Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: MIÑO A VELAS VIR

No Concello de Miño os veciños non aguantan mais a situacion do centro de saude

callobre 23/01/2008 @ 22:07

Trinta pacientes solicitan a folla de reclamacios para denunciar que só traballa un médico cando na plantilla son tres facultativos.
Dende a chegada de Maceiras ao Concello o centro de saude cada vez funciona pior, e o rexidor ten moito que ver no asunto.
Para leer mais sobre a nova .La Opinion.mino-sergas.jpg

Concello de Miño--Escaleira ao ceo

callobre 12/01/2008 @ 22:01

En Miño ao alcade se lle ocurreu instalar unha escaleira ao ceo para ver sin dificultade toda a especulacion a que esta sometendo ao pobo.

mino-escaleira.jpg

Concello de Miño---¿Ata que punto estamos concienzados?

callobre 15/12/2007 @ 00:21

No concello de Miño, a ameaza urbanística ten os seus defensores e detractores. Nunhas declaracións a un xornal local, o Alcalde de Miño do PP Juan Maceiras comentaba “O Urbanismo deixa moitos cartos en Miño” ,e parece que foi ese punto de vista o que lle fixo gañar con maioría absoluta ás pasadas eleccións municipais; parece que os veciños e veciñas de Miño tamén, coma no caso de Mugardos, deixan de lado as diferentes ameazas, cando as inversións e os cartos lles facilitan a vida e melloran a súa vila.O desenvolvemento sostible (ese gran descoñecido), interesa só ós políticos para encher os programas electorais con boas palabras ou de verdade queren que tódalas súas políticas pasen o filtro medioambiental. ¿A sociedade premia esta actitude ou premia o desenvolvemento económico-industrial mirando cara outro lado cando éste, e o Medio Ambiente, entran en conflicto?

Baixo meu punto de vista, non estamos concienciados. Cando vemos REGANOSA, COSTA ANÁCARA, ENDESA, ENCE, etc, vemos degradación do territorio pero pesa máis a visión, que tamén temos, de traballo, prosperidade, industria, etc. Está claro que o desenvolvemento de Galicia non está a ser sostible e respetuoso co medio ambiente e co futuro. ribeira-paseo.jpg

Concello de miño. En Miño queren Doulas

callobre 14/12/2007 @ 23:23

x_pregnant_tummy.jpg

Enterome pola prensa de que en Miño piden que se incorpore a figura da doula na sanidade galega.

Aquí podedes ver máis cousiñas sobre estas mulleres que axudan as embarazadas, parturientas e nais recentes.

Ainda que algún desinformado pensa que queren sustituir a médicos e matronas non hai nada máis lonxe da realidade.

Elas "simplemente" están ahí para ofrecer apoio aos pais, a tódolos niveis.

Nada máis... e nada menos..

CONCELLO DE MIÑO---OS PRECIOS DE FADESA

callobre 28/11/2007 @ 22:12

Como se sabe, Fadesa está a comprar fincas en Ombre para construir unha urbanización composta por 250 vivendas. Os prezos qu eestá pagando rondan o millón de pesetas cada ferrado, segundo informan os propios veciños desta parroquia, un lugar entrañábel ás portas das Fragas do Eume. Estes terreos non son urbanizabeis pero se Fadesa os compra é porque xa ten coñecemento de que o serán tan pronto se aprobe o plano de urbanismo.
Mais non é este aspecto, o do incuestionábel acceso á información privilexiada, o que nos deixa atónitos. O que resulta alarmante é pensar o prezo polo que logo Fadesa venderá estas parcelas aos potenciais compradores. En Miño, nun lugar nada comparábel a Ombre, esta promotora vende parcelas de menos de 4 ferrados, no seu día expropiadas, por máis de 43 millóns de pesetas. É dicir, sae o ferrado a 11,5 millóns de pesetas.
Por se alguén quere mercar ou contrastar estes datos pode visitar a páxina

mino-1-008.jpg

Pincha eiqui.

O CONCELLO DE MIÑO MEDRA ?

callobre 28/11/2007 @ 22:00

O obxectivo de medrar en poboación non se consegue coa construción de novas vivendas nun concello que no verán recibe milleiros de habitantes e onde do total de vivendas censadas, a terceira parte son segunda residencia. A razón para que a xente decida non quedar a vivir non é a falla de vivenda, senón a escaseza de servizos e o elevado prezo dos pisos e casas rurais. A intención debería ser acadar os seguintes obxectivos: 1. Cumprir as necesidades dos habitantes permanentes no que se refire a criterios sociais e ambientais. 2. Aumentar a calidade de vida para encher as vivendas baleiras. 3. Recorrer á construción de novas vivendas de protección oficial.
Os chalés de luxo son para quen os pode pagar e ademais non van ser nunca usados todo o ano, posto que os seus potenciais moradores traballan en centros neurálxicos con moitísimos máis servizos có noso concello.

fotos-novembro-003.jpg

NO CONCELLO DE MIÑO ESTAMOS CONFUSOS

callobre 31/10/2007 @ 15:46

O concello de Miño acaba de recibi-lo premio á cidade sostíbel na categoría “Ordeación do territorio e conservación dos recursos naturais”, que concede anualmente a Fundació Fòrum Ambiental y Ecocity. Este fallo sorprendente coincide coa recente decisión da Consellería de Pesca de catalogar como “C” o banco marisqueiro -o cal supón, como en Pontedeume, que os moluscos non poderán venderse como productos frescos– pola contaminación que sofre a ría e que os mariscadores atribúen ós verquidos de arxila provocados polos desmontes na construcción de urbanizacións.

O avance do ladrillo acabou con todo resto da arquitectura tradicional. Hoteis e apartamentos salpican caóticamente o espacio urbano nun perfecto exemplo de anarquía constructiva. O proxecto estrela neste concello sostíbel é a urbanización Costa Anácara promovida por FADESA e que contará con 1300 vivendas e un campo de golf nos terreos da antiga fraga de San Xoan. As augas residuais que xenere a urbanización van seren bombeadas ata a praia de Perbes ó non dispoñer dunha estación depuradora, mentres que as de escorrentía do campo de golf, que conteñen perigosos herbicidas, verterán ó río Xarío e á praia grande de Miño.


vello-bote-nas-marismas-de-mino.jpg

Concello de Miño--Tala de arbores

callobre 29/10/2007 @ 23:53

O Concello de Miño asegura que a tala de árbores no porto era "necesaria" para facer un parque.

O Concello de Miño asegura que a talla de árbores que se realizou no porto era «imprescindible» para levar a cabo a construción dun parque infantil na zona.

Un asesor do alcalde en temas ambientais xustificou ademais esta acción asegurando que só se tratou de entre seis e oito exemplares de falsos plátanos e restou importancia á denuncia realizada polo grupo socialista da localidade.

O asesor non deu mais detalles sobre o falsos plátanos, se foron comprados no top manta ou eran de cartón pedra, o que si esta asegurado é que as árbores respiraban, agora os futuros usuarios do futuro parque poderán torrarse ao sol nos meses de verán ou contemplar como lle chove aos aparellos infantís nos meses de inverno.

devastacion no parque do porto de miño

Escoitar nova