Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: CHILE

Quelentaro

callobre 11/05/2008 @ 11:24

quelentaro.jpg
Quelentaro formouse no 1960 en Chile. Os seus membros orixinais eran Gastón Guzmán, Eduardo Guzmán, Valericio Lepe, Eladio López y Arinaldo Álvarez. Sendo os irmáns Gúzman, nados de pais labregos con descendencia mapuche, os membros que estuverao durante a mayor parte da carreira do grupo ata agora .O Seu primer traballo e de invitados no disco Carpa de la Reina de Violeta Parra, quén axudaría a Quelentaro nas suas primeiras andainas. Logo de grabar o disco Huella Campesina no ano 1967 o grupo disolvevese pasando a ser Quelentaro o dúo dos irmáns Guzmán.
As suas letras son a expresión máis xenuina da sabiduría popular rural, esa que xamáis ensinouse nos colexios nin nas universidades e que non se fundamenta na lóxica. E esa erudición que nace do terruño; de caerse e caerse, e levantarse e levantarse; de palpar os dores e sinsabores de esta vida e devolvelos logo convertidos en coplas, zambas ou chacareras.

Quelentaro e a historia de Chile en coplas.

Solidariedade....

callobre 16/02/2008 @ 01:26

Poderiamos falar dos atropellos que particulares e multinacionais fan en todo o planeta...Pero o de Endesa onte e o de Tinelli hoxe a respecto dos mapuches merece ser difundido e alguén, mesmo un movemento mundial e solidario tiña que parar estas inxustizas e este aniquilamento mesmo fisico que os indixenas mapuches están a sofrir...

Coñecin unha persoa mapuche, flor de solidaria, que dende o primeiro día que pisou Galiza deuse conta que estaba nun pobo con cultura propia, de seu e a súa integración e loita foi exemplar...Fundadora de Asmirefe, loitadora sindical, e frecuente, asidua ás citas nidiamente reivindicadoras da nosa cultura diferenciada...Katy Vilches...Mapuche, chilena-galego falante...Internacionalista e solidaria... Hoxe loitando coma sempre no seu Chile natal, fainos un chamado a solidariedade e non podo negarme...Estou seguro que vostedes tampouco, así pois actuemos xa!!
Esta mapuche deixou a súa pegada persoal en terras galegas...E xa forma parte dos bos e xenerosos/as , que no mundo falan dun País que quixeron, queren e non olvidan...Nos tampouco olvidamos que unha mapuche estivo entre nos...e con as nosas bandeiras ben outas...Teño que recordala porque os tesouros en cobre que ela tanto gardou, de mudanza en mudanza...Agasalloumos e asi e que todolos días vexo a Victor Jara, Neruda e o compañeiro Presidente Salvador Allende...E sei e alento a nosa Katy a que as alamedas sexan plenamente abertas para que máis cedo que tarde, pase o home libre para construir unha sociedade mellor...katti-2.jpg
Por certo o seu regreso a Chile, froito das alabanzas de desenvolvemento económico puxante do novo Chile, lamentablemente non foi tal...E a realidade e que deciame a Katy que desexaba voltar a Galiza...Pero prendeuse da loita díaria pola supervivencia...E probou os estragos das politicas neoliberais...Hoxe segue a loitar pola sindicación na UGT chilena, dos marxinais e excluidos do sistema, e non adia a loita pola colectividade chilena...Choraba a perda dun estudante mapuche recentemente asasinado...E coma sempre esta brava e rexa mapuche estivo en vangarda!!
Saude eTerra Irmas Mapuches!!

O Vello Pancho.

Ler máis »