Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: EMIGRACION

ALGO QUE DEBERA DESAPARECER.

callobre 17/02/2008 @ 15:06

basura.jpg

Si miñas donas e meus señores, pola hixiene democrática e crdedibilidade estes titulares deberian desaparecer dos xornáis...

Como se poden usar de tamaña maneira ás xentes do exterior...Como non se decataran de que e un ataque directo a democracia, a calidade da mesma e contraria a todo o que dín defender...E nesto tan bo e xan coma perican...Vexan :

Clandestino

callobre 16/02/2008 @ 23:05

clandestino.jpg

CLANDESTINO
Solo voy con mi pena
Sola va mi condena
Correr es mi destino
Para burlar la ley
Perdido en el corazón
De la grande Babylon
Me dicen el clandestino
Por no llevar papel
Pa' una ciudad del norte
Yo me fui a trabajar
Mi vida la dejé
Entre Ceuta y Gibraltar
Soy una raya en el mar
Fantasma en la ciudad
Mi vida va prohibida
Dice la autoridad
Solo voy con mi pena
Sola va mi condena
Correr es mi destino
Por no llevar papel
Perdido en el corazón
De la grande Babylon
Me dicen el clandestino
Yo soy el quiebra ley
Mano Negra clandestina
Peruano clandestino
Africano clandestino
Marijuana ilegal
Solo voy con mi pena
Sola va mi condena
Correr es mi destino
Para burlar la ley
Perdido en el corazón
De la grande Babylon
Me dicen el clandestino
Por no llevar papel DivShare File - Clandestino.pps

Dende Ordes , un derroche de universalismo

callobre 16/02/2008 @ 15:19

Dende Ordes toda esta forza imparable de esperanza con un dos grupos mais punteiros da zona, porque en Ordes nacen músicos comprometidos a esgalla, que xa iremos poñendo de vez en cando.


!

Galiza na Feira do libro na Habana

callobre 15/02/2008 @ 23:58

feira-cuba.jpgDo 13 ao 24 de Febreiro, Galicia estará presente en Cuba para divulgar e difundir a nosa actividade cultural en Latinoamérica.A Feira do Libro da Habana (FILH), consolidada a nivel internacional como unha das grandes referencias da industria editorial e como a actividade cultural máis relevante do país cubano durante o ano, alcanza este ano a súa XVII edición. Avalada polas cifras dos últimos anos, a organización prevé un novo éxito de participación, difusión e vendas desta nova cita. A Feira da Habana convértese así para a cultura galega nunha privilexiada porta de entrada en Latinoamérica, plataforma de difusión e promoción da nosa produción cultural nun ámbito de especial interese para as nosas creacións culturais

.

RECURSO MAIS UNHA VEZ O VOTO EMIGRANTE

callobre 10/02/2008 @ 03:02

Un xa empeza a estar farto do tema voto dos residentes ausentes...Todos o queren facer trasparente, todos queren que sexa en hurna, e mesmo se anuncia a incorporación o CERA, dos netos ou fillos ( Que aínda os hai a moreas sen nacionalidade ) , cando conquiran a nacionalidade.

urna.gif

Anuncio que as cifras resultantes van ser de escándalo...E irremediablemente eso vai a levarnos a regular o dereito de voto. Ver en que eleccions este pode ser normal, i en cales pode resultar unha verdadeira pesadela, sobor de todo por o que pode supoñer, poño por caso, nos municipios de forte colectividade emigrada, sen coñecemento directo da vida municipal, e polo tanto % de residentes ausentes poden darlle un volco os resultados finais, votando mesmo para decidir en sentido contrario o votado polos que viven todo o ano e sofren ou se lles troca a posibilidade de mudar os destinos municipais...Con un voto descoñecedor da realidade.

Nesto temosche moita demagoxia e compre saber o que propon cada quén. E podemos ver : Polo actuado deica agora, os partidos maioritarios, os dous sempre querian mudar este voto e regularizalo...Para as vindeiras eleccións, e levo vendo isto dende vai xa varias lexislaturas... Promesas e máis promesas pero non vontade política de definir o asunto.

E neste senso, sempre foron a remolque das propostas feitas en Galiza i en Madrid polos nacionalistas...Esto e unha verdade irrefutable.

Agora unha cousa sen sentido, a promesa de conquerir a nacionalidade en base a Lei de Memoria Histórica, Estatuto dos Cidadans españois no Exterior e non sei que máis se lles pode ocorrer os iluminados de turno... Co fácil que seria abordar as pertinentes reformas de Constitución e Codigo Civil , aínda e cando compre ter a vontade política de encarar, e non adiar o asunto.

Outra cousa que me deixa perpléxo e que medre o censo e teñamos provincias que perden escanos...E así é...Ou minto eu?

E penso que tampouco minto cando digo que diputados/as galegos/as, nunca tiñeron a valentia de apoiar a o Bng, para que Galiza recibise do Estado en función desta población total emigrada, correspondentemente reflexada no censo de cada municipio; E cantos recursos non teríamos para asistir a población emigrada que realmente o necesita? ...Incluso nesto nin teñen visión de País, nin lles importa a colectividade...Soio o voto, aínda e cando poñen cariña de santos para chegar á fibra da xente, e logo perante as distintas lexislaturas, este voto utilizouse contra a propia emigración.

E direi sinceiramente que habilitar unha circunscripción para a diáspora, penso non recoñeceria a pluralidade social, a non ser que cambease a lei ou se implementaran medidas correctoras a o perverso sistema electoral a respecto das minorias...

E finalmente, coido se entende en que casos abogo polo dereito constitucional a termos voto; Eu aspiro a máis auto-goberno para Galiza, e a facultade de poder decidir en temas como emigración e inmigración; Lexislar por tanto, e non poden as nosas xentes da diáspora quedar a marxe... E se fose vontade deles os que residen no Estado español, deberian ter este dereito a decidir nas cuestións nacionais de Galiza, e os mariñeiros votar aproveitando as novas tecnoloxias...Resulta noxento que paises que chamamos do terceiro mundo, nesta materia nos fagan poñer a faciana de cores...O mao e que algúns nin con esas daprenden.

E para abundar no tema : Quen recolle o guante ou “ordago” como se reflicte na prensa do día : Galicia Hoxe.

Artigo enviado por “ O vello Pancho”.

A Igrexa católica pede o voto

callobre 08/02/2008 @ 13:28

Eva Lema e unha gran rapaza de Fisterra, hai anos coñecina no Parlamento elevo uns cantos sen vela, hoxe reencontreina nesta fiestra dos seus artigos, e claro nin que dicer da identificación con a súa pluma.

Máis no que escribe sobor do Deputado Paco Rodriguez, concordo con ela, e vexo que fala honestamente como galega, xornalista,notaria do que acontece e ve o seu redor, e lonxe da relación xefe-subordinado ou empleador i empregado...

Aventurei xa vai anos que era unha excelente xornalista, e unha boa e xenerosa...Mágoa que emigrada e lonxe do seu mar costeiro...Máis un sintese fachendoso cando un profesinal tan cualificado, e por riba compatriota, deixa tan outo o noso pavellon...
Parabens para Eva Lema, dende o além mar...

Leer a novaeva-lema.jpg

"ARACA LA CANA" , a murga compañeira..

callobre 03/02/2008 @ 14:09

Naceu alí, no vello Paso Muíño, filla de pais proletarios, de obreiros vocingleiros, trobadores sen pausa da prensa democrática( canillitas ) dos anos 35, que xuntaban as súas risas afrautadas en cada madrugada, enchendo de sonoros ecos o silencio, fincados desde sempre no vello baldío esperando aquel Ford do 28 cargados de noticias, de papel enfadado e tinta fresca, que acomodaban no oco da man, para saír correndo como pombas asustadas en diferentes direccións, rubindo a empinada costa de empedrado avermellado; escola primaria onde se moldeaban as almas dos homes de outrora. Alí naceu A Bruta, do home marxinado, bautizada a “seveleven” por un grito campá, filla dos fillos de don Florencio Sánchez, que sentaron as súas hostes en Benito Riquet e Calos Tellier no corazón mesmo de Tézaa fabriquera.
Manolo Lemos, os irmáns Ferreira, o Galego e Potolo, Aramís Arellano, Humberto Barrios, Luís Alberto Carballo, o fino letrista e director escénico durante os primeiros anos, izaron o estandarte dos soños e comezaron a andar; enclavaron o corazón como pedra fundamental no mes de febreiro, pedíronlle permiso a Momo e pintáronse as caras de arco iris. A marcha?e camión orquestraba as cancións que vestían as letras do Fino. Araca la Cana, na linguaxe do lunfardo rioplatense , ven a ser ¡ Atención a policia!!.

Ler máis »

30 DE XANEIRO EN MONTEVIDEO : CASTELAO PRESENTE

callobre 01/02/2008 @ 21:14

busto-de-castelao-en-el-patronato-para-mino.jpg

Hoxe pétame facer público o traballo que a prol da identidade e da difusión da cultura e idioma galego fai o Patronato da Cultura Galega de Montevideo.

O busto que ven nesta reseña e idéntico o que vostedes poden contemplar no Paseo da Ribeira en Rianxo, e deben saber tamén que precisamente foi doado o pobo de Rianxo por este benemérito Patronato. E inaugurouse o 27 de setembro de 1975...Chuvioso día no que estivemos a caron de D.Ramón Otero Pedraio, de D.Antón Crestar Faraldo, de Avelino Pousa, de Xosé Mª Monterroso, Dorado Deira e outros centos de bos e xenerosos que desafiando a inclemencia do clima e outras trabas denantes insalvables...Souberon cumplir co desexo da colectividade galega de Montevideo que dinamizada por a insobornable figura de D.Antón Crestar, deron comprido obxetivo a deseñada operación “kilo” para esta estatua...Eran outros tempos e naquela banda do Prata ahínda vivían mecenas como o inesquecible Xesús Canabal.

Co tempo as politicas neo-liberais sumiron o Uruguai nunha profunda crise, a que a colectividade galega en maior ou menor medida non foi allea, crise da que afortunadamente e grazas o triunfo electoral do Frente Amplio, hoxe empeza a revertir... E destacar tamen o feito de que na Galiza, o cambeo de Goberno, nos acercase máis a unha e outra banda , e traballar pola cultura e identidade galega sexa máis doado...Pero volvamos o que eu queria trasmitirlles.

A dirixencia actual do Patronato manten con unha grande dignidade os principios fundacionais do Patronato, e seguen a lembrar e homenaxear , e celebrar as datas que na nosa historia son salientables.

Así manteñen esa homaxe permanente que recorda a morte do Guieiro Castelao, ca audición máis vella do mundo, falada enteiramente en galego dende vai para 58 anos...Audición hoxe recoñecida mundialmente , de guinness a Sempre en Galicia, e que por certo tambén relata nun libro a xornalista Mónica Rebolo...

E decia eu que manteñense e difundense estas datas, con un amor e fidelidade a Terra que é meritorio e digno de destacar. Velahí as actividades deste Patronato : Lengua e Literatura Galega, primeiro e segundo nível, Acuarela, Cerámica, Danza Galega e Crioula ( Fermosa integración e calidade human emotiva ) Obradoiro de Teatro, Declamación, Fotografia e Historia de Galicia...Cursos gratuitos e colaboración desinteresada de tódoloa/as profesores.

E neste senso quixera destacar a fermosa xornada do 30 de Xaneiro para celebrar o aniversario do nacemento de Alfonso D. Rodríguez CASTELAO.

Cunha montaxe audiovisual magnifica, neste ano difundiuse a faceta artistica do Guieiro , e abofé que a xente agradeceu este traballo ben feito polo grupo de teatro e declamación...

Teño mantido, no aquén e alén mar o traballo do Patronato, e a fachenda que un pode sentir de atoparse nesa súa sede, como na casa...E que pouco poden envexar do que se fai na Galiza, por as asociacions culturais que na Terra fan a súa laboura...Xa me gostaria que fixeran o 50 % do que fan no Patronato a 12000 Kms do chan Patrio...Sinceiramente!!

En definitiva, coma cada 30 de xaneiro, invariablemente, Felicitacións a esa equipa human encabezado pola Doctora Ana Lorenzo. "PARABENS O PATRONATO!!

Saber máis : PATRONATO DA CULTURA GALEGA, Rúa Río Branco, 1443 CP 11100 MONTEVIDEO- URUGUAI ; www.patronatomontevideo.galiciaaberta.com

pcgalega@adinet,com.uy

Ver/Escribir ComentariosChúzao | del.icio.us

A Historia sempre se repite

callobre 27/01/2008 @ 04:30

pateras1.jpg...o olvido esta cheo de memorias.