O Guernica en tres dimensións
A famosa obra de Picasso vista dende outra perspectiva. En 3D pódese apreciar mellor cada un dos detalles ca compoñen.
Pincha na imaxe para entrar.
Recollo esto de atormentado 74
A famosa obra de Picasso vista dende outra perspectiva. En 3D pódese apreciar mellor cada un dos detalles ca compoñen.
Pincha na imaxe para entrar.
Recollo esto de atormentado 74
Esta e a última curta que fixeron os alumnos de SONCINE do IES Porto do Son, e tal e cual.
E RESULTA que queren agradecer moitiño moito a Víctor Fábregas, e queren que todos o saibades... un señor
e a Luis Avilés e Fran Piñeiro, e ....
e resulta que se queredes ver nas que se meten , e mirar así coma de esguello, e un chisco de eu que sei, pois chuzade aqui na ligazón. MAKING OF
e din que se algo de suficiencia vos anubeira a vista, pois nada meus queridos, collede unha cámara e facede unha comedia
deseguida se vos pasa
ala, ride que non doe
e apertas deses amigos da foto alá por onde andedes ciscados
que a vida vos trate con xeitiño
e se queredes votarnos pois en confianza o que creades que se merece
Podes ver a primeira curta do IES "Porto do Son" en Nico
Unha carta e unha chamada cambiarán o transcurso da historia, xa nada será igual.
Porque é agora cando comeza a vinganza.
Pradolongo é unha paisaxe insólita na que existe un prado cunha lagoa glaciar. É o lugar onde pasaron todos os veráns Martiño, Raquel e Armando, quen veñen de abandoar a adolescencia case sen decatarse e se achegan a un novo verán como os anteriores, coas festas e tardes no río...pero esta vez nada vai ser igual.
Pradolongo pode agochar un valioso xacemento de louxa, algo que pode afectar ao entorno pero tamén faciltar a vida das familias. Ante esta circunstancia os rapaces afrotan os seus primeiros posicionamentos como adultos, as súas primeiras responsabilidades, a súa futura actitude ante a vida. Tamén ante o amor, as relación cos seus...
Pradolongo representa a paisaxe dos nosos recordos de infancia, do primeiro descubrimento do mundo, o lugar que asociamos aos nosos pais e avós, a aldea chea de olores, cores e sons, dunha Galicia que está a cambiar e que se move entre o vello e o novo, pero que dalgunha forma serve como refuxio da nosa memoria.
Moitos galegos se recoñecerán nesta película, e éste é un espacio para todos aqueles que o queiran compartir.
Porque todos temos un Pradolongo. ¿Cal é o teu?
Este curtometraxe de animación e un homaxe a "Chavela Vargas", este corto de animación que es un homenaje a la singular "Chavela Vargas".Tratase de unha versión de "La llorona" (tan emocionante como a orixinal) cantada por unha "Catrina", ese persoaxe tan popular na cultura mexicana. A voz e de "Eugenia León" tan especial como a da "“Vargas" (pero noutro tono). Un baile coa morte, que recorda en certa medida a "La novia cadáver" de "T. Burton", pero con un toque moi persoal e orixinal...]
A pesar de que ainda só se acometeron pequenos experimentos de moi baixo presuposto, existe unha boa canteira nos pequenos estudos de animacion que xurden en Galicia.
Un claro exemplo e A flor máis grande do mundo, de Juan Pablo Etcheberry, basado nun conto de Saramago e nominado aos Goya.