
Recibo dunha amiga un mail que me deixa enganchado, comprometido ca súa difusión e de contado me poño mans a obra :
Hoxe toca difundir o” laburo”, o traballo dun colectivo de exemplares mulleres da diáspora, e que nacendo en Bos Aires xa está asentado da outra beira do Prata, en Uruguai, contando cunha activista como Elena Parajó. E con vontade de seguir universalizando e achegando galegas a causa...
Quero destacar a iniciativa destas mulleres, agradecer o seu interese por espallar a nosa cultura diferenciada, e ese abnegado traballo de recoñecer ás nosas mulleres da diáspora, merecentes todas elas de permanentes homaxes, pois foron elas as que co seu esforzo trasmitiron e deixaron esa pegada galega en durisimas condicions...Nunha terra extraña, outra cultura, durísimas xornadas de traballo e o pensamento na Terra...Por non decir os avatares personais que a vida lles foi deparando...Como non recoñecer o paseniño traballo da miña queridisima cedeiresa Dionisia López Amado, a súa teimosia e rexa bravura por Verdade e Xustiza ante a desaparición dos seus queridos seres...Galega , cedeiresa e boa cantora...Loitadora a prol da máis noble causa cal é a defensa dos Dereitons Humans... Tamén dun e outro lado do Rio da Prata, tiveron a súa longa noite de pedra...Anque afortunadamente non foron tantos anos como os sofridos na Terra...E non sei se en Avellaneda nalgunhas das miñas visitas a ese currunchiño tan galego donde José Creo se desvivía en atencións, estaría seguro que sí, a nosa incansable Isabel Varela, de seguro que se non andaba por alí, non deixaria de andar por Chacabuco na Federación...
E claro Maruxa Boga...
Que decir de esta galega, da “voz” galega en Arxentina... Mesmo gardo como un tesouro a foto da celebración do 80 aniversario da Federación de Asociacions Galegas de Arxentina , donde nun improvisado discurso tiven que lembrar o actuado noutrora pola Federación, que posibilitou a elección de Suárez Picallo e Antón Alonso Rios como diputados galegos nas Cortes da República...Manifestei o meu placer de encontrarme nun centro que seguia sendo fidel a súa republicana orixe e lembro que un comensal contiguo mostrara o seu enoxo...Logo entereime de que era D. Carlos Vinuesa Salto Cónsul español en Bos Aires...Pero o que iva : Gardo atesouradamente a foto desta data xa que Maruxa, agora que anda a recibir cumplidos homaxes ( A primeiros do mes que andamos recebeuno de Xeito Novo, coorganizado...) forma parte da Historia Contemporánea de Galiza, o igual que Antonio Iglesias...”Tacholas” inesquecible...E comprenderan que cando o meu neto me diga ...Abo quen e esa Señora...? Un pode contarlle verdadeiras historias e decir fachendoso, eu coñecina...
Como fachendosos se sentiran os irmans Fernández, de Xeito Novo...Cantos anos levo sen darlle unha aperta a Gustavo ?... De ter unha mai que tivo tempo para todo...E para exercer de galega...Parabens a todas estas mulleres, e as milleiras das anónimas, que moitas veces sofriron a incomprensión...E nin siquer hoxe se ven retribuidas cunha pensión digna...Pero quero fuxir do plano reivindicativo...E quero rematar para recoñecer públicamente tamén a quen pon todo o esforzo, para dignificar a muller galega da diáspora...Alguén tiña que facelo, pero a idea, a difusión o traballo e o bon facer e merito de esa equipa que traballan colectivamente a caron de este fermoso proxecto... ...
E non quero esquecerme de ninguén ...Pero por se visitan o blog...Mándolle unha fonda aperta a Rosa Mª Lojo, a Débora Campos, a galega máis universal destes días, que o mesmo interven no Parlamento Paraguayo, que na ONU, que zurze e artella en Bruselas o xeito de dar a coñecer a universalidade de Galiza, ou nos sorprende con Lula...Dame a impresión que o alento desta muller non lle falta a Herbas de Prata.. Xa deduciron que falo de.Ana Miranda...A todas, todas os meus parabéns...Para min xa di todo o mesmo nome do colectivo, e toda unha declaración...E con os obxetivos :
Concordo plenamente, soio me queda darbos as noraboas e Graciñas!! :
"A nosa idea é a de tecer unha rede de mulleres emigradas e os seus descendentes que permita a colaboración con elas nas problemáticas propias. Para iso, algúns dos nosos propósitos son promover a capacitación das mulleres, a atencións dos seus problemas, a posíbel vinculación coas institucións públicas e privadas pertinentes segundo os casos e todo canto vexamos que se pode medrar nesas direccións".
PD : Vostedes perdoen, pero as veces un ponse moi emotivo, e mesmo agroman as bágoas... cando se está a escribir de xente tan querida, de experiencias vitais tan sentidas, e que froito da amistade e o recoñecemento viveunas como en carne propia...Unha vez máis a todas vos mil gracias!!
O Vello Pancho.
Máis información: Herbas de Prata
Ler máis »