 de marzal en Treinta y Tres. A entrada os espectáculos será totalmente de balde.

Actuarán no esceario principal entre outros: Pepe Guerra, Larbanois - Carrero, Braulio López, Numa Moraes, Maciegas, Daniel Viglietti

, Nasser, Dino, Nambí, Solipalma, Wáshington Mateu, Oscar Massita, Cerno, Copla Alta, Julio Víctor González, e os mellores artistas locales.

No outro esceario, "Rubito Aldave", desarrollaranse catro tardes de actividades para todas as edades, previo as actuacions no esceario principal.

Mafia Gallega ..dende Suiza

callobre 01/03/2008 @ 22:41

Mafia Gallega son unha crew rapeira, con sede en Xenebra, comandada polo Al Capone da rima, internacionalmente coñecido coma Paco Gallego. Se queredes escoitar este tema, ao que titularon A Billarda, velaí vai:

E para tí, collea.

Este tema foi encargado pola LNB (Liga Nacional de Billarda).

Galiza medra...en Bos Aires

callobre 01/03/2008 @ 18:41

xeito-novo.jpgDe Bos Aires coñecimos a Xeito Novo, grupo de xa longa traxectoria, auténticos e pioneiros...con cd,s no mercado e que son merecentes de cruzar o charco e que a Terriña disfrute da música que ben saben facer e interpretar, mixtura do tradicional e dos innovadores sons celtas...Animo a que alguen se atreva e no veran galego os contrate...

Se a queres, collea.

E agora cheganos a nova destes clásicos da música galega en Arxentina ,Emigrantes Gallegos, alguns dos seus compoñentes, como Lareo xa amenizou algunha esmorgada feita ca colectividade galega...Da que temos bo recordo así como dos callos de Duro, recomendados polo grovense Lores...
emigrantes-gallegos.jpg

Para contactos :

Raúl Expósito Gándara

exposito@ciudad.com.ar

Tel/fax 054 11 4762 -1959

móvil 054 11 15 4444 6075

Presentación do novo traballo de Los Casal..

callobre 29/02/2008 @ 14:35

En pleno corazón da Cidade Vella, a dúas cuadras da Porta da Cidadela, no local habitual donde mellor musica folk en vivo se pode escoitar en Montevideo, hoxe venres envianme unha invitación para a presentación do novo traballo de Los Casal...
emigrantes.jpg
Mágoa, un compromiso ineludibel, contraido e axendado de moito antes impidemo...
Pero comprometome a subir musica de Los Casal e que todo o mundo desfrute destes sons de "fusión"...
Outro dia falareille dos asiduos do Iris Shannnon Pub...Os Trapalleiros...Son para adicarlles unha parolada exclusiva : Fernando prometocho...
Por hoxe vexan o antedito :

21:30Hrs. viernes 29

"Los Casal" Fusión Celta
casal.jpg

El viernes 29 de febrero en The Shannon Irish Pub (Ciudad Vieja) se realizara el lanzamiento de Emigrantes el nuevo material de la banda, para Medios y Prensa.

Se a queres tua é..

Corenta aniversario da Nova Canción Galega

callobre 24/02/2008 @ 16:40

castelao-en-montevideo.JPG

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, o apodado Ghandi galego, intelixente, irónico, artista universal. Exiliado na Arentina. No ano 1944 fundóu o consello de Galiza en Uruguay que ademáis foi onde se lle erixeu o seu primer monumento no ano 1975. Este e un poema de Celso Emilio Ferreiro adicado a todos aqueles que aldraxaron a sua imaxen. Este tema foi grabado por Miro Casabella no ano 1969 dentro do seu single “Cantigas de escarnho e Maldizer”.

Olla meu irmao honrado, o que acontece con Daniel
Os que o tiñan desterrado agora falan ben del

O palurdo de alma lerda
O tendeiro desertor
O vinculeiro da merda, disfrazado de señor

O lerdo carca refrito, o monifate de entroido
O aprendiz de señorito, marqués de quero e non poido

O badoco endomingado
O franquista pousafol
O forricas desleigado, o pequeño burgués mol

O devoto do onanismo
O feligrés de pesebre
O tolleito de cinismo, o que dá gato por lebre

O rateiro do peirao
O refugallo incivil
Válense de Castelao para esconder a caste vil

Escoita puto nefando
Criado na servidume
Non pasará o contrabando dese teu noxento estrume

Grotesco escriba sandez
Inxertado nun raposo
Castelao nunca foi teu, porque Castelao é noso

I anque a ti che importe un pito
Sabrás que é cousa sabida
Que estás incurso en delito de apropriación indebida.

Ao sur do teu corazón

callobre 24/02/2008 @ 00:19

Ao sur do teu corazón, de Laura Canoura, dedicado a todos os meus amigos e amigas orientais...

Amy Winehouse

callobre 23/02/2008 @ 01:35

amy_winehouse.jpg

Preme o "play" e disfruta da musica mentres les o post.

Amy Winehouse, moitas son as críticas que escoitamos sobre ela, moitos tamen os excesos que cometeu de cara ó público. Pero agora eu pidovos 4 minutos do voso tempo para que escoitedes a esta británica que naceu no 1983 escoitando artistas da talla de Ella Fitzgerald, Macy Gray ou Billie Holiday...sete sencillos e dous álbumes despois Amy consegue estremecerlle o corazón a calquera.
Pode parecer o de sempre, moita influencia pero nada de boa música, todo o contrario, se premestes o "play" agora o que vos pido e que pechedes os ollos e encontrarédesvos de súpeto nalgún clube de jazz diante de calquera destas marabillosas voces que antes nomeabamos.
Só teño eloxios para esta absolutamente admirable voz, deixovos dicindo que non deixedes de escoitar soul, soul do de verdade, a musica de clube de Amy Winehouse.

Faite con ela.

Chiquito's podcast

callobre 23/02/2008 @ 00:54

Cancións sinxelas para un mundo básico, case primitivo.



Muiñeiras's ghueioflaif!

callobre 19/02/2008 @ 00:54

doispaisesumavoz.jpgAlá polo ano 97, unha maqueta gravada cunha minicadea e un micro no centro (pola reverb) dun salón de Vigo cunha guitarra acústica rescatada do lixo chegaba ás mans de alguén que chamou O Leo i os Endinados para tocar no II Félix Rock de Vigo, xunta bandas como Babes in Toyland ou Toy Dolls. Mentres viña a data do concerto, O Leo fíxose acompañar virtualmente (aínda nunca chegaron a tempo a un concerto) de Arremecághona!!!, dúo de tamboril e cunchas inspirado en Metallica e no seu Enter Sandman . Un ano despois, coa entrada para o concerto de Vigo xa mercada, O Leo i Arremecághona!!! foron requiridos para abrir os directos da Xira Galega do Veintegenarios de Albert Pla. Tiveron que lle revender a entrada a un colega. De aí saíu o xermolo deste disco, Suspiros de Kaña , gravado e mesturado por Pablo Iglesias no febreiro de 1998.

As mil copias dese disco nunca foron distribuídas máis ca en dúas tendas de Vigo e dúas de Santiago (polo propio autor). Tampouco se chegou a facer xira de presentación, aínda que o disco si foi posto en Satelitrés e en La Baía de Radio 3 e por aí saíron tres bolos no Festival de Teatro de Peto de Donosti. A partir de aí, o Leo i Arremecághona!!! tocaron no III Félix Rock e en todo canto minifestival e pub se prestase a acollelo, entre eles a Fiasta de Goián, no Baixo Miño, onde máis de 2.000 persoas corearon os seus temas na II edición do festival e onde máis de 400 se xuntaron no Entruido do ano seguinte para inaugurar, no furancho da Once (Asociación entruideira), o I Festival da Taíña, vixente inda hoxe. O Leo considera Goián como a súa patria musical. De feito O Leo arrenega musicalmente da súa patria verdadeira, Matamá, en Vigo, onde o vetaron expresamente –a el e ó festival enteiro– polo contido das súas letras.

Ao longo destes anos tamén fixo músicas e letras para espectáculos teatrais, en que participou asemade como actor: As Presidentas , d' A Factoría Teatro e Vendetta , de Berrobambán Teatro, espectáculo punk para pubs que aínda deixou de representarse no febreiro deste ano 2006. Agora prepara o disco Aghomita, campión! , en que vai colaborar con todo tipo de acompañamentos, dende dj ata bandas de música, e o directo Sigho (Vivo)!, recompilación audiovisual do seu espectáculo en vivo.