Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: LONGAMETRAXES

Pradolongo

callobre 14/04/2008 @ 21:21

Pradolongo é unha paisaxe insólita na que existe un prado cunha lagoa glaciar. É o lugar onde pasaron todos os veráns Martiño, Raquel e Armando, quen veñen de abandoar a adolescencia case sen decatarse e se achegan a un novo verán como os anteriores, coas festas e tardes no río...pero esta vez nada vai ser igual.

Pradolongo pode agochar un valioso xacemento de louxa, algo que pode afectar ao entorno pero tamén faciltar a vida das familias. Ante esta circunstancia os rapaces afrotan os seus primeiros posicionamentos como adultos, as súas primeiras responsabilidades, a súa futura actitude ante a vida. Tamén ante o amor, as relación cos seus...

Pradolongo representa a paisaxe dos nosos recordos de infancia, do primeiro descubrimento do mundo, o lugar que asociamos aos nosos pais e avós, a aldea chea de olores, cores e sons, dunha Galicia que está a cambiar e que se move entre o vello e o novo, pero que dalgunha forma serve como refuxio da nosa memoria.

Moitos galegos se recoñecerán nesta película, e éste é un espacio para todos aqueles que o queiran compartir.

Porque todos temos un Pradolongo. ¿Cal é o teu?

"Oculta identidade"

callobre 10/04/2008 @ 22:51

Cristian Pazos é un estudante de produción da Escola de Imaxe e Son que desaparece misteriosamente. Os seus amigos, canda a policía, inician a súa busca en momentos de angustia e intriga. Este é o argumento de "Oculta identidade", a serie que poñen en marcha un grupo de alumnos da Escola de Imaxe e Son da Coruña. A súa principal peculiaridade é que non se emitirá en televisión, senón que para seguila deberás facelo a través da rede.

Oculta Identidade: Cap.1

O vindeiro venres 18 de Abril ofreceremoslles o segundo capítulo de " Oculta Identidade"

Por un polvo

callobre 21/02/2008 @ 21:57

Por un polvo e unha comedia realizada en Venezuela .Interprètana Jessika Grau e Jean Paul Leroux acompañados de Rosario Prieto, Roberto Moll, Víctor Cuica, Guillermo Canache y Pedro Durán, entre outros. Esta película de Carlos Malaver mezcla acción, comedia e romance. Un longametraxe que promete ser unha excelente proposta para este ano 2008.

Fecha de estreno: 22 de Febreropor-un-polvo.jpg