Festas de Miño 2008

As festas de miño comenzarán o venres 27 ás 8 da mañá cunha sesión pirotécnica.
Pola tarde pasarrúas a cargo dunha charanga. Ás seis e media da tarde no Parque Municipal da Rúa ,haberá contos musicais a cargo de “Champú e Champang Teatro Infantil”. Xa a partir das 11 da noite verbena a cargo da orquestra Marbella.
O sábado 28 ás oito da mañá sesión pirotécnica. Ás 9 alborada a cargo do Grupo de Gaitas de S. Pantaleón e ás 9 da noite haberá unha churrascada que dará paso ás 11 da noite a unha verbena amenizada pola orquestra Paris de Noya.
O domingo 29 ás oito da mañá de novo haberá sesión pirotécnica. Á unha da tarde misa na honra de San Pedro, coa participación da Rondalla e a Coral da S.C.R.D. O’Castro de Miño. Ao remate haberá sesión pirotécnica e pasarrúas a cargo da Banda Municipal de Boiro. Ás 9 da noite haberá polbo a cargo da pulpeira de Melide e xa ás 11 unha verbena coa orquestra Xente Nova.
O luns 30 a partir das once da noite verbena amenizada pola orquestra Panorama.
O martes 1 de xullo a partir das 5 da tarde pechanse as festas cunha festa infantil.


Chúzao
del.icio.us












![Validate my RSS feed [Valid RSS]](http://revirate.nireblog.com/blogs/revirate/files/valid-rss.png)













