Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: CULTURA

ASMIREFE

callobre 11/07/2008 @ 23:02

asmirefe.png
A Asociacion migratoria residentes en Ferrolterra estrea blog e dende aqui desexamoslles moita sorte porque a merecen toda.
Asmirefe é un referente para a xente comprometida, loitadora e implicada nos asuntos da sociedade..

A Escola neutra " Sada y sus contornos" cumpre oitenta anos

callobre 13/06/2008 @ 15:25

colegio-sada-y-sus-contornos.jpg

Dianas e alboradas, bombas e foguetes; unha manifestación cívica polas principais rúas da vila; o bautizo dunha rúa co nome da entidade; discursos dos escritores Manuel Lugrís e Antón Vilar Ponte; un banquete na Terraza e un ?paseo de moda na Alameda?; un baile público na praza de San Roque; e unha festa ?de arte galega? no salón do Pedral con coro e gaiteiros. Así se celebrou o 4 de setembro de 1927 a inauguración oficial da escola Sada e os seus Contornos, un edificio ideado por un grupo de sadenses que emigraron a Nova York a principios do século pasado e que hoxe en día segue aberto, co seu inconfundible estilo modernista, como colexio de Infantil e Primaria.

Urbano Lugris, o pintor do mar

callobre 28/05/2008 @ 20:43

Urbano Lugris foi un fabulador e un soñador que mesmo chegou a diluir a súa vida privada coa artística.

Constitúe un dos máximos exponentes da plástica galega onde o mar goza dunha personalidade propia. Descúbreo no vídeo

O Guernica en tres dimensións

callobre 27/05/2008 @ 21:32

A famosa obra de Picasso vista dende outra perspectiva. En 3D  pódese apreciar mellor cada un  dos detalles  ca compoñen.
Pincha na imaxe para entrar.

guernica3d.JPG

Recollo esto de atormentado 74 

Sada lembra os irmáns Suárez Picallo

callobre 17/05/2008 @ 17:19

Un grupo de persoas de Sada formou unha comisión que pretende renderlles homenaxe aos irmáns Suárez Picallo, Ramón e Antón. Vai facer 43 anos da morte de Ramón, mentres que Antón fora paseado ao comezo da Guerra Civil, en 1936. Ademais de organizar diversas actividades, o fin último é conseguir traer á súa vila natal os restos de Ramón Suárez Picallo, enterrados en Arxentina, e cumprir así coa súa vontade de descansar na súa terra.

ramon-suarez-picallo2.jpg

Ramon Suarez Picallo 

Programa das I Xornadas Suárez Picallo - Sada 2008

Podes ver o programa completo premendo aqui. xornadas-suarez-picallo.jpg

Pradolongo

callobre 14/04/2008 @ 21:21

Pradolongo é unha paisaxe insólita na que existe un prado cunha lagoa glaciar. É o lugar onde pasaron todos os veráns Martiño, Raquel e Armando, quen veñen de abandoar a adolescencia case sen decatarse e se achegan a un novo verán como os anteriores, coas festas e tardes no río...pero esta vez nada vai ser igual.

Pradolongo pode agochar un valioso xacemento de louxa, algo que pode afectar ao entorno pero tamén faciltar a vida das familias. Ante esta circunstancia os rapaces afrotan os seus primeiros posicionamentos como adultos, as súas primeiras responsabilidades, a súa futura actitude ante a vida. Tamén ante o amor, as relación cos seus...

Pradolongo representa a paisaxe dos nosos recordos de infancia, do primeiro descubrimento do mundo, o lugar que asociamos aos nosos pais e avós, a aldea chea de olores, cores e sons, dunha Galicia que está a cambiar e que se move entre o vello e o novo, pero que dalgunha forma serve como refuxio da nosa memoria.

Moitos galegos se recoñecerán nesta película, e éste é un espacio para todos aqueles que o queiran compartir.

Porque todos temos un Pradolongo. ¿Cal é o teu?

“Escenas de Montevideo”, por Eduardo Galeano

callobre 13/04/2008 @ 16:26

O escritor uruguayo recorre para nós Montevideo, a cidade que naceu e creceu de cara a auga do río-mar de La Plata. As suas reflexions sobre o arte, o fútbol, a política e América Latina sorprenden pola sua orixinalidade e lucidez.

"Oculta identidade"

callobre 10/04/2008 @ 22:51

Cristian Pazos é un estudante de produción da Escola de Imaxe e Son que desaparece misteriosamente. Os seus amigos, canda a policía, inician a súa busca en momentos de angustia e intriga. Este é o argumento de "Oculta identidade", a serie que poñen en marcha un grupo de alumnos da Escola de Imaxe e Son da Coruña. A súa principal peculiaridade é que non se emitirá en televisión, senón que para seguila deberás facelo a través da rede.

Oculta Identidade: Cap.1

O vindeiro venres 18 de Abril ofreceremoslles o segundo capítulo de " Oculta Identidade"

Carteleria Galega

callobre 06/04/2008 @ 15:43

Berto Yáñez, esta é a sua páxina, traballou un amplo photoset no Flickr no que se amosan 873 cartaces extraídos do catálogo online da Rede de Bibliotecas Nodais de Galiza. Bon traballo.carteleria-galega.jpg

Centenario da morte de Curros Enriquez

callobre 06/04/2008 @ 15:10

A CORUÑA LEMBRA A CURROShomaxe-a-curros-enriquez-na-coruna.jpg

A Coruña rendeu onte homenaxe a Manuel Curros Enríquez cen anos despois de que a cidade enteira saíse á rúa para despedir os restos do poeta "dos que sofren", como dixo onte a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo. En abril de 1908 o vínculo que uniu ó poeta de Celanova coa cidade herculina, coa que compartía a súa ideoloxía liberal e democrática, quedou selado para sempre co xesto espontáneo da cidadanía.

curros.jpg

Un século despois, o vínculo reforzouse cun cortexo de honra que se prolongou durante máis de tres horas por diversos puntos claves da cidade e que concluíu cunha ofrenda floral e o canto do himno fronte á escultura do poeta, realizada por Francisco Asorey en 1934, nos Xardíns de Méndez Núñez.

A homenaxe comezou no cemiterio de San Amaro como unha "conmemoración patriótica", dixo a edil de Cultura María Xosé Bravo, quen colocou unha coroa na tumba do poeta en compañía do alcalde de Celanova, Antonio Mouriño. Partir do cemiterio pretendía lanzar unha mensaxe metafórica para rescatar da morte un poeta, xornalista e político convertido nun dos tres pais de Galicia, xunto a Rosalía de Castro e Eduardo Pondal. A homenaxe converteuse nunha viaxe pola memoria da cidade e o legado de Curros na Coruña a través do instituto que leva o seu nome en Montealto, a sede da Real Academia Galega que impulsou ferventemente e do concello en María Pita, e finalmente fronte á monumental estatua que preside o pulmón verde coruñés. "É a estatua máis grande adicada a un poeta", destacou Ánxela Bugallo

Fonte: Galicia Hoxe