Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: LINGUA

PIRATA TV - APAGHA A TEEEELE!!

callobre 20/05/2008 @ 23:24

Moi pronto algo vai cambiar na tv deste país.

O ABORDAXE DAS ONDAS E

INMINENTE. !!!!

PIRATA TV

tv-pirata.jpg

Bilinguismo

callobre 18/05/2008 @ 12:07

AMI edita com motivo do dia das letras um filme de deseños animados titulado "VILINGÜISMO" que distribuirá  entre a mocidade, a traves de internet e en cd's.

Polo Dereito a Vivirmos en Galego

callobre 09/05/2008 @ 13:27

A nosa querida Laura dixo:
lingua-propia.gif
Benqueridos todos:

Quero facervos partícipes dunha iniciativa a prol do galego coma lingua propia dun país que medra sen facer mal a ninguén e que tan só pide un respecto para o que lle é por xustiza. Tódolos pobos teñen dereito ao libre desenvolvemento, ao seu progreso, e a unha evolución cara ao futuro sen que por iso deban perder sinais d'identidade. Por todos é sabido que o pobo galego presenta moitas peculiaridades que, en troques de afastalo do resto dos pobos, tan só o identifica como tal, permitindo así poderse relacionar cos demais veciños deste mundo plural, e diverso. A lingua coma medio de comunicación é unha condición básica prá identidade de cada pobo, pero no canto de Galiza (coma noutros moitos casos), a lingua representa aínda máis, xunto cos costumes, as tradicións culturais, a personalidade social..., constitúe o cerne dunha identidade que nos permite loitar polos dereitos que temos (xa sexa coma persoa individual, ou caoma pobo), e que nunca debemos deixar que se nos vulnere, pois perderíamos a posibilidade de medrar para nós, e de medrar para o resto do mundo, ao que moito lle podemos aprender, abofé que si.
Xa que logo, prégoche que teñas en conta este chamamento que fago, pídoche que lle adiques un intre a ler este manifesto, e vontade de respaldalo, polo noso ben, o dos galegos, e polo ben de todos, un mundo plural.
Se es galego, asina; se estás preocupado pola cultura neste mundo, asina; se es unha asociación, asina.

Logo de le-lo manifesto podes picar no enlace dende onde poderás asinalo. Grazas.
Manifesto: POLO DEREITO A VIVIRMOS EN GALEGO
As persoas e entidades que apoiamos a manifestación nacional "Polo dereito a vivirmos en galego" este 18 de maio de 2008, declaramos:

1. Consideramos que vivir en galego é un dereito inalienábel das persoas na Galiza, e un dos dereitos humanos elementais que temos como pobo. Lembramos que o galego é o único idioma natural de Galiza, e que mesmo o Estatuto de Autonomía o cualifica como "a lingua propia" do país, o que nos une como galegas e como galegos. O pobo galego ten dereito a que a súa lingua ocupe todos os ámbitos da vida social propios de calquera idioma, con dignidade e con normalidade.

2. Consecuentemente, deben existir as garantías para podermos vivir en galego, o que exixe compromisos, así como a aplicación e a adopción das disposicións legais necesarias por parte das Administracións públicas.

3. Denunciamos e alertamos contra os que, apuntándose agora á defensa dun suposto bilingüismo, un bilingüismo dunha soa cara, pretenden unicamente o mantemento da diglosia e a desaparición do galego. Ou, o que é o mesmo, a negación do dereito colectivo á normalidade de usos da nosa lingua en todos os ámbitos.

4. Chamamos ao compromiso persoal de todas e todos coa lingua galega. Usémola en todos os ámbitos: comezando pola familia, coas nosas nenas e nenos, no noso traballo, nas relacións coa administración, no noso tempo de lecer, etc. O futuro do galego depende de nós.

PRA ASINA-LO MANIFESTO SOMENTES DEBES PICAR NO ENLACE QUE VÉN DESEGUIDO:

Enlace: A Mesa pola normalización linguistica

30 DE XANEIRO EN MONTEVIDEO : CASTELAO PRESENTE

callobre 01/02/2008 @ 21:14

busto-de-castelao-en-el-patronato-para-mino.jpg

Hoxe pétame facer público o traballo que a prol da identidade e da difusión da cultura e idioma galego fai o Patronato da Cultura Galega de Montevideo.

O busto que ven nesta reseña e idéntico o que vostedes poden contemplar no Paseo da Ribeira en Rianxo, e deben saber tamén que precisamente foi doado o pobo de Rianxo por este benemérito Patronato. E inaugurouse o 27 de setembro de 1975...Chuvioso día no que estivemos a caron de D.Ramón Otero Pedraio, de D.Antón Crestar Faraldo, de Avelino Pousa, de Xosé Mª Monterroso, Dorado Deira e outros centos de bos e xenerosos que desafiando a inclemencia do clima e outras trabas denantes insalvables...Souberon cumplir co desexo da colectividade galega de Montevideo que dinamizada por a insobornable figura de D.Antón Crestar, deron comprido obxetivo a deseñada operación “kilo” para esta estatua...Eran outros tempos e naquela banda do Prata ahínda vivían mecenas como o inesquecible Xesús Canabal.

Co tempo as politicas neo-liberais sumiron o Uruguai nunha profunda crise, a que a colectividade galega en maior ou menor medida non foi allea, crise da que afortunadamente e grazas o triunfo electoral do Frente Amplio, hoxe empeza a revertir... E destacar tamen o feito de que na Galiza, o cambeo de Goberno, nos acercase máis a unha e outra banda , e traballar pola cultura e identidade galega sexa máis doado...Pero volvamos o que eu queria trasmitirlles.

A dirixencia actual do Patronato manten con unha grande dignidade os principios fundacionais do Patronato, e seguen a lembrar e homenaxear , e celebrar as datas que na nosa historia son salientables.

Así manteñen esa homaxe permanente que recorda a morte do Guieiro Castelao, ca audición máis vella do mundo, falada enteiramente en galego dende vai para 58 anos...Audición hoxe recoñecida mundialmente , de guinness a Sempre en Galicia, e que por certo tambén relata nun libro a xornalista Mónica Rebolo...

E decia eu que manteñense e difundense estas datas, con un amor e fidelidade a Terra que é meritorio e digno de destacar. Velahí as actividades deste Patronato : Lengua e Literatura Galega, primeiro e segundo nível, Acuarela, Cerámica, Danza Galega e Crioula ( Fermosa integración e calidade human emotiva ) Obradoiro de Teatro, Declamación, Fotografia e Historia de Galicia...Cursos gratuitos e colaboración desinteresada de tódoloa/as profesores.

E neste senso quixera destacar a fermosa xornada do 30 de Xaneiro para celebrar o aniversario do nacemento de Alfonso D. Rodríguez CASTELAO.

Cunha montaxe audiovisual magnifica, neste ano difundiuse a faceta artistica do Guieiro , e abofé que a xente agradeceu este traballo ben feito polo grupo de teatro e declamación...

Teño mantido, no aquén e alén mar o traballo do Patronato, e a fachenda que un pode sentir de atoparse nesa súa sede, como na casa...E que pouco poden envexar do que se fai na Galiza, por as asociacions culturais que na Terra fan a súa laboura...Xa me gostaria que fixeran o 50 % do que fan no Patronato a 12000 Kms do chan Patrio...Sinceiramente!!

En definitiva, coma cada 30 de xaneiro, invariablemente, Felicitacións a esa equipa human encabezado pola Doctora Ana Lorenzo. "PARABENS O PATRONATO!!

Saber máis : PATRONATO DA CULTURA GALEGA, Rúa Río Branco, 1443 CP 11100 MONTEVIDEO- URUGUAI ; www.patronatomontevideo.galiciaaberta.com

pcgalega@adinet,com.uy

Ver/Escribir ComentariosChúzao | del.icio.us

Volverán os séculos escuros para a lingua galega?

callobre 29/10/2007 @ 23:35

Menos do 21% dos adultos aprendeu o galego como primeira lingua

Só o 20,6% dos adultos o aprenderon como lingua inicial

Só o 20,6% das persoas maiores de 14 anos que viven en Galicia aprendeu o galego como primeira lingua, mentres que o 36,2 comezou a falar en castelán. O resto, declárase bilingüe dun ou doutro xeito ou, nunha pequena porcentaxe, tivo como lingua materna un idioma estranxeiro. Son datos dunha enquisa realizada polo Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega (RAG) no ano 2004 para a elaboración do segundo volume do Mapa Sociolingüístico de Galicia, publicado en 2007, pero foi a Mesa pola Normalización Lingüística a que lle chamou a atención sobre eles, xa que o estudo da RAG non os destaca.

Carlos Callón, presidente da Mesa, afirma que "o galego está na peor situación da súa historia", xa que no primeiro volume do Mapa Sociolingüístico que a RAG publicou en 1994 (con datos do 92), revelaba que o galego era a lingua materna do 51,3% da poboación do país, e o castelán, a do 13%. Polo tanto, a aprendizaxe do galego como primeira lingua descendeu máis dun 30% en doce anos, mentres que a do castelán subiu un 23%.

Pero a comparación entre os datos dos dous anos non ofrece resultados totalmente fiables, xa que, entre outras cousas, a enquisa feita en 2004 non incluía as persoas maiores de 54 anos, por estar xa moi representadas na do 92. Así o explicou, nunha entrevista con Efe, unha das investigadoras do Seminario de Sociolingüística da RAG, quen engadiu que este "descenso alarmante do galego", debe matizarse xa que neste grupo de idade é onde existe un maior número de galego-parlantes.

A mesma reflexión fixo a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López Soneira, quen destacou ademais que aumentou "nunha porcentaxe significativa" o número de persoas que falaba as dúas linguas de neno. Concretamente, a suba foi do 8%, do 36% en 1992 ó 44% na actualidade.

Así a todo, López Soneira recoñece que "se está a producir unha baixada na aprendizaxe do galego como lingua inicial, pero non é irrecuperable". "Nós preferimos traballar vendo sempre o vaso medio cheo", engade.

Pola súa banda, Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, recoñece que as cifras resultantes de comparar as dúas enquisas poden non ser fiables, "pero é que inda que asumamos un 5 ou un 10% de marxe de erro, os datos seguen a ser arrepiantes" e están reforzados por outros estudos estatísticos, que obteñen resultados similares. "Aínda que me gustaría, non podo ver o vaso medio cheo", afirma Callón.

DATOS
Ferrol, un caso moi preocupante

Nas sete cidades galegas, a aprendizaxe do galego como lingua inicial permanece por debaixo do 20%, agás en Lugo (23%). Pero o caso máis preocupante está en Ferrol. Só o 8,3% dos ferroláns tivo o galego como lingua materna única, e só o 6,2% era bilingüe preferentemente en galego. Entre os enquisados de 15 a 24 anos, só o 1,6% aprendeu a falar como monolingüe en galego, exactamente a mesma procentaxe que os que teñen unha lingua estranxeira como idioma materno nas mesmas idades.

Como nota positiva, destaca que en Santiago, Ourense, Pontevedra e Lugo hai máis xente que ten o galego como lingua materna na franxa dos 15 os 24 anos que na dos 24 ós 34.
Nova extraída do xornal Galicia-Hoxe.com
+ na web da Mesa pola Normalización Lingüísticalinguagalega.jpg

A EVOLUCION DOS NOMES EN GALIZA

callobre 12/10/2007 @ 21:57

A LINGUA VAISE A PIQUE

callobre 12/10/2007 @ 21:39

Somos herdeiros dunha dictadura cultural
Fomos as victimas dun ataque brutal contra o noso
A lingua mantivemo-la calandolle ao cacique
Falando ao pe do lume só a lingua vaise ao pique

Pois toma!
escoitanos!
non nos calaremos nin de broma
toma toma toma!
Dios ke te krew, en galego non che mola
é-che o que hai, Paco Vázquez eres un julai

Non jodas con Arteijo, Rianjo, Sangenjo, Vivero, La Guardia,
Ordenes, Boimuerto, PuertoSin, PuertoSon,
dime cantos son, son, 1, 2, 3, 4, 5, 600 anos de represion

Contra o noso, a lingua vaise a pique
dime cantos son, son, pois toma