Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: Memoria historica

O Archivo Roxo, na rede

callobre 21/06/2008 @ 23:36

archivorojo.jpg

Este valioso conxunto fotográfico, foi creado pola Xunta de Defensa de Madrid como Fondo propagandístico para denunciar os desastres da Guerra Civil. Posteriormente, foi ocultado e utilizado polo outro bando como instrumento de represión das ideas políticas. Hoxe, as súas imaxes, achégannos máis aos actos encamiñados para o recordo e homenaxe das vítimas dos bandos en guerra e para que a sociedade actual reafirme os lazos de convivencia política e social recollidos no espírito da Constitución de 1978?.

Está dispoñible na rede, e supón toda unha fonte de imaxes daqueles horribles anos. Moitas delas acabaron constituíndo probas irrefutables para a identificación e represión por parte dos golpistas.

Sada lembra os irmáns Suárez Picallo

callobre 17/05/2008 @ 17:19

Un grupo de persoas de Sada formou unha comisión que pretende renderlles homenaxe aos irmáns Suárez Picallo, Ramón e Antón. Vai facer 43 anos da morte de Ramón, mentres que Antón fora paseado ao comezo da Guerra Civil, en 1936. Ademais de organizar diversas actividades, o fin último é conseguir traer á súa vila natal os restos de Ramón Suárez Picallo, enterrados en Arxentina, e cumprir así coa súa vontade de descansar na súa terra.

ramon-suarez-picallo2.jpg

Ramon Suarez Picallo 

Programa das I Xornadas Suárez Picallo - Sada 2008

Podes ver o programa completo premendo aqui. xornadas-suarez-picallo.jpg

Galiza en Dominicana, Nicaragua, Panamá e Venezuela

callobre 24/04/2008 @ 22:54

galiza-2.jpg
“Galiza en Dominicana, Nicaragua, Panamá e Venezuela. Unha ollada fotográfica”, de Xurxo Martínez Crespo, é un libro sobre o exilio económico e político galego nestes catro países do Caribe. Cun prólogo do ministro do Poder Popular para a Cultura da República Bolivariana de Venezuela, Farruco Sesto, este libro é a primeira obra gráfica sobre o exilio galego nestes catro países.
Dominicana, Nicaragua, Panamá e Venezuela son para o autor o mesmo país, a mesma patria: América. As galegas e galegos que marcharon fixérono a América moito antes de que existisen países ou nacións tal como as coñecemos hoxe en día.
“Galiza en Dominicana, Nicaragua e Panamá. Unha ollada fotográfica” non fala do exilio e da emigración en abstracto, senón de exiliados en concreto. Esta é a nosa homenaxe por tantas penalidades e ausencias. Por non poder volver ao país, por desmembrar corazóns sen querelo. Galiza ten unha débeda histórica impagábel con todas elas e con todos eles. Tamén ten unha débeda cos Gobernos que abriron as súas portas aos que ninguén quería. Que nunca se esquezan estes nomes nin rostros de homes e mulleres é a intención deste libro.

Autor    Xurxo Martínez Crespo

Editorial FESGA, 2007

DescripciónRústica con lapelas, 248 páxs., 24 x 22 + DVD

Mapa da memoria historica

callobre 20/04/2008 @ 02:54

mapamemoria.jpgXa está accesible o mapa da Memoria historica e podes colaborar a situar sobre él desde fosas comuns e simboloxía franquista, a edificios, frentes de batallas e campos de internamento. E xusto recordar e recoñocer para pechar ben as feridas.

Ten asociado un blog y e na sua primeira entrada explica ¿Que e o Mapa da Memoria?