Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: LIBROS

Galiza en Dominicana, Nicaragua, Panamá e Venezuela

callobre 24/04/2008 @ 22:54

galiza-2.jpg
“Galiza en Dominicana, Nicaragua, Panamá e Venezuela. Unha ollada fotográfica”, de Xurxo Martínez Crespo, é un libro sobre o exilio económico e político galego nestes catro países do Caribe. Cun prólogo do ministro do Poder Popular para a Cultura da República Bolivariana de Venezuela, Farruco Sesto, este libro é a primeira obra gráfica sobre o exilio galego nestes catro países.
Dominicana, Nicaragua, Panamá e Venezuela son para o autor o mesmo país, a mesma patria: América. As galegas e galegos que marcharon fixérono a América moito antes de que existisen países ou nacións tal como as coñecemos hoxe en día.
“Galiza en Dominicana, Nicaragua e Panamá. Unha ollada fotográfica” non fala do exilio e da emigración en abstracto, senón de exiliados en concreto. Esta é a nosa homenaxe por tantas penalidades e ausencias. Por non poder volver ao país, por desmembrar corazóns sen querelo. Galiza ten unha débeda histórica impagábel con todas elas e con todos eles. Tamén ten unha débeda cos Gobernos que abriron as súas portas aos que ninguén quería. Que nunca se esquezan estes nomes nin rostros de homes e mulleres é a intención deste libro.

Autor    Xurxo Martínez Crespo

Editorial FESGA, 2007

DescripciónRústica con lapelas, 248 páxs., 24 x 22 + DVD

Cuba, ¿ Feira do libro? !e moito mais!

callobre 23/02/2008 @ 20:07

Chile e Peru interesados en traducir autores galegos...Oscar Fernández dos Cempes, ou ex...toca a zanfona na Habana...E Galiza e máis internacional e coñecida aínda que lles foda os do PP...Dezaseis anos e nunca tal cousa fixeran ...E claro se eles non o fixeron ....era porque Galiza non esixtia...E un invento dos nacionalistas eso de Galiza Nazon...Co bos que eran . La verde región del noroeste español...Bueno eche o que hai...
A XIII Feira do Libro da Habana foi unha gran festa. Unha romería da cultura, un pasaruas das letras, unha festa extraordinaria onde libros, papeis, acentos, voces e palabras fundironse con xeados, tukolas, cervezas Bucanero ou Cristal.ferialibrohabana.jpg
Esta Feira do Libro cubana e un auténtico fenómeno social. Pola afluencia inmensa de visitantes , e sobre todo, polo nivel cultural da xente, do pobo en xeral. Noutras partes do mundo unha Feira e puro comercio, unha simple compra-venta de obxetos, contratos e servicios. Pero aquí non e só iso. Estos dez días foron, dende logo, moito máis. Foi un intercambio de ideas, onde novelistas, historiadores, analistas, políticos, poetas, científicos, economistas, arquitectos, filósofos, contistas e autores de tiras cómicas intercambiaban ideas e proxectos coa xente e acababan disolvéndose nunha marea human rebosante de pioneiros, avos, militares, noivos, chavalería e familias enteiras, nun traxín enorme e repleto de demandas e ofertas que apenas daba tempo a dixerir y asumir. (Por certo, tomen nota outras feiras do magnífico espacio que era o Pabellón Infantil -sí, os nenos aquí contan, e moito-). Nalgún aspecto esta Feira recorda a Feira do Libro Vasco de Durango , Onde tamén acuden centos de miles de persoas, familias enteiras que enchen o recinto durante apenas cinco días en defensa da sua cultura, que se sustenta, básicamente, nunha lingua de seu, a vasca. Quizáis sexa ésa a razón para que poida establecerse un paralelismo entre ambos eventos. Porque cando unha cultura está ameazada e un pobo está san e ulisquea o perigo (do tipo que sexa), se volca e acude a defender o seu.

Torres de luz

callobre 30/01/2008 @ 00:24

RETRANCA XA ESTÁ NOS QUIOSCOS!!!

callobre 10/11/2007 @ 21:37

retrancanosquioscos.jpg CORREDE QUE SE ACABAN...!!! Avalanchas de galegos e galegas botáronse hoxe a mercar o primeiro número de Retranca. Lóxico, ninguén quere agardar a morrer para lernos.
A que agardas? baixa ao teu quiosco máis cercano e mércaa antes de que a muller da foto arramble con todo e empapele a súa casa coas nosas páxinas!

OS GALEGOS POR FIN TEÑEN RETRANCA!!!

callobre 28/10/2007 @ 00:54

A RETRANCA CHEGA AOS QUIOSCOS !!!

Preséntase Retranca, unha revista que aposta por recuperar o humor galego co lema "lerasnos de morto se non nos les de vivo". O acto desenvolverase no Café Moderno da Fundación Caixa Galicia (Pza de San Xosé, Pontevedra) o vindeiro 31 de outubro ás 20h.

A partir deste mes de novembro os galegos teremos unha cita mensual co sorriso nos nosos quioscos. O feísmo é o tema principal do primeiro número desta publicación, que agasalla os lectores cunha foto do rei "que espertará as paixóns máis ardentes", advirte o envoltorio. A proposta chegará a primeira semana de novembro ao público a través dos quioscos de todo o país, cunha distribución de 8.000 exemplares que se venderán a un prezo de 2,20 euros cada un.

retranca.jpg

A iniciativa parte do humorista gráfico e ilustrador Kiko da Silva, e quere ocupar un espazo ata agora descoidado nas bancadas. "Hoxe en día non hai ningunha publicación dedicada a nos facer rir de nós mesmos en Galicia", explica, "e coa tradición de humor que temos, con nomes coma Castelao, Fernández Flórez, Julio Camba, Siro ou Pepe Carreiro non é de crer que non haxa público". Da Silva xa leva anos a traballar no campo da edición co proxecto BD Banda revista de cómic que verá en breve o seu segundo número e que xa foi galardoada en diferentes eventos dedicados á novena arte.

Non faltedes a presentación o vindeiro 31 de outubro ás 20 h. no Café Moderno da Fundación Caixa Galicia (Pza de San Xosé, Pontevedra)... Haberá humor, música e pinchiños!!!

Agardámovos... a todos/as porque xa sabedes... LERASNOS DE MORTO SE NON NON LES DE VIVO!!!

Xaquín Marín segue pisando forte.

callobre 27/10/2007 @ 22:32

"Cen + cen pés" , último libro do xenial debuxante, rescata un dos argumentos máis incisivos da sua obra, a represión castradora, que permanece a través do tempo mutando unicamente as formas. O pé é o de sempre. Os de abaixo, probiños de nos, a maioría uns "chiquilicuatres", os poucos que se salvan, fánno grazas á imaxinación e o bon humor. Escoita en baixo a Xaquin.


Get your own playlist at snapdrive.net!
xaquin_marin.jpg